You are on page 1of 4

Comentario dunha cantiga de amor.

Quereu em maneira de proenal


fazer agora um cantar damor
e querrei muiti loar mia senhor
a que prez nem fremosura nom fal,
nem bondade; e mais vos direi m:
tanto a fez Deus comprida de bem
que mais que todas las do mundo val.

A
B
B
A
C
C
A

Ca mia senhor quizo Deus fazer tal,


quando a faz, que a fez sabedor
e todo bem e de mui gram valor,
e com todest[o] mui comunal
ali u deve; er deu-lhi bom sm,
e desi nom lhi fez pouco de bem
quando nom quis lhoutra fossigual

A
B
B
A
C
C
A

Ca mia senhor nunca Deus ps mal, A


mais ps i prez e beldade loor
B
e falar mui bem, e riir melhor
B
que outra molher; desi leal
A
muit, e por esto nom sei ojeu quem C
possa compridamente no seu bem
C
falar, ca nom , tra-lo seu bem, al.
A
DON DINS DE PORTUGAL
(CBN 520 bis; CV 123)

Parfrase:
Quero, seguindo a moda provenzal
facer agora un cantar de amor
e quererei loar moito mia senhor
a quen honra e fermosura non lle faltan
nin bondade; e direivos mis sobre ela:
Deus a fixo tan chea de calidades
que mis que todas as do mundo.
Pois Deus quixo facer mia senhor de tal
xeito
cando a fixo, que a fixo coecedora
de todo ben e de gran valor,
e ademais moi sociable
cando debe; tamn lle deu bo sentido,
e fxoa tan ben
que non quixo que outra fose igual a ela.
Porque na mia senhor nunca Deus puxo o
mal,
e si puxo honra, beleza e mrito
e capacidade de falar ben e de rir mellor
que calquera outra muller; tamn leal
moito, e por isto non sei quen hoxe
poida cabalmente das sas perfeccins,
falar, xa que non existe ningunha cousa fra
delas.

1. Contexto, autor, obra.


Dentro da lrica medieval galego-portuguesa (finais do sculo XII a mediados do XIV), a cantiga de
amor, un cantar no que un home se dirixe a unha dona, constite o grupo con maior nmero de
composicins dentro da lrica profana. A cantiga de amor galega constite unha imitacin consciente
da can provenzal. A paixn amorosa do trobador cumpre todas as caractersticas do amor corts,
dende a total submisin dama ata o tpico de morrer de amor. A dama descrbese como un ser case
sobrenatural, perfecto na orde moral e fsica. O trobador, que se consideraba indigno da sa dona,
poda ser un simple suspirante (fenhedor), ou ter ascendido na escala do proceso amoroso s fases de
suplicante (precador), namorado (entendedor), ou mesmo ao dificilmente alcanzable estado de
amante correspondido (drut). O que padece de amor ha de gardar sobre todo a virtude da mesura:
discrecin, humildade, fidelidade e servizo permanente sa senhor.
Entre os trobadores do perodo dionisaco destaca o propio rei don Dins, o mis fecundo dos nosos
trobadores: 76 cantigas de amor, 52 de amigo, 10 de escarnio e maldicir e 3 pastorelas. As sas
composicins estn recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, tamn chamado
Colocci-Brancuti; no Cancioneiro da Vaticana, e tamn no Pergamio Sharrer, datado a finais do
sculo XIII ou comezos do XIV, que consta de sete cantigas de amor de D. Dins con msica.
2. Temtica.
O trobador quere facer un canto de amor a imitacin dos provenzais- para loar a sa senhor.
Descrbea case como un ser sobrenatural, perfecto na orde moral e fsica. A mesura impdelle
pronunciar o nome da seora, polo que o substite por un pseudnimo potico ou senhal. O poeta
dbelle submisin e homenaxe sa amada. A senhor aparece descrita coas seguintes calidades e
virtudes: fermosura, bondade; coecedora de todo ben, de gran valor, sociable, honrada, beleza,
falar ben, rir mellor, moi leal En definitiva, vale mis que todas as do mundo, tanto que Deus non
quixo que ningunha outra fose igual a ela.
Nesta cantiga, non hai mis que a loa da amada. Non se desenvolve o mundo das relacins
home/muller, nin sequera vistas dende unha relacin imposible, como algo que nunca se poder
realizar e, polo tanto, non se d o amor como fonte de sufrimento (a coita de amor).
O trobador, indigno da sa amada, un simple suspirante (fenhedor), e quizais aspira a ser
recompensado e ascender na escala do proceso amoroso seguinte fase, a de suplicante (precador), ou
namorado (entendedor), ou o estado inalcanzable de amante correspondido (drut).

3. Forma.
Tradicionalmente vase facendo unha clasificacin das cantigas de amor en: a) cantigas de mestra e
b) cantigas de refrn, atendendo, loxicamente, presenza ou ausencia deste ltimo recurso ao longo
de cada texto. As diferenzas da cantiga de amor galego-portuguesa coa can dbense influenza que
exerceu sobre a lrica trobadoresca o lirismo popular autctono, que se manifesta especialmente no
xnero da cantiga de amigo.
Neste caso estamos ante unha cantiga de mestra xa que non existe o refrn. Est formada por tres
estrofas (cobras) de sete versos cada unha delas (palavras). Os versos son decaslabos.
A rima consoante macho xa que rematan os versos en slaba aguda. As estrofas manteen un nico
esquema de rimas polo que reciben o nome de unisonantes.
Anda que o procedemento mis caracterstico da nosa lrica medieval o paralelismo, este un trazo
mis caracterstico da cantiga de amigo, que tamn aparece nas cantigas de amor de refrn. Non este
o caso. nesta cantiga os procedementos formais que podemos apreciar son aqueles que consisten na
repeticin dunha mesma palabra ou grupo de palabras en lugares simtricos dentro da mesma estrofa,
o dobre, como en:
Ca mia senhor quizo Deus fazer tal,
quando a faz, que a fez sabedor
e todo bem e de mui gram valor,
e com todest[o] mui comunal
ali u deve; er deu-lhi bom sm,
e desi nom lhi fez pouco de bem
quando nom quis lhoutra fossigual

O mordobre outro artificio que consiste na reproducin dun mesmo lexema con variacin de
sufixos; en moitos casos trtase de diferentes formas dun verbo.
Quereu em maneira de proenal
fazer agora um cantar damor
e querrei muiti loar mia senhor
a que prez nem fremosura nom fal,
nem bondade; e mais vos direi m:
tanto a fez Deus comprida de bem
que mais que todas las do mundo val.
Ca mia senhor quizo Deus fazer tal,
quando a faz, que a fez sabedor
e todo bem e de mui gram valor,
e com todest[o] mui comunal
ali u deve; er deu-lhi bom sm,
e desi nom lhi fez pouco de bem
quando nom quis lhoutra fossigual
Ca mia senhor nunca Deus ps mal,
mais ps i prez e beldade loor
e falar mui bem, e riir melhor
que outra molher; desi leal
muit, e por esto nom sei ojeu quem
possa compridamente no seu bem
falar, ca nom , tra-lo seu bem, al.

A at-fiinda un sistema de concatenacin de estrofas polo cal pode ser indispensable para a
comprensin dunha estrofa algunha palabra ou verso da estrofa seguinte, tal e como acontece nesta
composicin, onde se d un contido progresivo no que na estrofa seguinte onde se proporciona a
razn do dito anteriormente.
Algunhas cantigas de amor de mestra teen un par de versos finais que reciben o nome de fiinda,
unha especie de conclusin ou remate, que non aparece neste caso.
4. Conclusin.
Nesta cantiga de amor, o trobador loa a dama, a sa senhor, e descrbea como un ser perfecto,
nico. O poeta atpase na escala mis baixa do proceso amoroso, polo que o que mis destaca nel a
discrecin, a fidelidade e o servizo permanente sa seora. Estamos ante a sublimacin e
idealizacin do amor.
Podemos clasificala dentro das cantigas de amor de mestra, xa que xorde como imitacin do lirismo
provenzal e non est influenciada polo lirismo autctono, polo que non presenta refrn e si os
artificios de repeticin caractersticos da can.

Comentario dunha cantiga de amigo.


-Digades, filha, mia filha velida:
porque tardastes na fontana fra?
Os amores hei.
-Digades, filha, mia filha louana:
porque tardastes na fra fontana?
Os amores hei.
-Tardei, mia madre, na fontana fra,
cervos do monte a augua volvan.
Os amores hei.

-Tardei, mia madre, na fra fontana,


cervos do monte volvan a augua.
Os amores hei.
-Mentir, mia filha, mentir por amigo!
Nunca vi cervo que volvess'o ro.
Os amores hei.
-Mentir, mia filha, mentir por amado!
Nunca vi cervo que volvess'o alto.
Os amores hei.
PERO MEOGO [B 1192 / V 797]

1. Autor, obra, contexto.


Esta composicin potica de Pero Meogo unha das 1680 composicins poticas profanas que foron escritas
entre finais do sculo XII e mediados do XIV na lingua romance galego-portuguesa e que encadramos polo
tanto dentro da denominacin xeral de Lrica Medieval Galego-Portuguesa.
O nacemento desta literatura produciuse baixo unhas condicins de prosperidade social e econmica.
Precisamente Galicia atravesa unha etapa histrica de gran desenvolvemento nestes sculos a pesar da
progresiva perda de poder poltico.
A literatura galega deste perodo non se distingue da portuguesa, nace e desenvlvese nos mesmos sculos en
que Portugal inicia a sa formacin como reino independente, pero anterior divisin lingstica entre galego
e portugus.
Como acontece en case todas as literaturas, as primeiras manifestacins da literatura galega son de carcter
lrico. Anda que hai sobrados indicios que proban a existencia en Galicia dunha tradicin popular oral deste tipo
de cancins, o motivo determinante de que naza a literatura galega escrita a finais do sculo XII a chegada do
lirismo provenzal. Os primeiros trobadores galegos comezan imitando a moda literaria que vn de Provenza,
pero inmediatamente incorporan ao seu repertorio cantigas de tipo tradicional galego, a imitacin das que
cantaba o pobo e que se vian conservando por tradicin oral. As, dos tres xneros principais da lrica
galegoportuguesa medieval, cantigas de amigo, cantigas de amor e cantigas de escarnio e maldicir, o primeiro
o tradicional.
Se ben Compostela foi impulsor do primeiro lirismo trobadoresco galegoportugus, este axia se espallou polas
cortes de Castela, Len e Portugal. A maiora dos poetas son galegos e portugueses, pero tamn os hai doutras
procedencias anda que todos utilizaban o galegoportugus, que se converteu na lingua lrica peninsular durante
os sculos XIII e XIV. De Pero Meogo, o autor desta cantiga, poucos datos se teen. Probablemente fose un
clrigo galego, autor de nove cantigas de amigo, que viviu probablemente na segunda metade do sculo XIII. As
nove cantigas deste xograr teen unha grande unidade temtica e recorren a mido aos mesmos smbolos
erticos, como son o cervo e a auga.
A cantiga obxecto da noso comentario est recollida no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa co
nmero 1192. Este cancioneiro era coecido polo nome de Cancioneiro Colocci-Brancuti desde que foi
descuberto en Italia a finais do sculo XIX, pero na primeira metade do sculo XX foi adquirido polo goberno
portugus. Ten mis de mil seiscentas cantigas dos diferentes xneros. A coleccin de cantigas vai precedida dun
tratado de potica (Arte de Trovar), que estuda os diversos tipos de composicins e os trazos formais que as
caracterizan.
No Cancioneiro da Vaticana tamn aparece esta cantiga coa numeracin 797. Foi descuberto na Biblioteca
Vaticana de Roma e contn mis de mil duascentas cantigas dos diferentes xneros. unha copia manuscrita
feita na Italia do Renacemento a partir dalgn cancioneiro hoxe perdido.
2. Tema.
Unha nai pregntalle sa filla o motivo da sa tardanza na fonte. Esta contstalle que o motivo foi a presenza
de cervos que revolvan a auga. A nai non acepta a desculpa e dille que est mentindo, que o verdadeiro motivo
da sa tardanza foi porque estivo na fonte co seu amigo.
A presenza da palabra amigo e o feito de que a voz potica sexa unha muller, lvanos a identificar claramente
este texto como unha cantiga de amigo, anda que neste caso non se d o tpico do laio da muller pola ausencia
do amigo, do amado.
unha cantiga de amigo dialogada, na que interveen, naturalmente, a nai e a filla. O papel que lle corresponde
neste caso nai basicamente o de vixilancia da filla, o de control. A filla aparece caracterizada como velida,
louana.

Os elementos da natureza cobran especial importancia e o seu valor como smbolos erticos son evidentes. O
cervo representa o amigo, o amado e convrtese en smbolo ertico: a virilidade do macho que revolve a auga,
smbolo este de feminidade e que representa a amada.
O refrn funciona a nivel temtico como un xeito particular de conclusin: teo amores.
3. Forma.
A Arte de Trovar distingue as cantigas de amigo pola caracterstica de ser a muller quen fala. Dende o punto de
vista da forma, o trazo mis distintivo desta cantiga o paralelismo. Este un procedemento repetitivo que
enlaza as estrofas de das en das, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos
versos da primeira:
-Digades, filha, mia filha louana:
A
-Digades, filha, mia filha velida:
A
II
porque tardastes na fra fontana?
B
I
porque tardastes na fontana fra?
B
Os amores hei.
Refrn
Os amores hei.
Refrn
Nos primeiros versos das das primeiras estrofas o paralelismo prodcese por substitucin da ltima palabra
velida por outra co mesmo significado louana. Nos segundos versos prodcese por alternancia: fontana
fra?, fra fontana?
III

-Tardei, mia madre, na fontana fra,


cervos do monte a augua volvan.
Os amores hei.

C
D
Refrn

IV

-Tardei, mia madre, na fra fontana,


cervos do monte volvan a augua.
Os amores hei.

C
D
Refrn

Nos primeiros e segundos versos das estrofas terceira e cuarta o paralelismo prodcese por alternancia:
fontana fra?, fra fontana?, e a auga volvan, volvan a auga.
-Mentir, mia filha, mentir por amigo!
E
-Mentir, mia filha, mentir por amado!
E
V
Nunca vi cervo que volvess'o ro.
F
VI Nunca vi cervo que volvess'o alto.
F
Os amores hei.
Refrn
Os amores hei.
Refrn
Nas estrofas quinta e sexta o paralelismo prodcese
por substitucin da ltima palabra amigo, ro por outra co mesmo significado amado, alto.
Por outra banda, cada unha das estrofas presenta dous versos seguidos dun refrn que se repite ao longo da
cantiga: os amores hei.
Ao ser esta unha cantiga dialogada, non se observa o leixaprn, dicir, a repeticin dos segundos versos dun par
de estrofas como primeiros versos do par seguinte, anda que nos dous primeiros pares de estrofas pdese
apreciar o paralelismo en canto a que a resposta da filla constrese en base pregunta que a nai lle fai:
I

-Digades, filha, mia filha velida:


porque tardastes na fontana fra?
Os amores hei.

A
B
Refrn

III

-Tardei, mia madre, na fontana fra,


cervos do monte a augua volvan.
Os amores hei.

C
D
Refrn

II

-Digades, filha, mia filha louana:


porque tardastes na fra fontana?
Os amores hei.

A
B
Refrn

IV

Tardei, mia madre, na fra fontana,


cervos do monte volvan a augua.
Os amores hei.

C
D
Refrn

Non se produce no seguinte par de estrofas.


Tendo en conta que o cmputo silbico mtrico na lrica medieval abrangua ata a ltima slaba tnica do verso
(o mesmo que sucede no francs, a diferenza do sistema de cmputo italiano e casteln, que conta unha slaba
mis a partir da ltima acentuada) os metros empregados nesta cantiga son o pentaslabo no refrn e o
decaslabo no resto dos versos.
4. Conclusin.
Estamos ante unha cantiga de amigo, unha breve cancin que reproduce o dilogo entre unha nai e unha filla
sobre o motivo da tardanza desta en chegar casa. Presenta caractersticas temticas e formais que a distingue
como cantiga de amigo e do resto da producin lrica medieval, e procede dunha tradicin autctona do noso
pobo, anterior ao trobadorismo. Nesta, a natureza cobra un papel relevante, e mis al de constitur un simple
escenario, presenta un valor simblico no que as connotacins erticas do cervo e a auga estn en perfecta
comun co mundo cultural galego do medievo.
A nivel formal a cantiga est construda en base a tres pares de estrofas paralelsticas de dous versos mis refrn,
anda que non aparece o leixaprn ao ser esta unha cantiga de amigo dialogada.

You might also like