You are on page 1of 49

O alumnado de Literatura Galega

do século XX de 2º Bac. visita os


escritores prontevedreses

Pontevedra, 27 de marzo de 2007


Punto 1

As conversas do Café Moderno

E nós no medio deles


Cales son os escritores?
Castelao

Homenaxea:
Esperanza
... Foi un gran artista galego, de gran influencia crítica no pobo, aínda que
condicionado pola case cegueira que o limitou xa desde a época...
Alexandre Bóveda

Homenaxea:
Vicente
... Na alba do 17 de agosto de 1936 foi fusilado na Caeira, ao pé dun groso
piñeiro, dun tiro no corazón...
V. Paz Andrade

Homenaxean
Melania, Antía e Sumana
... Publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao, titulada
Castelao na luz e na sombra...
... Foi elixido senador por Pontevedra en 1977 dentro da Candidatura
Democrática Galega...
... Despois viñan as culatas porta por porta petando, homes feitos a unha
banda, vellas face pra manto...
Ramón Cabanillas

Homenaxean:
Carolina e Rebeca
... Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servizo da
construción nacional...
... Antes de ser escravos, irmáns, irmáns galegos, que corra o sangue a regos
desde a montaña ao val...
Carlos Casares

Homenaxean:
Sheila e Julia
... O galeguismo deixábase sentir e fomentábase en tertulias das que tamén
formaba parte Carlos Casares...
... Aquí temos fotos do seu gato Samuel, dos seus amigos, da súa muller
sueca...
Manuel Quiroga (pon a música)

Homenaxean:
Alberto e Daniel
... A figura máis importante da música pontevedresa...
... Un desgraciado accidente fixo que...
Punto 2

A inspiración dun ser ilustre:

O loro Ravachol
Homenaxean:
Romina e Sandra
... Do enterro do loro do boticario estamos noutro aniversario. Chega asustado
este animal do problema xudicial...
... O carnaval urbano de Pontevedra ten como un dos seus maiores
representantes ao loro Ravachol...
Punto 3

María Victoria Moreno


Homenaxean:
Ana e Patricia
... A súa obra literaria goza dunha consideración xeral que xa sobardou o
ámbito galego, como o proban as traducións...
... Que ela con ser muller, con seren tan metidas tódalas mulleres, non era
amiga de preguntar...
MARÍA VICTORIA!

NON TE ESQUECEMOS A TI E AOS TEUS


CANS POR CAMPOLONGO
Xunto á emblemática Peregrina...
Punto 4

L. Amado Carballo
Homenaxean:
Eugenia e Isabel
... Naceu en Pontevedra, vila da que nunca se ausentaría por moito tempo e
cuxa paisaxe de mariña e interior é un referente nos seus versos...
... Destaca o gusto polas metáforas posto de moda polo movemento ultraísta...
Polo que respecta á métrica e rima é conservador...
Punto 5

Alexandre Bóveda
Homenaxea
Francisco
... Anceiaba o benestar para tódolos galegos, para un benestar na súa propia
terra, sen máis emigrazón nin máis viúvas de vivos...
Punto 6

Valle-Inclán
Homenaxean:
Carlos e Laura
... En moitas das súas obras máis representativas o temario de Valle-Inclán
está arrincado da terra do seu nacemento...
... Valle-Inclán verte nas súas obras a súa visión dunha Galicia semifeudal,
decadente, primitiva...
A XENTE NOVA

Quere arroupar a don Ramón, a


ver se nos pega algo do seu bo
facer
Ata Laura lle cedeu a súa chaqueta...
Punto 7

M. Sarmiento
Homenaxean:
Alba e Ana
... Desde pequeno xa tivo preocupación polas cousas da lingua, posto que xa
se fixaba nas inscricións de pedra da igrexa...
... Alí onde sempre van moitos romeiros, ao san Benitiño, santiño ben feito...
Final

A. D. Castelao
Homenaxea:
Judith
... Dous vellos que tamén tiveron mocidade, que se coñeceron nun baile, que
logo se casaron por amor e que viviron amándose tolamente...
E todos nos despedimos

Nalgún momento honraremos os


nosos escritores escribindo nós
tamén... E igual algún día alguén visita
as nosas estatuas.. Ou non?
Velaquí os novos que veñen con forza....
o acto onte foi unha forma diferente de escoitar
literatura ao lado do seu autor, nalgúns casos nin
sabiamos daquela escultura que está en certo
lugar e que pasamos mil veces por diante dela
sen sabermos nin a quen se representa.
Ademais, así damos envexa ás clases de
ciencias que se cren máis listos e despois do
máis básico non saben nada de nada. Por estar
xa no último ano de instituto (esperemos) pois
fíxome máis ilusión porque nunca nos levan a ver
nada e hai moito que ver e que aprender sen ir
moi lonxe.
Foi moi gratificante o poder homenaxear aos máis
célebres escritores galegos, dado que quen sabe,
se algún de nós chegará a ser un escritor galego
na súa vida, estou seguro de que se poría moi
ledo ao ver que uns estudantes lle fan unha
homenaxe publicamente diante de toda unha
cidade, así porque si, sen máis, polo simple feito
de que é un bonito día de primavera.
aprendín onde estaban tanto as figuras como placas
da xente honorable e moi galega, pasei infinidade de
veces por eses sitios sen decatarme. Desta forma
moi literaria facemos que mentes prodixiosas
galegas non caian no olvido e ao vernos alí moita
xente preguntouse que farán eses? E polo menos
desa forma chamamos a atención e xente que
nunca se fixou nesas estatuas onte por fin o fixo.
Ademais non seriamos unha verdadeira clase de
literatura se non o fixésemos. Acaso os de Belas
Artes non fan actividades polas rúas? Non debuxan,
pintan... o que máis lles gusta. Pois nós
homenaxeamos aos nosos escritores, e desta forma
á nosa cultura, á nosa lingua, á nosa historia...
Aínda que a outros profesores e alumnos
lles pareza unha perda de tempo, realizar
este tipo de actividades resulta á fin de
contas construtivo. Posiblemente utilizando
estes métodos os alumnos ao recoller
información e interesarse pola obra do autor
aprenden máis que tendo que estudar ou
facendo un exame. Para nada me parece
unha perda de tempo xa que a fin de contas
todos o pasamos ben expoñendo os nosos
traballos.

You might also like