You are on page 1of 13

O espazo xeográfico español

España é un país europeo de tamaño medio (505.987 km2), situado na zona temperada do hemisferio norte.
Abrangue un territorio peninsular, que ocupa a maioría da súa superficie (un 97,53%); un arquipélago
mediterráneo -as illas Baleares-; un arquipélago atlántico —as illas Canarias—; territorios no norte de África
-Ceuta e Melilla—, e algunhas penas e illotes.

A España peninsular (493.516 km2) presenta unha posición orixinal entre dous continentes, Europa e África,
e entre dúas masas de auga, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo. Este feito converteuna en lugar de
dobre encrucillada; unha encrucillada natural entre masas de aire de distinta procedencia que lle outorgan
gran variedade de climas, augas, vexetación e solos, e un lugar de encrucillada xeopolítica entre diversos
pobos e civilizacións procedentes de Europa, África, o Mediterráneo e o Atlántico.

O arquipélago balear (4.992 km2) atópase no mar Mediterráneo, fronte á costa da Comunidade Valenciana.
Comprende as illas de Mallorca, Menorca, Eivissa, Formentera e Cabrera, e máis de 150 illotes.

O arquipélago canario (7.447 km2) sitúase no océano Atlántico, a uns 100 quilómetros das costas do
noroeste de África. Comprende sete illas principais: La Palma, El Hierro, La Gomera, Tenerife, Gran Canaria,
Fuerteventura e Lanzarote, así como algunhas illas menores.

Ceuta e Melilla sitúanse na costa do norte de África. A Cidade de Ceuta (19,6 km 2) atópase na península de
Yebala, e a de Melilla (12,3 km2) sitúase entre os cabos de Tres Forcas e de Agua.

A diversidade natural do territorio español ven dada pola súa gran variedade de relevos e acusados
contrastes climáticos, que determinan a existencia de diferentes paisaxes naturais. Esta variedade supón unha
repartición desigual dos recursos naturais e, polo tanto, das actividades económicas. Así, segundo as zonas,
predominan os usos do solo agrarios, industriais ou terciarios, dando lugar a unha gran pluralidade de
paisaxes humanas.

O relevo peninsular
O relevo é o conxunto de formas que presenta a superficie terrestre. Estas son o resultado dunha estrutura
xeolóxica orixinada polas forzas internas da Terra e da modelaxe realizada por axentes externos: meteoros
atmosféricos, augas e seres vivos. A ciencia que estuda o relevo é a Xeomorfoloxía.

1. Características do relevo peninsular


A configuración do relevo peninsular español caracterízase por tres trazos básicos:
A forma maciza ven dada pola grande anchura da Península de oeste ao leste (1.094 quilómetros) e polas
súas costas rectilíneas, sen apenas accidentes litorais. Este feito limita a penetración da influencia do mar cara
ao interior.
A elevada altitude media (660 m), só superada en Europa por Suíza, débese á presenza de altas cordilleiras
e, sobre todo, a que o interior peninsular está constituído por un extenso núcleo de terras altas, a Meseta,
cunha altitude comprendida entre os 600 e os 800 metros.
A disposición periférica do relevo montañoso en torno á Meseta frea a influencia do mar e é causa de
fortes contrastes entre o litoral e o interior peninsular.
2. Tipos de unidades morfoestructurais.
Na Península atópanse presentes as grandes unidades morfoestruturais* do relevo continental: zócolos,
macizos antigos, cordilleiras de pregamento e concas sedimentarias ou depresións.
a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou Paleozoico como resultado do
arrasamento pola erosión* de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses* (formación de montañas) desta mesma era.
Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son moi ríxidas, polo que, ante
novos empuxes oroxénicos, non se pregan, senón que se fracturan. Na actualidade, os zócolos son relevos
predominantemente horizontais, que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península.
b) Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento
(rexuvenecemento) dun bloque dun zócolo a causa das presións da oroxénese alpina. Polo tanto, os seus
materiais tamén son paleozoicos. Na actualidade, estes macizos presentan formas redondeadas e cumios
aplanados, ao ser superficies de erosión elevadas. Na Península, son macizos antigos as serras interiores da
Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da Cordilleira Cantábrica.
c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxénese
alpina da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente calcarios, depositados
polo mar na era secundaria. Na actualidade presentan fortes pendentes e formas escarpadas, xa que, pola súa
relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou. As cordilleiras de pregamento son de dous tipos:
• Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados polo mar nos rebordos dos
zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica).
• Cordilleiras alpinas, formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou foxas marinas
longas e profundas (Pireneos e cordilleiras Béticas).
d) As concas sedimentarias* ou depresións son zonas afundidas formadas na era terciaria, que se encheron
con sedimentos, principalmente arxilosos e calcarios. Na actualidade constitúen relevos horizontais ou
suavemente inclinados porque non foron afectados por oroxéneses posteriores. As concas sedimentarias son de
dous tipos:
• As concas formadas polo afundimento dun bloque dun zócolo a causa das presións da oroxénese alpina
(depresións das mesetas do Douro, do Texo e do Guadiana).
• As depresións prealpinas, localizadas a ambos os dous lados das cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e
do Guadalquivir). A súa orixe explicouse pola descompresión posterior ao levantamento das cordilleiras, que
provocou o afundimento de certos sectores; ou a partir de foxas marinas pouco profundas que quedaron a
ambos os lados do xeosinclinal ao se levantaren as cordilleiras alpinas.
3. A evolución xeolóxica peninsular
O relevo actual da Península é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos. Nela alternaron fases
oroxénicas con outras de calma, nas que predominaron a erosión e a sedimenración.
a) Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000 a 600 millóns de anos) emerxeu do mar unha
banda montañosa arqueada de Noroeste-Surleste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a
actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións en puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Este
macizo precámbrico foi arrasado pola erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares paleozoicos.
b) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese
herciniana. Dos mares que cubrían a maioría da Península xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por
materiais silíceos como granito, lousa e cuarcita. Ao oeste elevouse o Macizo Hespérico, arrasado pola
erosión durante esta era primaria e convertido en zócolo ou meseta inclinada cara ao Mediterráneo. Ao nordés
apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro, e ao sueste, o Macizo Bético-Rifeño.
Todos eles foron tamén arrasados pola erosión durante a era primaria e convertidos en zócolos.
c) A era secundaria ou Mesozoico (225-68 millóns de anos) foi un período de calma no que
predominaron a erosión e a sedimentación. A erosión continuou o desgaste dos relevos hercinianos. A
sedimentación depositou materiais, fundamentalmente calcarios (calcarias e margas*), en dúas zonas cubertas
polo mar. No bordo oriental da Meseta, inclinado cara ao Mediterráneo, as transgresións mariñas* depositaron
unha cobertoira non moi potente de sedimentos. Nas foxas marinas situadas nas actuais zonas pirenaica e
bética deposiráronse, en cambio, enormes espesores de sedimentos.
d) Durante a era terciaria (68-1,7 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese alpina, que
provocou grandes cambios no relevo peninsular:
• Levantáronse as cordilleiras alpinas, ao se pregaren os materiais depositados nas foxas pirenaica e bética
entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Así, xurdiron os Pireneos entre os macizos de Aquitania,
Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose) e as cordilleiras Béticas, entre o Macizo Bético-Rifeño e o
Hespérico.
• Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras: a depresión do Ebro, paralela
aos Pireneos, e a do Guadalquivir, paralela ás cordilleiras Béticas.
• A Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina:
 Pasou a inclinarse cara ao Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de
boa parte dos ríos peninsulares.
 Formáronse os rebordos montañosos orientáis e meridionais da Meseta.
No seu bordo oriental pregáronse os materiais depositados polo mar na era secundaria, orixinando a parte
oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe das Cordilleiras
Béticas levantou Serra Morena.

- O zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas* e


fallas*. Estas últimas orixinaron unha estrutura xermánica, constituida por bloques levantados ou
rexuvenecidos (horst) e bloques afundidos (foxas tectónicas ou graben). Os bloques levantados formaron o
rebordo montañoso do norte da Meseta (o Macizo Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica) e as
serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo). Os bloques afundidos crearon as
depresións interiores ou concas sedimentarias da Meseta (submesetas norte e sur). As fallas tamén deron lugar
a actividade volcánica nalgunhas zonas como o Campo de Calatrava, Olot-Ampurdán e o cabo de Gata.

e) Durante a era cuaternaria (1,7 millóns ata a actualidade) os fenómenos máis destacados foron o
glaciarismo e a formación de terrazas fluviais.

• O glaciarismo afectoulles ás cordilleiras máis altas: Pireneos, cordilleira Cantábrica, Sistema Central,
Sistema Ibérico e Serra Nevada. Deu lugar a dous tipos de glaciares: de circo e de val.

- Os glaciares de circo son acumulacións de xeo na cabeceira dos vales (circo). O xeo e o
desxeo rompen as rochas das paredes do circo, ampliándoo e escarpando as súas formas. Na Península, pola
súa latitude, a maioría dos glaciares foron de circo e cando se fundiron os xeos orixinaron pequenos lagos.

- Os glaciares de val son ríos de xeo. Fórmanse cando o espesor de xeo acumulado no circo é
grande. Entón o xeo das capas inferiores desplázase fóra do circo e esparéxese polo val abaixo. Os fragmentos
rochosos que contén o xeo ensanchan o val, dándolle a típica forma de artesa ou U. Tamén escavan cubetas nas
zonas de rochedo menos resistente, que, ao se fundir o xeo, se converten en lagos. Na Península só os Pireneos
se virón cubertos por unha potente capa de xeo, da que partían cara ao sur dez grandes glaciares, que crearon
vales en U e lagos.

As terrazas fluviais son franxas planas e elevadas situadas ñas marxes dun río. A súa orixe débese ás
alternancias climáticas do Cuaternario. Nos períodos fríos glaciais, o caudal do río é escaso por atoparse a
auga xeada ñas montañas; a súa forza erosiva diminúe e deposita aluvións ou materiais na súa canle (A). Nos
períodos posglaciais, o caudal do río aumenta ao elevarse a temperatura e fundirse o xeo; a súa forza erosiva
aumenta e afonda a súa canle (B), deixando suspendidos ñas súas marxes os aluvións depositados, que
constitúen as terrazas (C). A repetición destes ciclos glaciais e posglaciais durante o Cuaternario creou
terrazas graduadas (D). Na Península as máis características son as formadas polos ríos Douro, Texo,
Guadiana, Guadalquivir e Ebro.

4. O rochedo e os tipos de relevo


A evolución xeolóxica determina a existencia na Península de tres áreas con diferente tipo de rochedo: silícea,
calcaria e arxilosa. En cada unha delas a erosión crea distintos tipos de relevo ou de modelaxe: granítico, cárs-
tico, arxiloso, ou relevos por erosión diferencial.

4.1. A área silícea


A área silícea está integrada por rochas antigás da era precámbrica e primaria.
Localízase maioritariamente no oeste peninsular e presenta ramificacións cara á parte occidental da
cordilleira Cantábrica, o Sistema Central, os Montes de Toledo e Serra Morena. Tamén se localiza noutras
áreas onde quedan restos de macizos antigos: o eixe dos Pireneos; algúns sectores do Sistema Ibérico e da
cordilleira Costeiro-Catalá e da cordilleira Penibética.
A rocha predominante desta área é o granito*, unha rocha, cristalina e ríxida, que se altera de diversas
formas creando distintos tipos de relevo granítico:
Nuns casos, o granito altérase químicamente e en profundidade pola auga: os seus cristais
descompóñense e transfórmase en areas pardoamarelas. Estas poden alcanzar grandes espesores nos vales e
zonas de escasa pendente.
Noutros casos o granito altérase a partir das diáclases ou fracturas da rocha. As formas son distintas
segundo a altitude:
- Nas áreas de alta montaña a auga fíltrase polas fracturas das rochas e, ao xearse, aumenta de volume e
rómpeas. O resultado é a formación de cristas agudas, escarpadas e dentadas (agullas ou galayos) e de
pedregais ou acumulacións de fragmentos de rochas rotas ao pé das montañas.
- Nas zonas menos elevadas as formas dependen da disposición das fracturas. Se as diáclases son paralelas á
superficie, o granito escárnase ou disgrégase lentamente e orixina unha paisaxe de formas suavemente
onduladas e redondeadas, chamadas domos.
Se as diáclases son perpendiculares, fórmanse bolas. Estas poden quedar amontoadas unhas sobre outras
formando barrocais. Neles son típicos os tores (amoreamentos de bolas) e as rochas cabaleiras (bolas situadas
en equilibrio sobre unha das súas superficies menores). Outras veces as bólas dispóñense caprichosamente nas
abas ou ao pé das montañas, constituíndo un caos granítico.

A área calcaria está integrada por rochas da era secundaria pregadas na era terciaria.
A súa localización forma unha Z invertida que se estende polos prepirineos, os Montes Vascos, o sector
oriental da cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico, parte da cordilleira Costeiro-Catalá e a cordilleira
Subbética.
A rocha predominante desta área é a calcaria*, unha rocha dura que se fractura formando gretas ou
diáclases e que se disolve doadamente coa auga. Dá lugar a un relevo complexo, o relevo cárstico, cuxas
formas características son as seguintes:
a) Os lapiás (tamén denominados lenares) son sucos ou cavidades separados por tabiques máis
ou menos agudos. Os sucos fórmanse polas augas de escorrentía sobre as vertentes (lapiás de vertente) ou
sobre superficies chairas con fisuras (lapiás en mesa). As cavidades fórmanse en lugares onde existen
pequenos ocos nos que se almacena a auga (mar de pedra ou lapiás alveolar).
b) As gargantas ou foces son vales estreitos e profundos, enmarcados por vertentes abruptas,
causados polos ríos.
c) Os poljés son depresións alongadas de fondo horizontal enmarcadas por vertentes abruptas.
Están percorridos total ou parcialmente por correntes de auga, que desaparecen súbitamente por sumidoiros
ou pozos (pónors) e continúan circulando subterráneamente. O poljé pode inundarse de forma temporal ou
permanente (transformándose nun lago) se se eleva o nivel das augas subterráneas, ou se a auga recibida en
superficie é máis da que pode infiltrarse polas gretas ou pozos.
d) As dolinas ou torcas son grandes cavidades formadas nos lugares onde a auga se estanca.
Poden ter formas diversas (circulares ou de embude) e unirse con outras veciñas, formando cavidades de
trazado complicado denominadas uvalas.
e) As covas fórmanse ao infiltrarse a auga e circular subterráneamente polas fisuras do terreo
calcario escavando galerías. Nelas adoitan formarse estalactitas a partir da auga, rica en carbonato calcico,
que gotea do teito, e estalagmitas a partir da auga depositada no chan. A auga infiltrada pode volver á
superficie a través de mananciais ou surxencias.
f) As simas son aberturas estreitas que comunican a superficie coas galerías subterráneas.

4.3. A área arxilosa


A área arxilosa está integrada por rochas sedimentarias das eras terciaria e cuaternaria.
Localízase ñas concas das submesetas norte e sur, ñas depresións do Ebro e do Guadalquivir, en áreas
afundidas e nas chairas costeiras* mediterráneas.
A rocha predominante nesta área é a arxila, caracterizada pola súa escasa resistencia. Dá lugar a un relevo
básicamente horizontal, xa que os terreos onde se depositou non sufriron pregamentos posteriores. A súa
rápida erosión, debida á brandura dos materiais, xera dous tipos de relevo:
• Nuns casos, os ríos abren vales que separan estruturas horizontais. Estas son axiña desgastadas, orixinando
chairas suavemente onduladas: as campiñas.
• Nas zonas onde alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias curtas e torrenciais, e non
existe a protección vexetal (Surleste peninsular e zona central do val do Ebro), a auga de arroiada desgasta
intensamente as vertentes. Nelas fórmanse cárcavas ou sucos estreitos e profundos separados por arestas,
que crean unha topografía abrupta similar a unha montaña en miniatura. O seu ampio desenvolvemento sobre
unha zona orixina unha paisaxe peculiar chamada badlands.

4.4. O relevo causado pola erosión diferencial


En cada unha das tres áreas citadas é frecuente a presenza de rochas de distinta orixe e resistencia. A erosión
actúa entón de forma diferencial ou selectiva, dando lugar a distintos relevos segundo a disposición dos
estratos.
a) Cando os estratos son horizontais e alternativamente duros e brandos, os ríos abren vales
que separan ampias plataformas, chamadas páramos, mesas, planas ou alcarrias. Os páramos teñen un cume
horizontal, formado polo estrato duro e flancos cóncavos coincidindo co estrato brando inferior. Os flancos
erosiónanse máis rápidamente, de modo que os páramos se reducen e acaban converténdose en cerros
testemuña ou outeiros de teito horizontal e en antecerros cando desaparece o estrato duro superior.
Paralelamente, ensánchase o espazo que separa os páramos, onde se forman chairas suavemente onduladas ou
campiñas sobre os materiais brandos.
Este tipo de relevo pode observarse ñas concas sedimentarias das mesetas e nas depresións do Ebro e do
Guadalquivir.
b) Cando os estratos están suavemente inclinados e alternan materiais duros e brandos fórmanse costas.
Nelas distínguense un dorso ou reverso, constituido polo estrato duro inclinado, e unha fronte cunha cornixa
de forte pendente, formada pola capa dura, e unha parte interior cóncava na capa branda, onde a erosión é
máis rápida. O retroceso das costas pola erosión dá lugar tamén a cerros testemuña e antecerros.
c) Cando os estratos están pregados e formados por materiais alternativamente duros e brandos, orixinan
os relevos apalachense e xurásico.
• O relevo apalachense fórmase sobre un relevo montañoso herciniano, arrasado e aplanado pola erosión,
que experimenta un posterior levantamento que reactiva a erosión. Esta actúa de forma diferencial e crea un
relevo formado pola alternancia de cristas e vales. As cristas, formadas nos estratos duros, son serras longas,
paralelas entre si e de altitude similar e atópanse separadas por vales abertos pola erosión nos materiais
brandos.
Exemplos deste relevo atópanse na parte occidental da cordilleira Cantábrica, nos Montes de Toledo e en Serra
Morena.
• O relevo xurásico fórmase nas cordilleiras novas. Está constituido por unha alternancia de dobras
convexas (anticlinais*) e cóncavas (sinclinais*). Nos anticlinais a erosión da auga crea vales perpendiculares ao
cumio (cluses) e vales paralelos ao cumio (vales anticlinais ou combes). Unha vez que a erosión perfora así o
estrato duro dos anticlinais, o baleirado é rápido, e convértense en vales entre os cales quedan levantados os
antigos vales sinclinais (sinclinal colgado), de modo que o relevo se inverteu. A erosión do val anticlinal sacará
á superficie o anticlinal do estrato inferior (anticlinal exhumado) e o ciclo reiniciarase.
Exemplos deste relevo atópanse no Sistema Ibérico, na parte oriental da cordilleira Cantábrica, nos Pireneos e
nas cordilleiras Béticas.
5. As grandes unidades morfoestruturais
do relevo peninsular
O relevo peninsular disponse rodeando á Meseta. Esta é unha zona de altas térras dividida en dous sectores
polo Sistema Central: a submeseta norte e a submeseta sur, esta última lixeiramente accidentada polos Montes
de Toledo. A Meseta está circundada por rebordos montañosos (Macizo Galaico, cordilleira Cantábrica, Sistema
Ibérico e Serra Morena) e por dúas depresións exteriores (depresións do Ebro e do Guadalquivir), encerradas a
súa vez por cadeas montañosas periféricas (Pireneos, cordilleira Costeiro-catalana c cordilleiras Béticas).

5.1. A Meseta
A Meseta é unha chaira elevada situada a uns 600-800 metros de altitude. Formouse na era primaria pola
erosión do antigo Macizo Hespérico, xurdido na oroxénese herciniana. Na era terciaria a Meseta foi deformada
e destruida en gran parte durante a oroxénese alpina, de modo que dentro déla poden diferenciarse tres
unidades: o antigo zócolo paleozoico, as serras interiores e as concas sedimentarias interiores.
a) O antigo zocolo paleozoico só aflora hoxe ao oeste peninsular (penechairas zamorano-
salmantina e estremeña). Aquí a erosión eliminou os materiais terciarios que recubrían o zócolo, deixando ao
descuberto os materiais silíceos primarios: granito, lousa e cuarcita.
O relevo está constituido por penechairas ou superficies de erosión moi suavemente onduladas. As modeladas
sobre granito son máis chás (norte de Salamanca) que as modeladas sobre lousa (sur de Salamanca e
Estremadura). As penechairas están accidentadas por montes illa, ou relevos residuais constituidos por
rochas máis resistentes, coma os formados sobre as cuarcitas que salpican a penechaira estremeña. Na zona
de contacto das penechairas coas concas sedimentarias da Meseta, os ríos crean profundas gargantas
(arribes, tajos) ao encaixarse sobre os materiais duros das penechairas.
b) As serras interiores da Meseta son o Sistema Central e os Montes de Toledo. Formáronse na era
terciaria polo levantamento dalgúns bloques do zócolo da Meseta como resultado da oroxénese alpina. Ambos
os dous son de rochedo primario (granito, lousa, gneis) e teñen formas redondeadas e cumios aplanados, posto
que son superficies de erosión* levantadas.
• O Sistema Central é máis alto e divide a Meseta pola metade. As súas serras máis destacadas son
Somosierra, Guadarrama, Gredos, Peña de Francia e Gata.
• Os Montes de Toledo son de menor altura e dividen en dous a submeseta sur, separando as concas do
Texo e a do Guadiana. A súa serra máis importante é a de Guadalupe.
c) As concas sedimentarias interiores da Meseta son as das submcsetas norte e sur. Formáronse na era
terciaria polo afundimento de bloques do zocolo da Meseta como resultado da oroxénese alpina. As concas
consti-tuíron, primeiro, lagos. Logo, enchéronse con materiais terciarios, dispos-tos horizontalmente en
estratos brandos na parte inferior (arxilas, áreas, xesos e margas) e duros na parte superior (calcarias). O
resultado foi un relevo de páramos, campiñas e costas.
• Os páramos son superficies estruturais planas e elevadas formadas polos estratos duros calcarios. Neles a
erosión fluvial labrou vales en U que os cortan e os separan en mesas máis pequeñas. Os páramos localízanse
na zona norte e leste da conca da submeseta norte e na zona leste da submeseta sur (La Alcarria, Mesa de
Ocaña e A Mancha).
• As campiñas son chairas baixas suavemente onduladas percorridas por ríos. Fórmanse onde os páramos
foron erosionados e afloran as arxilas e margas dos niveis inferiores. Nelas son frecuentes os cerros testemuña
ou outeiros, relevos residuais coroados polas calcarias dos páramos. As campiñas máis destacadas son as
percorridas polos ríos Douro, Texo e Guadiana.
• As costas son zonas inclinadas entre os páramos e as campiñas.
A conca da submeseta norte é máis alta (800-850 metros de altitude media); é máis uniforme, xa que toda
ela pertence a unha soa conca hidrográfica (a do Douro), e está case totalmente encerrada por montañas.
A conca da submeseta sur é máis baixa (500-700 metros); está accidentada na súa parte media polos Montes
de Toledo, que a dividen en dúas concas hidrográficas (Texo e Guadiana) e ábrese ao océano Atlántico.

5.2. Os rebordos montañosos da Meseta


Os rebordos montañosos da Meseta son o Macizo Galaico-Leonés, a cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico e
Serra Morena. Formáronse na era terciaria polo levantamento de bloques da Meseta ou polo pregamento dos
materiais depositados polo mar no bordo oriental da Meseta.
a) O Macizo Galaico-Leonés formouse na era terciaria polo levantamento do ángulo noroeste
do zócolo da Meseta durante a oroxénese alpina. Os seus materiais, polo tanto, son paleozoicos. O relevo
presenta montañas redondeadas de pouca altura, cortadas por multitude de fallas. As súas se rras máis
destacadas son Segundera, Cabrera e Os Ancares.

b) A cordilleira Cantábrica ten dous sectores ben diferenciados:


• O sector oeste, ou Macizo Asturiano, formouse na era terciaria polo levantamento deste sector do zócolo
da Meseta durante a oroxénese alpina. Os seus materiais, polo tanto, son paleozoicos. No seu extremo occiden-
tal, a diferente dureza dos materiais (lousas e cuarcitas) deu lugar a un relevo apalachense. No seu extremo
oriental exisre un grande afloramento de calcarias primarias, que constitúe os Picos de Europa. Aquí atópanse
as maiores alturas da cordilleira (Torre de Cerredo, Peña Vieja e o Naranjo de Bulnes).
• O sector leste da cordilleira, a Montaña Cantábrica, formouse na era terciaria polo pregamento de
materiais secundarios depositados polo mar no bordo da Meseta. Estes materiais son, sobre todo, calcarias,
aínda que en certos sectores a diferente dureza dos materiais creou relevos xurásicos.
c) O Sistema Ibérico, é unha cordilleira intermedia, formada na era terciaria polo pregamento
de materiais secundarios depositados polo mar no bordo oriental do zocolo da Meseta. Polo tanto, os seus
materiais son principalmente calcarios, aínda que hai algúns sectores de rochedo paleozoico onde aflora o
zocolo da meseta e de rochedo arxiloso enchendo foxas internas. Na estrutura do Sistema Ibérico distínguense
dous sectores:
• O terzo norte, de dirección Noroeste-Surleste, inclúe as maiores alturas da cordilleira (Picos de Urbión, 2.235
metros). As serras máis destacadas son a Demanda, paleozoica, e o Moncayo, calcaria.
• Desde o sueste de Soria, o Sistema Ibérico bifurcase en dúas ramas: a rama interior ou castelá (serra de
Albarracín, paleozoica, e Serranía de Cuenca, calcaría) e a rama exterior ou aragonesa (serras de Javalambre e
Gúdar, de materiais calcarios). Ambas as dúas están separadas por unha foxa tectónica (a foxa de Calatayud),
que se encheu con materiais terciarios.
d) Serra Morena non é propiamente unha cordilleira, senón un brusco chanzo que separa a Meseta do val do
Guadalquivir. Interpretouse como unha xigantesca falla, pero parece que se trata dunha gran flexión fracturada
en moitos puntos. Formouse na era terciaria polo empuxe dende o sur ao levantarse as cordilleiras Béticas. O
rochedo paleozoico, de cor escura, ao igual que a súa vexetación (xara), danlle o seu nome. As súas serras máis
destacadas son Madrona, Pedroches e Aracena.

5.3. As depresións exteriores da Meseta


As depresións exteriores da Meseta son as dos ríos Ebro e Guadalquivir. Ambas as dúas son concas ou foxas
prealpinas, de forma triangular, formadas na era terciaria paralelamente ás cordilleiras alpinas. Logo
enchéronse con potentes espesores de sedimentos terciarios e cuaternarios; e hoxe constitúen relevos
prácticamente horizontais.
a) A depresión do Ebro é paralela aos Pireneos e atópase pechada por estes, polo Sistema Ibérico e pola
cordilleira Costeiro-Catalá. Ocupa o lugar onde estivo o antigo Macizo do Ebro, que se afundiu mentres se
elevaban as cordilleiras que o bordean. A depresión estivo, primeiro, ocupada polo mar, pero logo pechouse,
transformándose nun gran lago ata fináis da era terciaria, cando o Ebro se abriu paso ata o mar a través da
cordilleira Costeiro-Catalá. Polo tanto, os seus materiais son marinos e continentais, grosos nos bordos da
depresión (conglomerados) e máis finos no centro (pedras de gra, margas, xesos, calcarias e sales). O relevo é
o resultado da diferente dureza dos materiais e do clima árido.
• Os somontes ou pés de monte pirenaico e ibérico son térras chairas, levemente inclinadas, entre as serras
exteriores e o centro da depresión. Están constituidos por conglomerados, materiais grosos e duros
transportados polos ríos dende os relevos montañosos. Neles, sobre todo no somonte pirenaico, a erosión creou
mallos e foxas. Os mallos son torreóns rochosos formados a partir de fracturas verdeáis (mallos de Riglos). As
foxas son depresións sobre materiais máis brandos. Poden ser pequeñas e formar lagoas salgadas e pouco
profundas, de carácter temporal; ou poden alcanzar grandes dimensións (foxa de Huesca e Barbastro).

• No centro da depresión os estratos son horizontais e alternativamente de calcarias duras e de arxilas,


margas e xesos brandos. O resultado é un relevo de mesas ou planas onde se conservan as calcarias, e de
badlands sobre os materiais brandos, dada a aridez da zona.

b) A depresión do Guadalquivir é paralela ás cordilleiras Béticas e disponse entre estas, Serra Morena e o
océano Atlántico. Primeiro estivo abena ao mar. Logo, converteuse nun lago litoral ou albufeira e máis tarde,
por colmataxe*, en marismas pantanosas. Encheuse con arxilas, calcarias e margas marinas. O relevo, dado o
predominio das arxilas, modela campiñas suavemente onduladas. Cando xorden os mantos de calcaría
fórmanse mesas e cerros testemuña ou alcores.

5.4. As cordilleiras exteriores da Meseta


As cordilleiras exteriores da Meseta son os Pireneos, os Montes Vascos, a cordilleira Costeiro-Catalá e as
cordilleiras Béticas. Formáronse na oroxénese alpina da era terciaria, ao pregarse os sedimentos secundarios
depositados ñas foxas oceánicas bética e pirenaica entre antigos macizos que actúan como topes. Polo tanto,
predominan os materiais calcarios.

a) Os Pireneos mostran unha estrutura complexa:


O eixe ou zona axial corresponde ao antigo macizo herciniano de Aquitania, que rexuveneceu na oroxénese
alpina. Está formado por materiais paleozoicos e ten un relevo abrupto, onde se atopan as maiores altitudes da
cordilleira (Montes Malditos cos picos Aneto e Monteperdido).
Os prepirineos atópanse ao sur da zona axial. Formáronse na oroxénese alpina da era terciaria polo
pregamento dos materiais secundarios depositados na foxa pirenaica. Están formados por calcarias e posúen
un relevo máis suave e menos alto có da zona axial. Estrutúranse en dúas aliñacións paralelas ao eixe: as
serras interiores e as serras exteriores.

A depresión media é unha longa e estreita depresión de margas que separa as serras interiores e as serras
exteriores prepirenaicas.

Os Pireneos teñen como prolongación os Montes Vascos e a cordilleira Costeiro-Catalá.

b) Os Montes Vascos, na súa maior parte, prolongan os prepirineos. Polo tanto, son de rochedo
calcario, formas suaves e moderada altitude. O Pirineo axial só aflora no extremo oriental, de rochedo
paleozoico. As súas maiores elevacións son Aralar e Peña Gorbea.

c) A cordilleira Costeiro-Catalá é unha transformación da zona oriental dos Pireneos. Está


separada destes por fallas, que deron lugar a unha re-xión volcánica, moi ben conservada, con máis de corenta
conos. A metade norte da cordilleira está formada por materiais paleozoicos, restos do vello macizo herciniano
Catalano-Balear levantados na oroxénese alpina. A metade sur está constituida por terreos calcarios
secundarios pregados na oroxénese alpina.

A cordilleira está dividida en dúas aliñacións: unha paralela á costa, de escasa altura (Altos del Garraf) e outra
interior máis alta (Montseny, Montserrat). Ambas as dúas están separadas por unha depresión lonxitudinal ou
foxa tectónica, que se encheu con materiais terciarios e cuaternarios, dando lugar a un relevo de outeiros
suaves e vales.

d) As cordilleiras Béticas presentan unha gran complexidade xeolóxica. Estrutúranse en dous


sistemas montañosos separados por depresións.
A cordilleira Penibética bordea a costa. Formouse na era terciaria polo rexuvenecemento do antigo Macizo
Bético-Rifeño. Os seus materiais son paleozoicos e o relevo encerra os cumes máis elevados da Península en
Serra Nevada: os picos Mulhacén e Veleta.

A cordilleira Subbética localízase no interior. Formouse na era terciaria polo pregamento dos materiais
secundarios depositados polo mar na foxa bética ao achegarse a placa africana á ibérica. Estes materiais eran
alternativamente duros (calcarias) e brandos (margas), polo que, ao se pregaren, orixinaron mantos de
corremento e cabalgamentos*, é dicir, desprazamentos horizontais de materiais a considerable distancia do seu
lugar de orixe. As súas serras máis destacadas son Grazalema, Ubrique e Cazorla.
• A depresión intrabética, entre as cordilleiras Penibética e Bética, atópa s e fragmentada en varias
depresións pequenas (foxa de Rolda, Antequera, Guadix e Baza). Encheuse con materiais terciarios, que dan
lugar a unha paisaxe de badlands, dada a aridez do clima.

6. O relevo costeiro peninsular


As costas peninsulares son predominantemente rectilíneas, agás as galegas, o que determina unha
escasa penetración da influencia do mar no interior.

6.1. As formas do relevo costeiro


A morfoloxía das costas está condicionada polo relevo do interior. Os seus principáis accidentes son moi
variados:
Os cabos son saíntes profundos da costa cara ao mar, e os golfos, entrantes profundos do mar na costa.
Os acantilados son costas que penetran no mar cunha forte pendente. Neles a erosión do mar crea covas
nas partes baixas, ao desgastar as zonas de menor dureza; arcos marinos, ao perforar a parte inferior do
acantilado, e farallóns ou águllas rochosas sobre o mar, ao desprenderse a parte superior do arco.
As praias son extensións planas e pouco pendentes de area, grava ou seixos, localizadas ao nivel da costa.
Están formadas por sedimentos continentais e marinos.
As rasas son plataformas de erosión marina paralelas á costa que quedaron elevadas sobre o nivel do mar.
Poden graduarse en varios niveis, constituíndo «serras». Os niveis baixos, ao ser máis recentes, presentan
formas planas, mentres que os máis altos foron atacados pola erosión e non son a planos.
As rías son entrantes costeiros que resultan da invasión polo mar do tramo final dun val fluvial. Este feito
pode deberse ao ascenso do nivel do mar ou ao descenso da codia continental.
As marismas son chairas de lama. Fórmanse en baías baixas, que se enchen cos sedimentos achegados
polos ríos que as atravesan e eos ache-gados polo mar, que as cobre en preamar e as deixa ao descuberto en
baixamar.
As frechas litorais son barras de área que prolongan unha costa rectilínea e areenta cara ao interior dunha
baía. O seu extremo adoita estar curvado cara a térra (frechas de gancho). As frechas fórmanse polo transporte
da área da costa cara ao interior da baía. Se a frecha chega a pechar a fron te da baía denomínase cordón
litoral.
As albufeiras son lagos costeiros salgados separados do mar por un cordón de área que pecha unha baía.
Adoitan acabar converténdose en marismas e colmatándose polas achegas terrestres.
Os tómbolos son barras de área que unen illotes rochosos á costa. Poden ser dobres cando son dúas as
barras areentas, quedando unha lagoa entre ambas as dúas.
Os deltas son saíntes costeiros formados cando o río achega máis sedimentos dos que pode redistribuir o
mar, por tratarse dunha masa tranquila de auga, sen fortes correntes nin excesivas ondas.
As dunas son montículos de área típicos das costas areentas. Fórmanse polo transporte e acumulación de
área polo vento, que queda fixada pola vexetación. O perfil dunha duna é asimétrico: a cara de barlovento ten
unha pendente suave e convexa, mentres que a de sotavento é abrupta e cóncava. As dunas oriéntanse en
función do vento predominante.
6.2. As costas atlánticas

Dentro das costas atlánticas diferéncianse a costa cantábrica, as rías galegas e a costa atlántica andaluza.
a) A costa cantábrica é rectilínea. Os seus accidentes principáis son os acantilados e as rasas. Ademáis, hai
rías, xeralmente curtas e de boca estreita, como as do Nalón e o Nervión; algunhas praias areentas, e
tómbolos, como os de Gijón, Santander e Donostia-San Sebastián.
b) As rías galegas constitúen a costa máis articulada de España. Resultan da invasión polo mar
dos vales fluviais abertos ñas numerosas fracturas do Macizo Galaico. Por estes vales o mar pode penetrar ata
35 quilómetros no interior. Entre elas distínguense as Rías Altas, ao norte, (Ortigueira, Ferrol, Ares e Betanzos,
etc.) e as Rías Baixas, ao sur (Corcubión, Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo). Estas últimas son máis
amplas e pro-rundas.

c) A costa atlántica andaluza ten como accidentes principáis as marismas, como as formadas
na desembocadura do Guadalquivir; as frechas li-torais, como a de El Rompido, e os campos de dunas, como o
de Doñana.

6.3. As costas mediterráneas


Dentro das costas mediterráneas distínguense o sector bético, o golfo de Valencia e o litoral catalán.
a) O sector bético esténdese entre a Peñón de Gibraltar e o cabo de La Ñau. Presenta tramos acantilados
onde as cordilleiras Béticas discorren paralelas ao litoral e tramos de costa baixa que forman unha estreita
chaira litoral creada polas abundantes achegas das cordilleiras Béticas. Tamén son frecuentes os campos de
dunas; as albufeiras, como a do Mar Menor, e as terrazas marinas*, debidas ao levantamento da costa
dende fináis da era terciaria.
b) O golfo de Valencia comprende dende o Cabo de La Ñau ao delta do Ebto. Caracterízase
polas súas praias ampias e areentas, formadas polos depósitos marinos e polos sedimentos do Sistema Ibérico;
as albufeiras, como a de Valencia; os tómbolos, como o de Peñíscola (Castellón) e os pequeños deltas
orixinados por ríos pouco caudalosos ou de carácter torrencial.
c) O litoral catalán esténdese entre o delta do Ebro e a Costa Brava. Presenta costas
acantiladas onde o extremo da cordilleira Costeiro-Catalá chega ata o mar (Costa Brava) e praias e pequeñas
chairas litorais entre os promontotios rochosos. Tamén conta con algúns deltas, como os dos ríos Ebro e
Llobregat.

O relevo insular
O arquipélago balear
Xeoloxicamente, as illas Baleares son un elo entre as dúas cordilleiras alpinas do Mediterráneo: Mallorca,
Eivissa e Formentera son fragmentos emerxidos da cordilleira Subbética, e Menorca está ligada á cordilleira
Costeiro-Catalá.
Mallorca presenta tres conxuntos:
A serra Tramuntana, ao norte, é de rochedo calcario, abrupta, e conten a maior altura do arquipélago, o Puig
Mayor (1.455 metros).
As serras de Llevant, tamén calcarias, non alcanzan os 500 metros. As maiores alturas atópanse no nordés
(macizo de Arta). No extremo sur da illa as serras somérxense para emerxer despois no subarquipélago de La
Cabrera.
A depresión central, ou Pía, entre ambas as dúas serras, é de rochedo anuloso e relevo suave.
Eivissa e Formentera, unidas ata o Cuaternario, repiten o esquema mallorquino: un relevo montañoso
calcario ao norte de Eivissa, un macizo ao leste de Formentera (La Mola) e, entre ambos os dous, unha chaira
que ocupa o sur de Eivissa e case toda Formentera.
Menorca presenta dous conxuntos. A metade norte ten unha aliñación montañosa paleozoica, de baixa altura e
formas suaves, a Tramuntana, que enlaza coa parte norte da cordilleira Costeiro-Catalá. A metade sur, o
Migjorn, é cha, de materiais calcarios secundarios e sepárase da anterior mediante unha falla.
As costas baleares son acantiladas ñas áreas onde os relevos montañosos chegan ata o mar (norte de
Mallorca e de Menorca). No resto, alternan praias longas e areentas con numerosas calas abertas polos
torrentes. Tamén hai algunhas albufeiras (Alcudia, Pollenca e des Grau).
O arquipélago canario
As illas Canarias son de orixe volcánica. Formáronse na era terciaria, cando a oroxénese alpina rompeu o fondo
do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás
illas. Os tipos de relevo máis característicos de Canarias son os seguintes:
Os conos volcánicos son elevacións cónicas abenas no cume. Orixiná-ronse polo amoreamento de materiais
volcánicos arredor da boca de emisión, como cinzas e lapillis ou pedras pequeñas. Algúns son activos en Te-
nerife, La Palma e Lanzarote.
As caldeiras son grandes cráteres circulares, orixinados pola explosión ou afundimento dun volcán. Son
famosas a caldeira de explosión de Ban-dama (Gran Canaria) e a de afundimento de Las Cañadas (Tenerife).
Os malpaíses son terreos abruptos formados ao solidificarse rápidamente as coadas de lava en forma de
ondas ou de bloques.
Os diques ou muretes volcánicos e os roques ou águilas volcánicas son condutos de emisión de magma que se
encheron de lava solidificada e quedaron ao descuberto pola erosión diferencial. Os diques fórmanse cando o
conduto é unha fisura horizontal e os roques cando é a cheminea vertical dun cono volcánico, aínda que tamén
poden estar formados só por rochas máis resistentes á erosión (Roque Nublo, en Gran Canaria).
Os barrancos son vales estreitos, escalpados e de curto percorrido, creados polo encaixamento dos
torrentes no terreo volcánico. Formáronse nunha época de clima máis húmido que o actual, que permitía a
existencia de correntes de auga capaces de provocar esta forte erosión.
As costas canarias reformáronse repetidas veces como consecuencia das erupcións volcánicas. Predominan os
acantilados sobre as praias.
Os grandes acantilados, entre 100 e 500 m, son características dos macizos antigos (costa de Los Gigantes
en Tenerife). Os acantilados de menor envergadura, entre 70 e 100 m, aséntanse sobre os materiais de
erupcións recentes.
As praias ñas illas occidentais son franxas de cantos debido á estreita plataforma litoral; ñas illas orientáis,
a maior anchura da plataforma litoral permite a existencia de praias de área.
O espazo xeográfico galego
1. Situación e límites de Galicia
A Comunidade Autónoma de Galicia, localizada no extremo noroeste da Península Ibérica, abrangue unha
superficie de 29 434 km2, o que supon, aproximadamente, o 5,8% da extensión total de España.
Os seus límites son nítidos: está rodeada por dúas grandes masas de auga (o mar Cantábrico, ao norre, e o
océano Atlántico ao oeste); cara ao sur fai fronteira con Portugal, con quen comparte o río Miño; e cara ao
leste, as cordilleiras orientáis e sudorientais enlazan, ao mesmo tempo que indivi dualizan o territorio, co resto
do estado español.
A imaxe que se deu de Galicia a través de guías de viaxe e, incluso, de antigos estudos de carácter científico,
estivo marcada por unha serie de tópicos que nos mostran un territorio chuvioso, sempre verde, onde a antigüi-
dade do relevo xerou formas moi suaves e de escasa altitude. Non obstante, Galicia presenta unha gran
diversidade xeográfica, con multitu-de de contrastes climáticos e orográficos que condicionaron históricamen te
a distribución da poboación e o desenvolvemento das súas actividades.

2. O relevo de Galicia
O relevo galego organizase mediante unha sucesión de bloques elevados e afundidos que presentan un
aumento xeral das alturas dende a costa cara ao interior. A modo de síntese, pódense diferenciar as seguintes
unidades morfolóxicas:
A franxa litoral. Galicia conta con preto de 1 500 km de costa, a máis extensa da Península Ibérica, que
presentan unha gran diversidade paisa-xística e ambiental. Así, o carácter abrigado das rías, que constitúe o
trazo máis diferenciador do litoral galego, contrasta con sectores de acantilados de gran crueza, como os da
Costa da Motte ou A Capelada, na Coruña, e co carácter rectilíneo da rasa cantábrica, que ocupa un peque-no
tramo de costa cara ao límite con Asturias.
As serras. No extremo oriental de Galicia érguese un paredón rochoso creado por un encadeamento de
serras, entre as que destacan as dos Ancares, O Courel e Eixe, onde atopamos as maiores elevacións. A
intricada configuración deste sector, no que algúns picos superan os 2 000 metros (Pena Trevinca, 2 124 m) de
altitude, dificulta enormemente as comunicacións coa Meseta.
Desde o punto de vista litolóxico, estas serras formadas durante a oroxénese alpina, na era terciaria,
caracterízanse pola súa gran diversidade, con presenza de lousas, cuarcitas, calcarias e pequeñas áreas de
dominio granítico. Esta circunstancia, unida á intensa acción erosiva dos ríos Miño, Eo, Navia e Sil, e aos
procesos de orixe glacial e preglacial, deu lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión de vales e cumios
coroados fundamentalmente por cristas de cuarcita.
Por outra parte, o tránsito entre a Galicia costeira e a interior vén marcado polas serras setentrionais e centro-
occidentais. As primeiras, ao sur do litoral cantábrico, constitúen unha antiga superficie aplanada, que se
elevou ata a cota máxima dos 1 056 m alcanzados no Cuadramón, dentro da serra do Xistral. As elevacións
centro-occidentais, tamén denominadas Dorsal Galega, esténdense de norte a sur, aumentando
progresivamente en altura desde a serra da Faladoira (700 m) ata o Faro de Avión, que se aproxima aos 1 100.
• As superficies de aplanamento. Un dos aspectos máis destacados do relevo galego é a existencia de
ampios sectores aplanados, que acentúan o contraste horizontalidade/verticalidade característico na
configuración do noroeste peninsular. Así, no interior da provincia de Lugo, entre as serras orientáis e a Dorsal
Galega, a denominada Terra Cha supon unha gran superficie cha, situada entre os 600-700 metros de altitude.
Cara ao litoral, nas comarcas de Bergantiños, Alto Xallas, península do Barbanza ou nas terras do Deza, as
chairas presentan dimensións máis reducidas e están intensamente fragmentadas pola rede fluvial.
As depresións interiores. Desde As Pontes de García Rodríguez, ao norte, ata Verín, ao sur, encadéanse
unha serie de pequeñas depresións, orixinadas fundamentalmente durante os movemenros oroxénicos da era
terciaria, que presentan unha dirección dominante norte-sur.
Estas depresións, co fondo cuberto por unha importante capa de materiais sedimentarios de orixe básicamente
fluvial, ofrecen interesantes matices climáticos e bioxenéticos con respecto aos sectores circundantes.

You might also like