You are on page 1of 5

A ORIENTACIÓN

A Lei Xeral de Educación de 1970 (L. 14/70 do 4 de


agosto), introduciu no noso sistema educativo o dereito dos alumnos
á orientación e destacou a función titorial como elemento
integrante da función docente. Polo tanto, a orientación é
considerada como un servizo máis do sistema educativo.
Antes a orientación centrábase nun consello ao individuo en
momentos puntuais. Hoxe, a orientación é entendida como un
proceso continuo, inherente ao mesmo proceso de ensino-
aprendizaxe.

A orientación levará a cabo ao longo de toda a escolaridade


e coa totalidade dos alumnos do centro, incluído os alumnos con
necesidades educativas especiais, o proceso da cal orientador xirará
en torno ao asesoramento aos axentes educativos que interveñen na
súa educación e o consello ao propio alumno sobre saídas
académicas e profesionais.
O mestre de Pedagoxía Terapéutica é un dos artífices da
orientación educativa; pois, contribúe á adopción de medidas de
atención á diversidade a nivel de centro e o apoio e asesoramento
específico na atención aos alumnos con necesidades educativas
especiais.

¿Que entendemos por ORIENTACIÓN educativa e


profesional?
Son os apoios que, de forma sistemática e organizada,
recibe a comunidade educativa durante o proceso educativo de
todos os alumnos dende o seu inicio na educación infantil ata que
finalice os estudios non universitarios.

O novo sistema educativo configurado a raíz de la Reforma do


90, xerou un modelo de escola. A nova escola é comprensiva
(todos os alumnos participan das mesmas oportunidades de
aprendizaxe) e está aberta á diversidade (capaz de responder ás
diferenzas e características dos alumnos).

A orientación é un dos principios nos que se sustenta a escola


comprensiva e aberta á diversidade. É preciso incorporar ao centro os
medios que fagan realidade estes conceptos na práctica educativa. A
orientación encargarase da súa viabilidade a través do asesoramento
aos distintos axentes educativos implicados no proceso de ensino-
aprendizaxe e o apoio máis directo aos alumnos que o precisen.
A orientación como resposta á diversidade articularase en
distintos niveis referidos tanto ao centro coma aos alumnos
individualmente.

A ORIENTACIÓN franpineirovi@edu.xunta.es Página 1


- A ORIENTACIÓN COMO PRINCIPIO REGULADOR DA
ACTIVIDADE EDUCATIVA.
A orientación ofrece un apoio técnico necesario para que o
proceso de ensino-aprendizaxe alcance os seus obxectivos
formativos. Por iso debemos entender a orientación como un dos
principios que regula a actividade educativa.
A LOGSE entendía a orientación como un elemento de
calidade e eficacia.
"Art. 60.1. A titoría e orientación dos alumnos formará para
da función docente. Corresponde aos centros educativos a
coordinación destas actividades. Cada grupo de alumnos terá
un profesor-titor".
"Art. 60.2. As Administracións educativas garantirán a
orientación académica, psicopedagóxica e profesional
dos alumnos, especialmente no que se refire ás distintas
opcións educativas e á transición do sistema educativo ao
mundo laboral, prestando singular atención á superación de
hábitos sociais discriminatorios que condicionan o acceso aos
diferentes estudios e profesións. A coordinación das actividades
de orientación levaranse a cabo por profesionais coa debida
preparación".

A LOGSE formulaba que orientación e titoría forman parte da


función docente. Por iso, fai fincapé na necesidade de formación
permanente do profesorado, cada profesor será orientador na aula.
Tamén sinala que a coordinación das actividades de orientación se
levará a cabo por profesionais (orientadores) coa debida preparación,
que ofrecerán un apoio técnico específico.
A concepción actual de orientación educativa e profesional
abandona a idea de orientación como un servizo centrado
exclusivamente na atención ao alumnado con necesidades educativas
especiais. Pola contra, asígnaselle á orientación unha función máis
ampla, que abrangue todos os alumnos, que debe ser
desenvolvida por todo o profesorado e na que se ten en conta o
contexto escolar, familiar e social no que se desenvolven
aqueles.

A LOE (Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación) di que


o sistema educativo español se debe inspirar en varios principios, e
entre eles destaca o f) A orientación educativa e profesional dos
estudantes, como medio necesario para o logro dunha formación
personalizada, que propicie unha educación integral en
coñecementos, destrezas e valores, e tamén menciona entre os
dereitos básicos dos alumnos: "Dereito a recibir orientación educativa
e profesional".

A ORIENTACIÓN franpineirovi@edu.xunta.es Página 2


- CARACTERÍSTICAS DA ORIENTACIÓN.
A orientación como proceso continuo ten un carácter:
 Carácter preventivo. É para todos os alumnos e non solo
para aqueles que presentan necesidades educativas especiais ou
dificultades de aprendizaxe. Se o neno que crece e cambia se lle
dá unha orientación continua, terá máis posibilidades de
conseguir unha madureza equilibrada e confianza, e así,
conseguir unha integración familiar, escolar e social.
 Carácter contextualizador. A orientación debe estar
adaptada ao centro concreto, segundo sexan as súas
necesidades e realidade.
 Carácter integrador. A orientación atópase, nestes
momentos, integrada no Proxecto Curricular de etapa, e é
asumida por toda a comunidade educativa. Trátase dunha tarefa
compartida polos equipos docentes. Posteriormente no Proxecto
Educativo.
 Carácter especializado. Fan falta profesionais cualificados
que integrados no sistema de cada centro, colaboren cos
profesores desenvolvendo programas de intervención nos
distintos ámbitos.
 Carácter personalizado. Edúcase persoas concretas, con
características particulares, individuais, non abstraccions ou
colectivos xenéricos. E por outro lado en canto se educa a persoa
completa, polo tanto integrando os distintos ámbitos de
desenvolvemento e as correspondentes liñas educativas.

- OBXECTIVOS DA ORIENTACIÓN.
A acción orientadora por parte de profesores, titores,
departamentos de orientación e equipos de orientación específicos
han de cumprir os seguintes obxectivos:
1) Contribuír á personalización da educación, unha
educación individualizada, referida a persoas concretas, coas
súas aptitudes e intereses (de aí o seu carácter personalizado).
2) Axustar a resposta educativa ás necesidades
particulares do alumnado.
3) Resaltar os aspectos orientadores da educación-
orientación na vida e para a vida, adquisición de
aprendizaxes máis funcionais, mellor conectadas co ámbito, de
modo que a escola achegue realmente "educación para a vida".
4) Favorecer os procesos de madureza, de
desenvolvemento da propia identidade e sistema de
valores.

A ORIENTACIÓN franpineirovi@edu.xunta.es Página 3


5) Previr as dificultades de aprendizaxe, e non só as asistir
cando se chegaron a producir, anticipándose a elas e evitando,
no posible, fenómenos indesexables como os do abandono, do
fracaso e da inadaptación escolar (de aí o seu carácter
preventivo).
6) Contribuír á axeitada relación e interacción entre os
distintos integrantes da comunidade educativa:
profesorado, alumnado e familias, así como entre a comunidade
educativa e o ámbito social.
- OS CAMPOS DE ACTIVIDADE ORIENTADORA
A orientación constitúe un proceso que inclúe toda a
comunidade educativa e que abrangue a toda a poboación escolar,
calquera que sexa o tipo e grao de diversidade que presente.
Actualmente atopamos os seguintes campos de actividade
orientadora:

 Orientación para a organización e funcionamento do


centro: consistirá no asesoramento na elaboración dos Proxectos
de centro e de programas educativos específicos. Coordinar os
recursos do centro cos do ámbito e con outras institucións, así
como promover a cooperación entre a escola e familia para unha
mellor educación dos alumnos.

 Orientación aos alumnos/ás: axudar aos alumnos en


momentos de maior risco ou dificultade como son: o ingreso nun
novo centro, o cambio de ciclos ou de etapa, elección de
optativas, elección entre diferentes itinerarios formativos e
profesionais, a transición á vida adulta. E por outra banda,
poderase colaborar e asesorar nas medidas curriculares e
organizativas adoptadas.
Integra, en definitiva, as tradicionais áreas da orientación:
persoal, académica ou escolar e profesional.
 Orientación persoal: proceso de axuda para chegar ao
suficiente coñecemento de se mesmo e do mundo, para así ser
capaz de resolver os problemas que se lle formulen na súa vida.
 Orientación académica ou escolar: proceso de axuda
dirixido ao alumno para que sexa capaz de resolver os
problemas que a súa vida académica lle formula, especialmente
o de elixir os contidos e técnicas máis axeitadas ás súas
posibilidades.
 Orientación profesional: proceso de axuda para que se
capaz de elixir e prepararse axeitadamente a unha profesión ou
traballo determinado.

 Orientación aos profesores: transmisión de información


acerca da avaliación psicopedagóxica dos alumnos, sobre as
características persoais de estes, medidas de atención á

A ORIENTACIÓN franpineirovi@edu.xunta.es Página 4


diversidade nas programacións de aula, estratexias
metodolóxicas, etc.

 Orientación a familias: orientar as familias dos alumnos de


forma individual ou grupal para que asuman responsablemente a
educación e orientación dos seus fillos.

A ORIENTACIÓN franpineirovi@edu.xunta.es Página 5

You might also like