You are on page 1of 3

COMENTARIO TEXTO CASTELAO (sen redactar)

"Chmanlle a "Marquesia" e os seus peos endexamais se calzaron.


Vai fonte, depelica patacas e chmanlle a "Marquesia". Non foi escola por non ter chambra que
pr e chmanlle a "Marquesia". Non probou mis lambetadas que unha pedra de zucre e chmanlle
a "Marquesia".
A sa nai tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqus.
E anda lle chaman a "Marquesia"!
I-LOCALIZACIN
Trtase dun relato de Cousas de Castelao, un conxunto de ilustracins e textos que procuran reflectir
dun xeito entre realista e crtico a Galicia de comezos do XX. Atopamos temas como o mundo
labrego, marieiro e o da emigracin, tamn o da fidalgua.
O contexto literario das Irmandades da Fala e a Xeracin Ns que traballan arreo polo
desenvolvemento da prosa e da narrativa en galego ()
II-INTERPRETACIN
a) Asunto:(resumo) Retrato da desigualdade imperante a travs dunha nenia pobre que chaman
a Marquesia porque axuda a sa nai que traballa na casa do Marqus.
Tema: a inxusta divisin social da Galicia do 1900.
Punto de vista: Un narrador en 3 persoa omnisciente.
b)Estrutura (partes e elementos do texto):
Introducin: (L.1) o contraste rotundo entre o nome e andar descalza
N:Descricin selecticva da vida da menia pobre.
Desenlace: Descbrese o motivo do nome co que se coece a rapacia. Engdese unha oracin
exclamativa cargada de amargura que condensa a idea principal do texto.
Personaxes: Protagonista a Marquesia (antagonista o Marqus, secundario a nai da rapacia).
Espazo: a Galicia de comezos do XX na praza dunha vila.
Tempo Relatado: momentos precisos da infancia da Marquesia.
Tempo do Discurso: visin non lineal retrospectiva e volta ao presente.
c) A Linguaxe:(o apartado mis importante onde debemos non s citar recursos existentes,senn
tamn argumentar a sa funcin no texto con respecto ao tema).
Nivel semntico ou de contido:
- Lxico: Insistente Marques-ia (idea de nenia) fronte lxico e accins negadas por adverbios
que evidencian pobreza, a escaseza anda mis inxusta e cruel ao tratarse dunha persoa non adulta.
Neste texto o contraste entre a palabra Marquesa e todo o que non ten (anttese e irona) esa
menia - ia, un personaxe central pobre e inocente/ indefenso, destacado polo diminutivo.
-Recursos: Contraposicin ou antteses (rico/ pobre), Enumeracin, diminutivos (debilidade e
inocencia do protagonista), epteto (probe) epifonema/exclamacin final (irona trxica)
Do que deducimos ou argumentamos o seu ton crtico e emotivo para provocar un sentimento
solidario cos que sofren a inxustiza.
Nivel morfosintctico ou de forma:
- Recursos: Repeticin como se dun paralelismo, anfora se tratase chmanlle marquesia
intensificacin por repeticin. Polisndeton.
Do que deducimos e argumentamos un ritmo lento que incide na mirada sobre a pobre e inocente
rapaza que sofre unha inxusta situacin.
III CONCLUSIN
Trtase dun texto narrativo da prosa galeguista de comezos do XX, neste caso de corte realista
e crtico, cun fondo humorismo emotivo, denuncia da desigualdade social, un dos problemas
socias da Galicia que Castelao retrata colocndose ao carn dos humildes.
Trtase dun texto de Cousas, cuxo estilo une maxistralmente unha ilustracin a un texto de curta
extensin, cargado de lirismo e intencin cunha narrativa sinxela, estrutura coidada, moi
caracterstica e persoal.

O RETRATO
Por amainala conciencia guindei co meu ttulo de mdico no fondo dunha gabeta, e busquei
outra maneira de me valer. As xentes xa non saban que eu era dono de tan tremenda licencia
oficial; mais unha noite foron requiridos os meus servicios.
Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min p da porta. Deume as boas noites e
rompeu a chorar, e por entre os saloucos saanlle as verbas tan estruchadas que soamente logrou
dicirme que tia un fillo a morrer.
O pobre pai turraba por min, e eu deixbame levar, enfeitizado pola sa dor. Despois de todo
eu era mdico titulado e non poda negarme! E tiven tan fortes anceios de compracelo que sentn
xurdir nos meus adentros unha grande ciencia...
Cando chegamos casa de Melchor logrei arriarme das sas mans, e con finxido acoitamento
confeseille que saba pouco da carreira
-Repara que hai moitos anos que non visito enfermos.E entn Melchor, facendo un esforzo,
dxome quedamente:
-O meu fillo xa non precisa de mdicos. Eu xa sei que o coitado non pasa da noite. E viseme,
seor; viseme e non teo ningn retrato seu!
Ai, eu non fora chamado como mdico; eu fora chamado como retratista, e no intre sentn
ganas acedas de botarme a rir.
E por verme ceibe de xeira tan macabra dxenlle que unha fotografa era mellor ca un deseo,
asegureille que de noite poden facerse fotografas, e botando man de moitos razonamentos logrei
que Melchor largase de min cata dun fotgrafo. A cousa quedaba arrombada, e funme durmir, con
mil ideas ensarilladas na chola.
Cando estaba prendendo no sono petaron na mia porta. Era Melchor......-Os fotgrafos din
que non teen magnesio!
E dxomo tremendo de anguria. A face albeira, e os ollos coma dous tetos de carne vermella de
tanto chorar.
Endexamais fitei a un home tan desfeito pola dor.
Pregaba, pregaba, e collame as mans, e turraba por min, e o malpocado dica cousas que me
rachaban as entraas:.
-Considrese, seor. Dous riscos de vostede nun papel e xa poderei ollar sempre a caria do
meu neno. Non me deixe na escuridade, seor!
Quen teria corazn para negarse! Colln papel e lpiz, e al me fun con Melchor, disposto a
facer un retrato do rapaz moribundo.
Todo estaba quedo e todo estaba calado. Unha luz cansa alumeaba, en amarelo, das facianas
arrepiantes que ventaban a morte. O neno era o centro daquela pobreza da materia.
Sen dicir nada senteime a debuxalo que ollaban os meus ollos de terra, e soamente cabo
dalgn tempo consegun afacerme drama que fitaba e anda esquecelo un pouco, para poder
traballar afervoado, coma un artista. E cando o deseo estaba xa no seu punto a voz de Melchor,
agrandada por tanto silencio, feriume con estas verbas:
-Pola alma dos seus defuntos, non mo retrate as. Non lle poa esa cara tan encoveirada e tan
triste!
Confeso que volver realidade non souben que facer, e pxenme a repasalas lias xa feitas
do retrato. O silencio foi esgazado novamente por Melchor:
-Vostede ben sabe como era o meu rapacio. Faga memoria, seor, e debxemo rindo.
De speto naceume unha grande idea. Rachei o traballo, ensumn o meu ollar nun novo papel
branco e debuxei un neno imaxinario. Inventei un neno moi bonito, moi bonito: un anxo de retbulo
barroco, a sorrir.
Entreguei o debuxo e san fuxindo, e no intre de poe-lo p na ra sentin que choraban dentro
da casa. A morte viera.
Agora Melchor conslase ollando a mia obra, que est pendurada enriba da cmoda, e
sempre di coa mellor fe do mundo:
-Tiven moitos fillos, pero o mis bonito de todos foi o que me morreu. Vela est o retrato que
non mente.
Retrincos. Castelao, 1934

1) O texto no seu contexto. Breve biografa de Castelao. Ano no que foi publicada esta obra.
Temtica. Cita outros libros de relatos de Castelao.
2) Anlise do contido e da estructura.
a) Situacin Inicial (primeiro pargrafo): presentacin do protagonista-narrador e das sas
circunstancias.Quen o narrador desta historia?Que nos di respecto da sa profesin de mdico?
b) Situacin Central: aparece un conflicto que desencadea unhas accins e que ten unha
resolucin.Cal o conflicto que pon en marcha o relato?Que pensa o narrador que precisan del e
que o que realmente precisan?
De que se vale o narrador para tentar verse ceibe de xeira tan macabra? Cando isto fracasa, que
fai o narrador?Cal a reaccin do pai?Que fai entn o debuxante e cal o resultado?

c) Situacin Final (dous ltimos pargrafos):Que consecuencias tivo a maneira como se resolveu
o conflicto?
d) Escribe unha frase que sintetice cada unha das tres partes deste relato.
e) Elixe entre as seguintes frases a que che pareza mis axeitada para resumir o tema deste relato:
1 Conta cmo o autor enganou a un home que lle solicitou un retrato do seu fillo moribundo.
2 Conta as razns polas que Castelao deixou de exercer a sa profesin de mdico e buscou outra
forma de vida.
3 Conta cmo o autor compraceu a un pai que tia un fillo moribundo e desexaba conservar del
unha imaxe idealizada.
4 O autor conta unha ancdota para explicar cmo foi que chegou a ter sona de bo debuxante.
AGORA CONTINA TI!!!! NIMO!!!

You might also like