You are on page 1of 17

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

CASO PRÁCTICO 1 BIS


CARACTERÍSTICAS DO CENTRO

Trátase dun CEIP situado no interior de Galicia duns 4000 habitantes. Conta cunha soa liña por
curso e con instalacións e infraestruturas suficientes a docencia. Hai un profesor de PT e un de
apoio para cada etapa, 16 docentes para Educación Primaria e catro para Educación Infantil.

CARACTERÍSTICAS DO GRUPO

Trátase dun grupo de quinto curso de dezaoito discentes con nivel académico medio- baixo.
Este ao incorpórase un alumno procedente doutra comunidade por traslado do seu pai cun
nivel bastante baixo. No grupo hai unha nena cunha ACI por ter diversidade funcional cognitiva
(Síndrome de Down). Hai tamén dous nenos con problemas de comportamento, en risco de
exclusión, por proceder dunha familia desestruturada.

Atendendo a estas características, deseña un modelo didáctico globalizado planificando a


intervención específica para o grupo, contemplando as súas características a través dunha
programación semanal que se levará a cabo na semana previa ao Nadal.

ANTOACIÓNS

Para realizar o práctico, seguide o modelo do práctico nº 1: método global Decroliano e as


guías de atención á diversidade que xa se vos enviaron.

1
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

INTRODUCIÓN

1.1. FUNDAMENTACIÓN LEGAL

A lexislación é o soporte básico para garantir o desenvolvemento do proceso de E/A.


Baseándome nunha estrutura piramidal analizarei este caso partindo da Lei Orgánica 8/2013
de 9 de decembro , para a mellora da calidade educativa que no seu artigo 18 fai referencia o
carácter global e integrador da etapa.

Así mesmo e tendo en conta que a avaliación é un dos instrumentos de mellora da calidade do
proceso, no artigo 20 destaca que será continua global e terá en conta o seu progreso no
conxunto das áreas.

No marco do segundo nivel de concreción curricular é mester destacar a relevancia que posúe
a heteroxeneidade sociocultural da localidade no deseño dun Proxecto Educativo que sitúe á
interculturalidade como un dos seus principios referenciais, así como o fortalecemento e
protocolarización das vías de coordinación entre aquelas institucións que interveñen no
ámbito da integración social e económica: servizos sociais, sanitarios, ONGs, etc. en harmonía
co artigo 40 do D. 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade
do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza.

Neste centro aprecio unha coordinación entre o profesorado, o nivel académico do alumnado
en medio-baixo polo que o traballo interdisciplinario buscará vías de coordinación e
colaboración con outros docentes, é necesario mellorar as habilidades sociais. Tratase dun
colexio que ten unha so aliña por nivel, polo que o coñecemento dos docentes favorecerá o
traballo en equipo.

1.2. FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA

Desenvolverei este suposto desde un enfoque psicopedagóxico construtivista, segundo o cal


as aprendizaxes vanse "construíndo" a través da actividade autónoma do discente. Xerar un
modelo de ensino-aprendizaxe baseado na investigación e o descubrimento persoal, este
modelo percíbese e levase a cabo como un proceso dinámico, participativo e interactivo.
Este paradigma supón a culminación do proceso educativo co establecemento de relacións
substantivas entre a nova información e os esquemas previos de coñecemento do alumnado,
favorecendo a aparición dunha "aprendizaxe significativa" segundo a Teoría da Aprendizaxe
de Ausubel.

Así mesmo, basearémonos nun enfoque interdisciplinar e competencial, posto que a


consecución das competencias clave constitúe o fin último do ensino obrigatorio e o principal
referente para o deseño do resto de elementos curriculares de carácter prescriptivo.

1.3. FUNDAMENTACIÓN EVOLUTIVA

Segundo Jean Piaget podemos establecer as seguintes características para o alumnado do


segundo ciclo, no marco do estadio evolutivo das operacións concretas:

2
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

A nivel motor:

 Consigue posturas equilibradas e estables


 Toman conciencia da globalidade do seu corpo e logran unha disociación segmentaria
 Organizan e estruturan espazo e tempo

A nivel cognitivo

 Consolídanse as operacións lóxico-concretas. Desenvolvese a capacidade de síntese e


abstracción. O pensamento é máis sistemático, ordenado e flexible.

A nivel afectivo-social

 Comezan a sentir aspectos puberais


 Os grupos fanse mixtos
 Van aparecendo os intereses sexuis e desnvolvese o aspecto moral
 Os adultos son xulgados criticamente.

2. MODELO DIDÁCTICO

Para a elaboración deste caso práctico utilizarei como modelo referencial o método global de
Decroly, así como determinadas fases e técnicas propias do método de traballo por
proxectos de Kilpatrick.

A potencialidade destes métodos radica na súa capacidade para:

- Manter a motivación e o interese do alumnado nuns parámetros altos e constantes durante


todo o proceso educativo.
- Adaptar o proceso educativo a idiosincrasia do alumnado, evitando a adaptación alienante
dos educandos á unha escola inmutable ás necesidades cambiantes.
- Partir dos centros de interese do alumnado, dota ao proceso educativo dun dos principios
psicopedagóxicos fundamentais: o de significatividade.

2.1. COMPETENCIAS CLAVE

Tal e como indica o Decreto 105/2014 de 4 de setembro polo que se establece el currículo
na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu preámbulo, tan enorme importancia ten a
presenza no currículo das CC.BB. que o alumnado deberá desenvolvelas na educación
primaria e completalas na educación secundaria obrigatoria. As competencias clave son
aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e desenvolvemento persoal, así
como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego

No marco da proposta realizada pola Unión Europea identificáronse sete CC.Clave.:


comunicación lingüística, Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e

3
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

tecnoloxía, competencia dixital, aprender a aprender, competencias sociais y civicas, sentido


da iniciativa e espíritu emprendedor, conciencia y expresiones culturales.

Expoñerei profusamente as catro competencias con maior grao de implicación no


desenvolvemento desta unidade, no entanto contribúo ao desenvolvemento das sete como
demostrarei no desenvolvemento das tarefas.

1. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA

Traballarase mediante:

• O debate e a posta en común de ideas.


• A adaptación da linguaxe a diferentes situacións, contextos e persoas.
• No coñecemento e cumprimento das normas sociais de relación e convivencia.

As tarefas vinculadas con esta competencia son:

• O glosario de termos
• A biblioteca de aula
• Exposición de conclusións
• Os mapas conceptuais
2. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

Traballarase mediante:

• O uso das TICs como recurso esencial para informarse, aprender e comunicarse.
• Utilizando distintas fontes e sistemas de información gráfica e audiovisual.
• Manexo do correo electrónico e introdución ao manexo do blogue do grupo.

As tarefas vinculadas con esta competencia son:

• Manexo de software de atuor


• Busca de información no recuncho dixital
3. COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

Traballarase mediante:

• Os diálogos, debates, asembleas e nos procesos comunicativos nas súas diferentes


modalidades, a través do respecto e a escoita aos compañeiros/as.
• Coa asunción de responsabilidades e encargos rotativos.
• Na resolución pacífica de conflitos.

4
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

As tarefas vinculadas con esta competencia son:

• A asemblea como órgano de xestión organizativa e curricular.


• Traballo cooperativo.
4. COMPETENCIA DE AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

Traballarase mediante:

• A resolución de conflitos e a toma de decisións.


• A través dos procesos de autovaliación, heteroavaliación e coavaliación.
• A identificación das características e limitacións propias e o respecto polas dos
demais.

As tarefas vinculadas con esta competencia son:

• Encargado de tarefas específicas.


• Moderador/a da asemblea.
• Titoría de iguais

CONTIDOS

 A medida dos versos


 campo léxico
 Produción de textos orais e escritos
 Lectura de cartas
 A expresión oral
 O universo
 As estrelas. Características mais relevantes
 Problemas con mais de dúas operacións
 Análise dunha páxina web
 Actitude asertiva ante as opinións dos compañeiros.
 Reelaboración da información obtida: conclusións, notas…
 Constatación e reflexión sobre a hixiene e a saúde

OBXECTIVOS

- Ler un texto narrativo con fluidez


- Elaborar carteis para anunciar unha celebración
- Aprender a medir versos
- Aprender a extraer información dun texto e sintetizalo
- Comprender que son as estrelas e coñecer as súas características
- Resolver problemas de mais de dúas operacións
- Valorar e respectar a opinión dos demais compañeiros

5
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

- Diferenciar alimento/ nutrición


- Analizar e procurar información nunha páxina web

As sesións que vou describir pertencen a unidade didáctica 5, que leva por título “O
Universo” e desenvolveranse na semana anterior as vacacións de Nadal.

TAREFAS: MÉTODO GLOBAL DECROLIANO

SESIÓN 1ª

En primeiro termo, contribuirei a xerar un clima afectivo-social positivo mediante un xogo de


presentación denominado “Refráns”. De tal xeito que permita o alumnado coñecer o novo
compañeiro.

Finalmente, realizarei unha avaliación inicial1, atendendo ao artigo 4 da Orde de 23 de


novembro de 2007, coa finalidade de adecuar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a
progresión satisfactoria no seu proceso de aprendizaxe.

SESIÓN 2ª

En primeiro lugar, procederase á constitución da asemblea de aula. Elixirase


democraticamente ao moderador/a e ao secretario/a, tendo en conta que estes papeis terán
un carácter rotativo ao longo do curso

Despois, traballaremos a vertente expresiva da comunicación mediante unha exposición oral


de cada discente sobre o Nadal.

Seguidamente, utilizaremos a técnica “brainstorming” para propiciar o conflito socio


cognitivo que promova o interese e a motivación inicial, aínda que o tema do Nadal xa crea
interese por si so. Será unha valiosa ferramenta avaliativa posto que nos permitirá
comprobar os coñecementos previos do alumnado sobre ese tema, que anotarei nunha ficha
de observación sistemática.

Seguidamente partindo do centro de interese que en este caso e o Nadal, levaremos a cabo
unha webquest que terá por título “Alboroto Navideño”.

SESIÓN 3ª

Exporeilles en que vai consistir a webquest: Os mestres necesitan axuda. Teñen que
asegurarse de que os nenos/as asimilaron os contidos propostos para a unidade didáctica
globalizada “O Universo”.

Para iso decidiron partir da estrela de Belén e como está preto o Nadal, resultaría interesante
coñecer algo da historia, tradición popular e a simboloxía do mesmo. A misión dos alumnos/as
nesta webquest, consiste en demostrar que realmente asimilaron os contidos da unidade. Os

6
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

seus mestres/as serán os alumnos/as de honor da aula, eles serán o último día os que
desfruten coa exposición dos seus coñecementos.

Sesión 4ª.

Cada un dos grupos asignaráselle unha tarefa. Todos buscarán información e todos aportarán
ideas.

Recomendaráselles que lean atentamente o que se lles pide a cada un, e cando o teñan claro
empezarán a lectura dos recursos, lerán a información cantas veces lles sexa necesario ata
entendela completamente.

Sesións 5

Dareille a cada grupo o tema sobre o que teñen que elaborar o documento final e a folla cos
recursos onde procurar a información.

Grupo 1: Que é o Nadal?

A simboloxía do nadal (a árbore)

 Os villancicos
 Os adornos navideños

Grupo 2: Os Instrumentos musicais e o Nadal

 A zanfoña
 Pandereta
 rabel
 Outros instrumentos

Grupo 3: O nadal nos países do mundo

 México
 Holanda

 Israel
 Saúdos navideños nos distintos idiomas

Grupo 4: A alimentación no Nadal

 Unha dieta equilibrada


 Elaboración dun menú de Nadal

7
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

 Calculo do costo do menú por persoa

Grupo 5: A simboloxía da estrela de Belén

 As estrelas
 A estrela de Belén. Lenda

 Elaboración de mapas na antigüidade

Grupo 6: O consumismo no nadal.

 Regalos feitos de material de refugallo


 Regalos comprados
 Elaborar un presuposto para catro persoas(decidir as idades, comparar prezos), un con
regalos feitos de material de refugallo e outro con regalos comprados.

Sesión 6, 7, 8:

Deste xeito, realizarase un proxecto interdisciplinar, contribuíndo ao mesmo desde a área de


Lingua e Literatura Galega no ámbito da prevención.

Primeiro contestaremos as seguintes preguntas, por grupos:

 Que queremos ser? Nenos e nenas que informen aos profesores sobre o que sabemos
do Nadal.
 Que queremos facer? Un pasquín informativo sobre O Nadal.
 Que queremos saber? Como é o nadal no mundo.

Colgaremos nun mural estas tres cuestións, así como o resto da información que iremos
analizando nas vindeiras sesións. Deste xeito, favorecemos a autonomía e iniciativa persoal
dos discentes na autorregulación das súas propias aprendizaxes

Para resolver as preguntas suscitadas, o alumnado ten que procurar información. Decídese a
buscar en fontes de información indirecta: xornais , revistas, internete e en fontes de
información directa: concello, familia, etc.

Antes de comezar coa busca analizaremos conxuntamente co alumnado cada unha das fontes:
Xornais dixitais, páxinas web, blogs, videos, etc.

Sesións 9

Realizarase unha saída complementaria ao Concello. Na concellería correspondente


ensinarannos os actos previstos para as datas do Nadal.

Os grupos distribuiranse en tres equipos:

8
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

- O equipo de xornalistas

- O equipo de fotografía

- O equipo de deseño gráfico

Sesión 10

Seguimos coa análise do segundo medio de información indirecta, pero para iso trasladámonos
á aula de informática:

Antes de comezar coa busca analizaremos conxuntamente co alumnado cada unha das fontes:
Xornais dixitais, páxinas web, blogs, videos, etc.

 Xornais dixitais: localizaremos as súas seccións, temas, hemeroteca e explicarei os


textos informativos.

 E realizaremos unha serie de actividades:


 Localizar a sección internacional
 Ler un texto informativo, identificar as súas partes e buscar no dicionario da RAE o
vocabulario que descoñezan, apuntándoo nun glosario de termos individual.

 Páxinas web, wikis e blogs: ensinareilles o xeito efectivo de facer buscas na internet.
Ensinándolles a discernir entre información e banners.

 Vídeos e música: como buscalos e onde, e como poden descargalos, para usalos na súa
exposición, se fose necesario.
 Páxinas de imaxes: Ensinareilles que tódalas imaxes que hai en Internet, non son de
balde, non poden facer uso delas. Explicareilles a diferencia entre unha imaxe con
copyright e unha creative commons.

Remataremos a sesión cunha posta en común

Sesións 11, 12, 13

Primeiro, deberán escoller entre un montón de xornais, revistas, etc., de anos anteriores.
Deste xeito, traballamos un acontecemento do pasado desde unha perspectiva diacrónica,
vendo como foi evolucionando no tempo a través das novas, contribuíndo ao
desenvolvemento da competencia no coñecemento e interacción co mundo físico. Este
traballo farano por parellas.

Intérnate no universo da rede e localiza a información solicitada, recóllea,. Esta recollida e


análise será individual E coas achegas mais relevantes axudarei a cada grupo a que realice un
mural

Sesións 14, 15, 16..

9
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Xa por grupos. Elaborarán os seu material de apoio a exposición posterior, poderán utilizar
distintas ferramentas como: powerpoint, excel, Prezi, word, gloster, etc. Debendo figurar:

 Unha portada con ilustración orixinal

 Un texto informativo sobre o tema en cuestión.


 A bibliografía
 Conclusións finais

Despois cubrirán unha ficha de heteroavaliación para avaliar o meu papel como guía no
proceso de ensino/aprendizaxe.

Colgaremos os murais na aula.

Sesión 17, 18

Na ultima parte do mural, cada grupo debe responder á pregunta: “Que aprendemos?”

Despois, previa reflexión grupal, un voceiro de cada grupo exporá oralmente o proceso
seguido o resto de alumnado e os mestres/ras que imparten docencia nesa aula, así como as
conclusións ás que chegou o grupo.

Esta actividade é esencial como avaliación final.

Así mesmo cubrirán unhas fichas de coavaliación sobre as actitudes e valores amosados polos
seus compañeiros/as durante a webquest e outra de autoavaliación para analizar
individualmente o nivel competencial acadado.

METODOLOXÍA

Partirei dun enfoque interdisciplinar e competencial, xa que o fin último do ensino obrigatorio
é a consecución das competencias básicas. Estas constitúense como o ámbito referencial por
excelencia en todo proceso de planificación didáctica, que debe contemplar os seguintes
principios psicopedagóxicos:

 A funcionalidade das aprendizaxes, transferindo o aprendido a novas situacións. En


coherencia coas achegas de Freinet e Rogers.
 A multisensorialidade: apréndese mellor implicando máis sentidos e estilos de
aprendizaxe, tal e como defenden Pestalozzi e Montessori.

 A globalización: comezando por unha visión global da realidade para chegar a analizar as
súas partes, como postula Decroly no seu método global.
 Aprendizaxe en espiral: promovendo un tratamento dos contidos que permita ir
aumentando progresivamente a súa complexidade. Jerome Bruner é o máximo expoñente
deste precepto pedagóxico.

10
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

 Partir da zona de desenvolvemento próximo: realizando unha avaliación inicial que nos
permita planificar o proceso de ensino- aprendizaxe atendendo ao nivel académico de
cada discente, seguindo a Vigotsky.

ORGANIZACIÓN DA AULA

Os discentes organízanse na aula en torno a mesas en equipo de tres membros. Estes equipos
fórmanse con carácter heteroxéneo e, por suposto, mixtos.

Elaborarei grupos de tres membros, valorando as posibles compatibilidades e


incompatibilidades entre compañeiros, alumnos e alumnas na medida do posible, procurar
que o grupo que se cree represente na medida do posible o grupo clase e preguntar ao
alumnado polas súas preferencias persoais e afinidades. Clasificarei os alumnos/as en tres
categorías e asignareilles unha figura xeométrica

 Círculo: alumnos/as capaces de axudar aos demais


 Cadrado: resto de alumnos da clase
 Triángulo: alumno/a que necesita axuda

A figura xeométrica é importante porque non conleva ningún xuízo de valor implícito. Unha
vez repartidos entre as tres figuras colocareinos de xeito que en cada grupo haxa un alumno/a
de cada grupo, co que conseguiremos en certo modo un “microgrupo clase” dentro do propio
grupo clase

A aula organízase en diferentes espazos, estando sempre presentes o da biblioteca, o das TICs
e o artístico. Habendo ademais, ao longo do curso, recunchos itinerantes que duran un
proxecto.

O material distribúese de forma descentralizada, sendo asequible para os educandos, e


coñecendo estes os criterios de uso, recollida e clasificación, de modo que se propicia a
autonomía.

Os tempos organízanse de forma flexible, adaptándose aos ritmos e estilos de aprendizaxe. Na


organización da aula contémplanse as necesidades de iluminación, temperatura, hixiene e
seguridade.

11
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

RECURSOS MATERIAIS E HUMANOS

BIBLIOGRÁFICOS: Dicionarios, xornais, enciclopedias, contos, etc.

AUDIOVISUAIS: Cámaras de fotos e ordenadores.

ELECTRÓNICOS: Distintas páxinas web

RECURSOS ORGANIZATIVOS

ESPAZOS (Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro)

- Aula de informática.

- Aula ordinaria.

AGRUPAMENTOS

- Actividades en gran grupo para lecturas e explicacións en gran grupo.

- Actividades por grupos de tres, a maior parte do tempo.

- Actividades individuais, esporadicamente.

RECURSOS HUMANOS

 TITOR
 PT, AL, ORIENTADOR/A
 EQUIPO DIRECTIVO
 RESTO DE PROFESORES QUE IMPARTEN ENSINANZA NO GRUPO
 FAMILIAS

AVALIACIÓN

CONCEPTO

“A avaliación é o conxunto de actuacións mediante as cales é posible axustar a axuda


pedagóxica ás características e necesidades do alumnado e determinar se se cumpriron ou non,
e ata que punto as intencións educativas que están na base de dita axuda pedagóxica”. CESAR
COLL (1987).

A Orde de 9 de junio de 2016 pola que se regula a avaliación na Educación Primaria na


Comunidade Autónoma de Galicia, indica no seu art. 2.2 que: “A avaliación dos procesos de
aprendizaxe do alumnado será continua e global e terá en conta o seu progreso no conxunto
das áreas e na adquisición das competencias clave”.

12
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

OBXECTOS, TECNICAS E TEMPOS DE AVALIACION

Avaliación do alumnado

Desenvolverase atendendo ás seguintes técnicas:

Heteroavaliación do alumnado polo docente: inicial, continua- formativa, final.

Autoavaliación do alumnado: inicial (conflito sociocognitivo) e final.

Coavaliación do alumnado: na última sesión, para valorar as actitudes e valores dos


compañeiros/as

Avaliación do docente

A avaliación do docente levarase a cabo a través de dúas técnicas:

Avaliación da práctica docente polo alumnado: realizarase na sesión 16.

Autoavaliación do docente: Ao final de cada clase anotarei no caderno de sesións os datos


máis significativos de cara á mellora do proceso educativo e ao rematar a U.D. rexistrarei a
miña actuación nunha folla sistematizada

Avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe

Avaliarei o grao de adecuación dos obxectivos, contidos, CC.BB. e criterios de avaliación, así
como as aprendizaxes acadadas polo alumnado, as actitudes e valores as medidas de atención
á diversidade, a organización na aula e o aproveitamento dos recursos.

Metaavaliación

É a investigación que trata de valorar a calidade da propia metodoloxía de avaliación


empregada, a consecución ou non dos obxectivos, a eficacia dos instrumentos utilizados para
tal fin e, polo tanto, o valor da súa aplicación.

PRODEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

A través do procedemento de observación directa, utilizarei os seguintes instrumentos:


rexistro anecdótico, diario de clase, caderno do alumnado, entre outros.

Mediante o procedemento de observación indirecta, empregarei os instrumentos: rexistro de


descritores e de actitudes e valores

Ademais analizarei as producións realizadas, neste caso o folleto informativo, realizarei probas
específicas como a proba de avaliación inicial e probas orais como a exposición da última
sesión da unidade.

13
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Criterios de avaliación

- Lee un texto narrativo con fluidez


- Elabora carteis para anunciar unha celebración
- Aprende a medir versos
- Aprende a extraer información dun texto e sintetizalo
- Comprende que son as estrelas e coñecer as súas características
- Resolve problemas de mais de dúas operacións
- Valora e respectar a opinión dos demais compañeiros
- Diferencia alimento/ nutrición
- Aplica estratexias de aprendizaxe baseadas na construción de mapas conceptuais.
- Procura, analizar e resumir información sobre a prevención dos incendios forestais
nunha guía informativa.
- Valora e respecta as achegas dos compañeiros/as.

AVALIACION DAS CCBB MEDIANTE INDICADORES DE LOGRO

O novo paradigma lexislativo implica a necesidade de avaliar o grao de adquisición das


CC.BB., tendo en conta que estas están constituídas por catro descritores ou indicadores de
logro: contidos, habilidades, actitudes e valores, e estratexias de aprendizaxe. Unha mostra
dos descritores para esta U.D. son:

- Participa de forma activa e construtiva no relato de experiencias.


- Expresa cunha linguaxe e vocabulario axeitados as súas experiencias de forma oral e
escrita.
- Asume e respecta as regras da asemblea

Sistema de avaliación para o alumnado con NEAE

A nena con síndrome de Down, será avaliada tomando como referencia os obxectivos e os
criterios de avaliación establecidos na ACI.

Os discentes que precisan de reforzo educativo, é dicir, o neno que se incorpora dende outra
comunidade e os dous nenos con problemas de comportamento, serán avaliados cos mesmos
criterios que para o resto do grupo, aínda que isto non implica empregar modelos
metodolóxicos e organizativos especias.

Sistema de recuperación e reforzo educativo

Ante un enfoque competencial como é o desta U.D. non é preciso a realización dunha proba
concreta de recuperación dalgún dos descritores non superados. Debemos avaliar os nosos
indicadores máis dunha vez ao longo de todo o curso en sucesivas UU.DD. Desta maneira
estaremos realizando a recuperación de forma intrínseca dentro do propio proceso de
avaliación continua.

14
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

ATENCIÓN A DIVERSIDADE

Debido necesidades educativas que precisa unha parte significativa do grupo- aula deste
suposto, é preciso alicerzar a nosa praxe pedagóxica no D. 229/2011, de 7 de decembro.
Segundo o artigo 32, presentan necesidades específicas de apoio educativo (en adiante, NEAE)
a nena con Sindrome de Down. Seguindo a Orde de 6 de outubro de 1995 pola que se regulan
as adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime xeral os dous discentes con problemas
de comportamento e o neno procedente de outra comunidade aplicaráselles unha medida
ordinaria (reforzo educativo).

Resposta educativa para a nena con Síndrome de Down

Seguirei as directrices didácticas da ACI. A resposta educativa artellarase do seguinte modo:

A nivel curricular

 Traballo por proxectos é unha medida de atención a diversidade por permitir adaptar a
dificultade da tarefa a cada discente.
 Materiais didácticos específicos, adaptados ao seu nivel de competencia curricular.

A nivel organizativo
 A profesora de PT intervirá, dentro da aula, durante dúas horas á semana.
 Favorecerei a súa autonomía persoal elixíndoa como encargada da biblioteca.
 Potenciando o traballo cooperativo

Resposta educativa para os discentes con problemas de comportamento e o neno procedente


de outra comunidade:

O Plan de Convivencia, integrado no Proxecto Educativo do Centro, e en estreita relación co


Plan de Acción Titorial, contemplará os seguintes eixes organizativos e curriculares,
fundamentais para un clima convivencial positivo:

 COMPETENCIAS EMOCIONAIS E EDUCACIÓN EN VALORES


 ESTILO EDUCATIVO ASERTIVO (NORMAS, DIÁLOGO, AUTONOMÍA)
 ADAPTACIÓN NON SIGNIFICATIVA DO CURRÍCULO (DESMOTIVACIÓN)
- Dividir as tarefas en subtarefas
- Proporcionarlles descansos periódicos
- Reforzalos cando pasen dunha tarefa a outra
 CONTRATOS DE CONDUTA

PLANS E PROXECTOS

 PROXECTO LECTOR

15
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Poténciase a adquisición do hábito lector mediante o uso da biblioteca de aula. A lectura de


xornais cun carácter funcional e significativo, así como e creación de material informativo
contribúen a este plan.

 PROXECTO LINGÜÍSTICO

Terá unha pegada moi importante nas propostas didácticas que se fagan para mellorar a
competencia comunicativa do alumnado en xeral e sobre todo do neno procedente de outra
comunidade.

 PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

A través do uso das TICs no desenvolvemento da Webquest..

 PLAN DE CONVIVENCIA

A asemblea como órgano de xestión dos conflitos contribúe a unha mellor convivencia, así
como o traballo cooperativo ao longo de toda a U.D. Por outra banda, o contrato condutual
asinado polos nenos con con problemas de comportamento

 PLAN DE ACCIÓN

Fóra do horario escolar terei unha xuntanza con nais e pais para motivalos a que contribúan de
xeito activo na formación dos seus fillos/as e ofertándolles a miña plena colaboración.
Desenvolverei unha actividade dentro do PAT. Trátase da dinámica de presentación: "refráns”
que xa mencionei na primeira sesión..

 PLAN DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

O método global decroliano e o traballo por proxectos configúranse como medios pedagóxicos
innovadores para dar resposta ás necesidades educativas do alumnado do S.XXI., en clara
sintonía coas recomendacións psicopedagóxicas da OCDE.

CONCLUSIÓN

Como poden observar a integración das CC.BB. no currículo implica unha reformulación na
planificación nosa praxe educativa. A finalidade do proceso educativo é a consecución das sete
competencias, polo tanto, o resto de elementos prescritivos deben planificarse tendo como
centro as mesmas. Pero, ademais, o marco competencial esixe unha reformulación do proceso
fomentando a utilización das aprendizaxes en diferentes contextos e valorando a educación
emocional como factor decisivo nas relacións interpersoais de aula.
BIBIOGRAFIA
Bibliográficas

16
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Marchesi, Coll e Palacios (1990): Necesidades Educativas Eapeciales y aprendizaje escolar.


Madrid: Alianza Psicología.
CASTILLO, S.; CABRERIZO, J.; RUBIO ROLDÁN, M.J. (2007): Programación por competencias:
formación y práctica. Madrid: Pearson Educación- Prentice Hall.
Lexislación
Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa
Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria
na Comunidade Autónoma de Galicia
Decreto 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do
alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza.
Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na Educación Primaria na
Comunicade Autónoma de Galiza.
Orde do 20 de febreiro de 2004 de medidas de atención específica ao alumnado procedente
do estranxeiro.
Webgrafía
Xunta de Galicia: Portal educativo. Dispoñible en Web: <http://www.edu.xunta.es/>.
www.educared.com
www.educaweb.com

DINÁMICA DE GRUPO REFRÁNS

Obxectivo: Presentación e Animación

Materiais: Tarxetas nas que previamente se escribiron fragmentos populares, e dicir, que cada
refran se escribe en duas tarxetas, o comezo nunha delas e o seu complemento na outra.
Desenvolvemento: Esta dinámica usase en combinación coa presentación por parellas.
Repartense a tarxetas entre os asistentes e pídeselles que atopen a persoa que ten a outra
parte do refran, deste xeito, vanse formando as parellas que intercambiarán a información a
utilizar na presentación.

17

You might also like