You are on page 1of 1

UN PIRATA INFORMTICO SABOTA A REDE DE ORDENADORES DA GUERRA DAS GALAXIAS.

Iria e Anta Xaneiro, Washington.

A rede de miles de ordenadores que une o Pentgono cos laboratorios que traballan
no programa da guerra das galaxias e as principais universidades dos EE.UU. foi
sabotada por un descoecido pirata electrnico.

O sucedido pon de relevo a vulnerabilidade do sistema informtico deste pas, que


sufriu o que se considera o "maior ataque da historia". "O grande tema que un
programa de software relativamente benigno foi capaz de pr de xeonllos a
comunidade electrnica", explicou onte un experto dos laboratorios Livermore, en
California, onde se investiga o Sistema de Defensa Espacial (SDE). S en Livermore
houbo que deter 8OO ordenadores ata conseguir curalos do virus.

Parece que o culpbel foi un estudante de informtica que tentaba introducir un


virus inofensivo nunha rede de ordenadores chamada Arpanet, que utilizada para
intercambiar informacin e mensaxes comns nos centros militares, universidades,
laboratorios de investigacin e mesmo empresas privadas. O problema estendeuse
tamn a algns ordenadores de institucins financeiras europeas e a laboratorios de
investigacin en Australia.

Unha voz annima que dixo falar no nome do sabotador, chamou a The New York Times
para explicar que o experimento se lle foi das mans por un pequeno problema de
programacin que fixo que o virus -que se comporta de maneira similar aos
biolxicos- se multiplicase a travs da rede informtica centos de veces mis
rapidamente do previsto. O bichio atacou as mquinas que utilizan o sistema
operativo Unix embotellando os seus almacns electrnicos e obrigando a fechar os
ordenadores por falta de memoria.

Anda que a maiora dos afectados xa foran curados onte, o virus continua durmindo
nas contas electrnicas de centos de outros ordenadores.

Unha empresa de California que fora atacada distribuu s vtimas da sabotaxe un


programa especial cun antdoto para acabar co virus. "Isto est causando moitas
dores de cabeza e enormes perdas de dieiro", dixo un experto da Universidade de
Harvard.

O autor, segundo o comunicante annimo, est abraiado polas consecuencias do seu


experimento. O Pentgono estableceu o xoves un centro de emerxencia para resolver o
problema e reforzar as partes mis dbiles da rede electrnica que permitiron a
entrada do virus.

A epidemia desatouse na noite do mrcores (madrugada do xoves en Galicia) nos


laboratorios Livermore, en Berkeley. De al pasou universidade de Stanford e
NASA. Despois saltou Costa Leste, aos ordenadores do Instituto Tecnolxico de
Massachusetts e s universidades de Harvard, Princeton e Columbia. O Mando Areo
Estratxico e a supersecreta Axencia Nacional de Seguridade (NSA), dedicada
espionaxe electrnica, forman parte tamn da rede infectada.

Por sorte, o virus non estaba ideado para borrar o material almacenado e s atrasou
o traballo dos ordenadores ou fechou moitos deles por conxestin.

You might also like