You are on page 1of 20

SIMULADOR

Autodesk TinkerCAD

David Touceda Bugallo


INTRODUCIÓN:
O simulador TinkerCAD Circuits é un simulador on-line
vía Web, co cal se poden simular circuítos electrónicos
analóxicos e dixitais dun xeito moi visual.
Interésanos especialmente a simulación das placas de
Arduino. Permite a montaxe do circuito virtual, a
codificación do programa e a súa simulación en tempo
real.
Permite incluso xerar os esquemas eléctricos a partir da
montaxe realizada, así como o deseño da placa de
circuito impreso.
Trátase polo tanto dunha ferramenta moi interesante
como complemento da aprendizaxe de Arduino, cunha
serie de vantaxes e desvantaxes.
2
VANTAXES:
Simulador on-line gratuito.‫‏‬
Inclúe placas de Arduino e protoboard completamente
funcionais.
Inclúe a instrumentación electrónica básica virtual:
polímetro, osciloscopio, etc.
A listaxe de compoñentes adicionais vai en aumento.
Permite a compilación directa do programa, así como a
descarga do arquivo do código fonte.
É multiplataforma, ao ser vía navegador Web.

3
DESVANTAXES:
Necesidade de conexión a internet permanente.

É preciso darse de alta cunha conta gratuíta de Autodesk.

Non dispón actualmente de simulación de shields


(Comunicacións Ethernet,bluetooth, etc.)

Trabállase na “nube”, sendo os traballos realizados públicos.


Isto realmente pode ser unha vantaxe para traballos
colaborativos.

 A resposta en tempo real depende da carga de traballo do


servidor.

4
ALTA:
Para empregar a aplicación é preciso estar dado de alta en
Autodesk. Se non temos conta, podemos darnos de alta de xeito
gratuito. Pasos:

1) Acceder á Web oficial : https://www.tinkercad.com

2) Pinchar en “Sign up” e seguir os pasos. Unha vez creada a


conta xa poderemo entrar coa mesma en “Sign in”.
5
Unha vez accedemos debemos seleccionar o apartado “Circuits” e
xa poderemos ver os nosos deseños anteriores, así como xerar un
novo deseño.

6
MONTAXE:
Unha vez aberto o novo circuito, poden engadirse os compoñentes:

7
O cableado realízase dun xeito intuitivo, ao facer click nos pins onde se
desexa inserir o cable:

- Pode seleccionarse o color do cableado.


- Poden realizarse curvas para mellorar a presentación do circuito dando
dobre click no punto onde desexemos e arrastar a continuación.
8
PROGRAMACIÓN:
A programación pode realizarse mediante diagramas de bloques ou
mediante código de Arduino.

9
Imos empregar a programación mediante código, polo que
desactivamos a programción por bloques.

Como pode observarse, por defecto trae un código gravado que se


corresponde ao programa “BLINK”, o cal fai que pestanexe o LED
conectado na E/S dixital 13.

Para compilar e transferir o código hai que premer “Upload &


Run”, co cal xa se inicia a simulación.

10
Unha vez iniciada a simulación pode observarse o contador de tempo, así
como a completa simulación do mesmo. Para poder editar o esquema
deberá premerse o botón “Stop Simulation”

11
Na área dereita da zona de programación existen os seguintes botóns:

• Libraries: Para engadir bibliotecas para comunicacións, manexo de


displays, etc.

• Download Code: Permite descargar o código do programa para poder


cargalo nun Arduino real.

• Debugger: Inclúe as clásicas ferramentas de depuración de


programas.

• Serial Monitor: Permite ler ou escribir caracteres na canle de


comunicación serie.

Algúns destes botóns serán útiles ao longo deste curso.

12
OUTRAS OPCIÓNS:

O botón “HOME” debe empregarse para volver á pantalla inicial e


xerar um novo circuito ou editar algúns dos xerados anteriormente. 13
Listaxe de compoñentes:
Facendo click no botón indicado na seguinte imaxe, xérase
automaticamente a listaxe de compoñentes empregados.

Tamén permite descargar um arquivo CSV cos datos ordenados dos


compoñentes.

14
Propiedades dunha montaxe:
Unha vez pinchamos no botón HOME vemos a listaxe de montaxes
realizadas e podemos abrilas de novo ou editar propiedades das
mesmas.

15
Pinchando no engranaxe podemos asignarlle o nome desexado ao deseño,
descripción, etiquetas e o tipo de licenza que desexemos.

16
Introdución á estrutura dun
programa de Arduino
Para introducir a estrutura do programas, analizamos o programa BLINK,
o cal fai que pestanexe un led de probas conectado ao pin 13. Trátase do
programa “Hola Mundo” de Arduino

int ledPin = 13; // LED probas da placa: pin 13


// Outras variables
void setup() // Bloque de configuración
{
pinMode(ledPin, OUTPUT); // Fixa pin 13 como saída.
}

void loop() // Bloque de execución cíclica.


{
digitalWrite(ledPin, HIGH); // Pon a saída a “1”
delay(1000); // Espera 1 s
digitalWrite(ledPin, LOW); // Pon a saída a “0”
delay(1000);
}

17
TAREFA 1 – SEMÁFORO
• DESCRICIÓN:
– Realizar un programa que simule o funcionamento dun semáforo con
3 leds.

• EXERCICIO:
– Cablear na protoboard 3 leds nos pins dixitais 2,3 e 4.

18
– Esquema de montaxe na protoboard:

19
– Codificar o programa seguinte, completando o que falta e
comprobar o funcionamento:
* Nota: Recoméndase ter á man o exemplo BLINK para completalo.

- Actividade de ampliación (opcional) :


Facer que no proceso de transición de verde a vermello o LED amarelo faga 2
intermitencias de 1 s e soe un zoador conectado no porto dixital 8 ao mesmo tempo
que esas intermitencias. 20

You might also like