You are on page 1of 2

A vía británica pode ilustrarse mellor cun exemplo.

O máis grande dos primeiros industriais do algodón


foi sir Robert Peel (1750-1830), quen á súa morte deixou unha fortuna de case millón e medio de libras —
unha gran suma para aqueles días— e un fillo a piques de ser nomeado primeiro ministro. Os Peel eran unha
familia de campesiños yeomen de mediana condición quen, como moitos outros nos outeiros do Lancashire,
combinaron a agricultura coa produción téxtil doméstica desde mediados do século XVII.
O pai de sir Robert (1723-1795) vendía aínda as súas mercadorías no campo, e non se foi a vivir á
cidade de Blackburn ata 1750, data en que aínda non abandonara por completo as tarefas agrícolas. Tiña
algúns coñecementos non técnicos, certo enxeño para os proxectos sinxelos e para a invención (ou, polo
menos, o bo sentido de apreciar as invencións de homes como o seu paisano James Hargreaves, tecedor,
carpinteiro e inventor da spinning-jenny), e terras por un valor aproximado de 2.000 a 4.000 libras
esterlinas, que hipotecou a principios da década de 1760 para construír unha empresa dedicada á estampaxe
de indianas co seu cuñado Haworth e un tal Yates, quen achegou os aforros acumulados dos seus negocios
familiares como fondista no Black Bull.
A familia tiña experiencia: varios dos seus membros traballaban no ramo téxtil, e o futuro da estampaxe
de indianas, ata entón especialidade londiniense, parecía excelente.-E, en efecto,foino. Tres anos despois —a
mediados da década de 1760— as súas necesidades de algodón para estampar foron tales que a firma se
dedicou xa á fabricación dos seus propios tecidos; feito que, como observaría un historiador local, "é boa
proba da facilidade con que se facía diñeiro naqueles tempos". Os negocios prosperaron e dividíronse: Peel
permaneceu en Blackburn, mentres que os seus dous socios trasladáronse a Bury onde se lles asociaría en
1772 o futuro sir Robert con algún respaldo inicial, aínda que modesto, do seu pai.
Ao mozo Peel apenas lle facía falta esa axuda. Empresario de notable enerxía, sir Robért non tivo
dificultades para obter capital adicional asociándose con prohomes locais ansiosos de investir na crecente
industria, ou simplemente desexosos de colocar o seu diñeiro en novas cidades e sectores da actividade
industrial. Só a sección de estampados da empresa ía obter rápidos beneficios da orde dunhas 70.000 libras
ao ano durante longos períodos, polo que nunca houbo escaseza de capital. Cara a mediados da década de
1780 era xa un negocio moi substancioso, disposto a adoptar calquera innovación proveitosa e útil, como as
máquinas de vapor. Cara a 1790 —-á idade de corenta anos e só dezaoito despois de iniciarse nos negocios
— Robert Peel era baronet, membro do Parlamento e recoñecido representante dunha nova clase: os
industriais. Peel difería doutros esforzados empresarios do Lancashire, incluíndo algúns dos seus socios,
principalmente en que non se deixou arrolar na cómoda opulencia —cousa que podía facer perfectamente
cara a 1785—, senón que se lanzou a empresas cada vez máis atrevidas como capitán de industria. Calquera
membro da clase media rural do Lancashire dotado de modestos talento e enerxía comerciais que se metese
nos negocios do algodón cando o fixo Peel, dificilmente esperaría conseguir moito diñeiro con rapidez. É
quizá característico do sinxelo concepto dos negocios de Peel o feito de que durante moitos anos despois de
que a súa empresa iniciase a estampaxe de indianas, non dispuxese dun "taller de debuxo"; é dicir, Peel
contentouse co mínimo imprescindible para deseñar os patróns sobre os que se asentaba a súa fortuna. Certo
é que naquela época vendíase practicamente todo, especialmente ao cliente nada sofisticado nacional e
estranxeiro.
Entre os chuviosos campos e aldeas do Lancashire apareceu así, con notable rapidez e facilidade, un
novo sistema industrial baseado nunha nova tecnoloxía, aínda que, como vimos, xurdiu por unha
combinación da nova e da antiga. Aquela prevaleceu sobre esta. O capital acumulado na industria substituíu
ás hipotecas rurais e aos aforros dos pousadeiros, os enxeñeiros aos inventivos construtores de teares, teares
mecánicos aos manuais, e un proletariado fabril á combinación duns poucos establecementos mecanizados
cunha masa de traballadores domésticos dependentes. Nas décadas posteriores ás guerras napoleónicas os
vellos elementos da nova industrialización foron retrocedendo gradualmente e a industria moderna pasou a
ser, de conquista dunha minoría pioneira, á norma de vida do Lancashire. O número de teares mecánicos de
Inglaterra pasou de 2.400 en 1813 a 55.000 en 1829, 85.000 en 1833 e 224.000 en 1850, mentres que o
número de tecedores manuais, que chegou a alcanzar un máximo de 250.000 cara 1820, diminuíu ata uns
100.000 cara a 1840 e a pouco máis de 50.000 a mediados da década de 1850. Con todo, sería desatinado
desprezar o carácter aínda relativamente primitivo desta segunda fase de transformación e a herdanza de
arcaísmo que deixaba atrás.

HOBSBAWN, E. J. : Industria e Imperio, páx. 60-62.


DAENS (1992)
Cuestións:
1. En que período cronolóxico se sitúan os acontecementos que se narran na película?
2. En que país está a cidade de Aalst? Que pasou en 1830? Explica os factores que favoreceron a
súa industrialización.
3. A que sector pertence a fábrica da película ?. Comenta a súa importancia na revolución industrial.
Que situación atravesa o sector nese momento? Pona en relación coa que atravesa o sistema
capitalista.
4. Que situacións laborais das escenas que transcorren no interior da fábrica serían hoxe intolerables
nun país desenvolvido? Describe como eran as condicións laborais (xornadas, salarios, condicións
de hixiene e seguridade, medidas disciplinarias, traballo infantil…).
5. Que papel xogou o traballo infantil e feminino na industrialización e que consecuencias tivo?
(consultade a páxina 90 do voso libro de texto para saber máis sobre o traballo infantil e feminino).
6. Ao protagonista, o sacerdote Daens regaláronlle un xornal. O lugar no que llo deron está
relacionado con outro sector punteiro da industrialización. Comentade a súa importancia. Cal é a
ideoloxía dese xornal e por que di Daens que representa unha “competencia”? Que denuncia
Daens no seu artigo? Buscade información sobre a encíclica Rerum novarum e comentade a
postura da igrexa ante os efectos da industrialización na clase obreira.
7. Valora o papel da prensa na difusión do movemento obreiro.
8. Na reunión cos empresarios, a que ideoloxía responde a postura do representante do goberno?
Que opcións expoñen os empresarios para que as súas empresas sexan máis competitivas ? Cal é a
súa principal preocupación? Que consecuencias teñen para os traballadores?
9. Comenta os valores burgueses que se deducen da opinión que lles merecen os traballadores.

XERMINAL (1993)

Cuestións:
1. Que importancia tivo a minería do carbón na revolución industrial?
2. Que tres posturas debaten os mineiros ante a posibilidade de ir á folga?
3. Con que ideoloxía relacionariades cada unha delas?
4. Por que un deles considera inútil a folga como instrumento de presión? A quen cre que
beneficiaría e por que?
5. Que é a Asociación Internacional da que falan? Cal era o seu lema? Relaciona as discrepancias
ideolóxicas dos mineiros cos problemas da devandita organización para materializar o seu lema.
6. Imaxinade que participades nesa reunión. Escollede unha das ideoloxías e defendédea con
argumentos.
7. Esta película está baseada nunha novela homónima. Quen é o seu autor e a que estilo pertence? Que
relación estableceriades entre o devandito estilo e os efectos da industrialización?

You might also like