You are on page 1of 15

TEMA 1.

A MÚSICA NA ANTIGÜEDADE

TEMA 1. A MÚSICA NA ANTIGÜEDADE ......................................................................... 1


1. A MÚSICA NA PREHISTORIA. ....................................................................................... 2
1.1. INSTRUMENTOS DA PREHISTORIA: .................................................................. 2
2. A SITUACIÓN DA MÚSICA NAS POSTRIMERÍAS DO MUNDO ANTIGO:
MESOPOTAMIA. ....................................................................................................................... 3
3. GRECIA: A HERDANZA GREGA. O SISTEMA MUSICAL GREGO. O
PENSAMENTO MUSICAL. ...................................................................................................... 3
3.1. A HERDANZA GREGA. ............................................................................................ 3
3.2. O SISTEMA MUSICAL GREGO. ............................................................................ 5
3.3. O PENSAMENTO MUSICAL GREGO. .................................................................. 7
3.4. FONTES. ..................................................................................................................... 7
3.5. NOTACIÓN MUSICAL GREGA: O EPITAFIO DE SEIKILOS. .......................... 8
3.6. INSTRUMENTOS. ...................................................................................................... 9
4. A IGREXA CRISTIÁ PRIMITIVA. .................................................................................. 12
4.1. INTRODUCCIÓN. ..................................................................................................... 12
4.2. A HERDANZA XUDAICA. ...................................................................................... 13
4.3. A MÚSICA NA IGREXA CRISTIÁ PRIMITIVA. .................................................. 14
4.4. DIVISIÓNS NA IGREXA E DIALECTOS DO CANTO. ...................................... 14

1
1. A MÚSICA NA PREHISTORIA.

A testemuña máis antiga de producción musical persiste nos instrumentos e nas


representacións iconográficas que sobreviviron.
Os estudos sobre a música prehistórica axúdanse da arqueoloxía, estudando os
restos dos instrumentos musicai e da antropoloxía, comparando as tribus
primitivas actuáis cos pobos prehistóricos.
Existen varias teorías sobre os motivos do nacemento da música: a necesidade
de comunicarse a distancia, chamadas de caza, motivos máxico-relixiosos… A
orixe exacta é descoñecida, debido a que durante moito tempo no se emplearon
máis instrumentos que a voz humana e a percusión corporal, os cales non deixan
rastros arqueolóxicos.
As teorías máis sostibles plantean a aparición da música nunha etapa
simultánea á aparición da linguaxe (coas diferentes modulacións e
interpretacións da linguaxe).
A música no Paleolítico considerabase un recurso máxico, que servía, por
exemplo, para rituais de cacería.
Na música do Neolítico, coa sedentarización de certos grupos humáns, (o que
propicia a aparición de certos traballos rutinarios e de espazos de esparcimento),
desenvólvense cantos, ritmos e danzas.

1.1. INSTRUMENTOS DA PREHISTORIA:

Podemos atopar música tanto na natureza coma nas actividades cotiás:


golpeando dúas pedras, nos latidos do corazón, clavando co martelo…
Entre os restos arqueolóxicos atopamos instrumentos das catro familias;
idiófonos (paos, raspadores, maracas de cabaza, xilófonos etc.),
membranófonos (tambores, mirlitones), cordófonos (gran variedade de arcos) e
aerófonos (frautas, silbatos, cornos, caracolas, lur). Todos estos instrumentos
seguen en uso (excepto o lur).
Un exemplo da música da Prehistoria son os rombos voantes, instrumentos de
óso, madeira e outros materiais que se atan a unha corda e xiran no aire ata
producir un zumbido característico. Ainda persisten estos instrumentos
nalgunhas tribus africanas, na India ou en Australia.

2
2. A SITUACIÓN DA MÚSICA NAS POSTRIMERÍAS DO
MUNDO ANTIGO: MESOPOTAMIA.

Mesopotamia, a terra entre os ríos Tigris e Éufrates, foi o fogar de numerosos


pobis en tempos antigos. Aquí desenvolvéronse as primeiras cidades antigas, a
primeira civilización e unha das primeiras formas de escritura coñecida, usando
impresións sobre tablillas planas de arxila.

Os restos arqueolóxicos e as imaxes son cruciais para comprender a música


desta época. As pinturas amosan cómo se sostiñan e tocaban os instrumentos
e en qué circunstancias usaban a música, mentres que os instrumentos que
sobreviviron revelan detalles da súa construcción.

Os sus repertorios incluían cancións de boda, lamentos funerarios, música


militar, cancións de traballo, cancións infantís, música de danza, de taberna, de
festa e entretemento, música para dirixirse aos dioses ou para acompañar
cerimonias e procesións, así coma poemas épicos cantados con
acompañamento instrumental.

En torno ao 1800 a.C., os músicos babilonios comezaron a anotar o que sabían


no canto de transmitilo únicamente de xeito oral. Os seus escritos describen a
afinación dos intervalos, a improvisación, ás técnicas de interpretación e aos
xéneros. Tamen usaron nomes propios para os intervalos, creando así a
notación musical máis arcaica que se coñece.

A pesar da invención da notación musical, a maior parte da música que se


executaba era de memoria ou ben improvisada, usándoa simplemente como un
documento escrito a partir da cal podían reconstruír unha melodía.

3. GRECIA: A HERDANZA GREGA. O SISTEMA


MUSICAL GREGO. O PENSAMENTO MUSICAL.

3.1. A HERDANZA GREGA.

É moi coñecida a importancia que tivo a música entre os antigos gregos. A


práctica musical, unida á poesía e ao teatro, ocupou un lugar privilexiado na vida
cotiá, polo menos na época clásica, e o recoñecemento do seu poder afectivo e

3
ético fixo que fose considerada como unha actividade prioritaria para a
educación.
O pensamento grego outorgou á música tal capacidade para impoñerse sobre o
ethos dun individuo ou dunha colectividade que non só se lle adxudicou o poder
de educar senon tamén o de corromper. Sen embargo, non temos nin idea de
cómo podía soar esa música. Comunmente créese que a música grega era
monódica. Os instrumentos acompañaban imitando a mesma melodía que o
cantante seguramente de xeito heterofónico. Ademáis disto, coñécese moi ben
a teoría grega, e a súa influencia perdura ata a Idade Moderna atravesando unha
época tan amplia como a Idade Media.
A música grega estaba sometida na súa gran parte á transmisión oral, e como é
natural, nesta música non hai xeito posible de recuperación se non é a través da
propia investigación sobre a tradición. Ainda que a musicoloxía botou man de
sistemas etnomusicolóxicos para achegarse á música antiga grega, o estudo da
tradición popular actual da área grega só pode dar pistas pero non constitúe de
ningún xeito un feito definitivo.
A poesía e a danza (é dicir, a palabra e os xestos) van sempre unidas á música
e sirvenlle de apoio para garantizar a súa difusión. Sabemos que a música
cumplía un papel fundamental na vida dos gregos, e por iso está presente en
todas as celebracións e acontecementos da vida cotiá.
A cultura da antigua Grecia é a orixe de toda a cultura occidental. A arte, a
filosofía e a ciencia que se desenvolveron en Grecia (e en todo o Mediterráneo
oriental) dende o século VIII a. C. puxeron a base — pasada tamén polo filtro
romano— para os desenvolvementos artísticos, filosóficos e científicos da
Europa medieval e moderna.
Na música a situación é algo diferente ao resto das artes: aínda que a teoría
musical grega é abundante e usouse a notación musical, a música grega non
influiu realmente na música europea posterior. Sen embargo, o pensamento
musical grego (a filosofía da música) sí tivo a súa continuidade no pensamento
medieval e moderno de diferentes xeitos.
O coñecemento da música da antigua Grecia é, pois, importante por varias
razóns:
— Os restos conservados da música griega antigua forman o corpus máis
extenso de música «interpretable» da Antigüedade.
— A teoría musical grega transmitiuse á Idade Media e foi a orixe da teoría
musical medieval; posteriormente determinou as teorías musicais (sobre todo
acústicas) do Renacemento.
— O pensamento musical grego, principalmente as teorías do ethos y da
armonía das esferas mantiveronse vivas ata moi entrada a Idade moderna.
A historia da antiga Grecia divídese en tres etapas:
-Arcaica (hasta el siglo VI a. C.)

4
-Clásica (siglos V y VI a. C.).
-Helenística (a partir del siglo III a. C.).
Nas primeiras, o mundo grego abarcaba o entorno do mar EXeo, é dicir, a actual
Grecia xunto coas costas occidentais de Turquía e as illas do Exeo, aparte
doutras colonias.
Na etapa helenística, a cultura grega exténdese —tras as conquistas de
Alejandro Magno— aos territorios de Siria e Exipto, chegando incluso a Persia e
á India, conformando finalmente un «mundo grego» en toda a zona oriental do
Mediterráneo. Nesta última etapa será cando se desenvolva de xeito definitivo a
teoría musical grega, así como a notación.

3.2. O SISTEMA MUSICAL GREGO.

A música grega é sempre monódica, tanto a vocal como a instrumental. O papel


dos instrumentos na música vocal non está claro: poderían doblar a melodía da
voz ou variala, creando así unha textura heterofónica.
A teoría musical grega céntrase polo tanto, no estudo do ritmo e da melodía; e o
obxeto principal de estudo é o intervalo. Existían varios tipos de intervalos, como
os tonos, semitonos ou os ditonos (terceiras) pero os principais, que eles
consideraban consonantes, correspondían a tres proporciones matemáticas
simples:
— Octava (2:1) — Quinta (3:2) — Cuarta (4:3)
O descubrimento destas proporcións atribúese a Pitágoras, no século VI a. C.
Estos tres intervalos determinan as unidades principais do sistema grego.
A unidade básica de construcción de escalas é o tetracordo, que consiste nun
conxunto de catro notas que abarcan unha cuarta xusta. Hai diversos xéneros
de tetracordo, segundo a colocación dos intervalos, pero sempre respetan que
os intervalos máis amplios están sempre entre as notas máis agudas, e os máis
estreitos entre as máis graves. Os xéneros principais de tetracordo son tres:

 Diatónico: 1 tono - 1 tono - ½ tono


 Cromático: semiditono (3ª menor) - ½ tono - ½ tono

5
 Enarmónico: ditono (3ª maior) - ¼ tono - ¼ tono
Xa que a maior parte das melodías excedían o ámbito da cuarta, os tetracordos
combinábanse para construir unidades maiores, heptacordos, oitavas ou oitavas
dobres.
Se a última nota dun tetracordo era tamén a primeira doutro, decíase que eran
tetracordos conxuntos.
Se había un tono enteiro entre elas, entonces eran tetracordos disxuntos.
O ámbito de cada composición non solía extenderse máis aló de unha oitava,
escollida entre as diferentes especies ou modos que ofrecía o sistema e que
eran denominadas con nombres xeográficos de rexións de Grecia (dórica, lidia,
frixia, mixolidia).

DÓRICO: T T S T T T S
FRIGIO: T S T T T S T
LIDIO: S T T T S T T
MIXOLIDIO: T T T S T T S

Finalmente surxiu o sistema perfecto maior. Era a combinación en dúas oitavas


de tetracordos conxuntos e disxuntos alternados.

Tamén existía un sistema perfecto menor, formado por só tres tetracordos,


abarcando unha oitava máis unha cuarta.

6
3.3. O PENSAMENTO MUSICAL GREGO.

Dúas teorías sobre a música da Grecia antiga influíron profundamente no


pensamento musical occidental: “a teoría do ethos” e a “harmonía das esferas”.
Ambas teorías teñen a súa orixe na escola pitagórica, fundada por Pitágoras no
século VI a. C. Os pitagóricos sostiñan que todo o que existe está gobernado por
proporcións matemáticas, dende o movimento dos astros ata a alma humana. A
música, cuxos intervalos responden a proporcións matemáticas simples,
proporciona o modelo para comprender o universo e ó ser humano.
A teoría do ethos (de ἦθος, «carácter») foi desenvolvida por Damón no século V
a. C. e transmitida posteriormente polo filósofo Platón. Defende que a música
pode modificar o comportamento e a persoalidade dos seres humáns, polo que
debe ser a base da educación e da organización social. Según Damón e Platón,
cada estilo musical provoca un comportamento diferente, polo cal certos estilos
deben ser apoiados e outros prohibidos. Esta idea da influencia da música no
comportamento humano mantense durante toda a Antigüedade, atravesa Idade
Media e é a base de gran parte do pensamento musical renacentista, ata
desembocar na teoría dos afectos da música barroca. Durante o Romanticismo
asignouse un ethos a cada tonalidade. Na actualidade, esta idea mantense viva
en áreas como a musicoterapia.
No tocante á harmonía das esferas, consistía na crenza de que os astros, no
seu movimento a través do espazo, producen sons que se combinan para formar
música («harmonía»). Segundo os pitagóricos, os intervalos que se formaban
eran os mismos que utiliza a música feita polo home, polo que o estudo da
música era un camiño para o coñecemento do universo. Esta crenza mantense
ata a idad moderna; así, Kepler, ó enunciar no século XVII as leis de movimento
dos planetas, seguía afirmando que estos producen sons harmónicos. A principal
consecuencia de esta idea foi o estudio dos intervalos, que desembocou na
acústica.

3.4. FONTES.

O principal problema ao que se enfrentan os estudosos do tema é a carencia de


fontes de estudo. En efecto, Se ben os textos e datos sobre a música grega que
nos chegaron son moi numerosos, desgraciadamente son moi escasos os que
falan dela de un xeito claro como para poder facernos unha idea aproximada de
cómo soaba. Ademáis, a maioría dos datos de teoría musical que coñecemos

7
son posteriores ao s. II d. C. e están relacionados coa especulación matemática
e filosófica, e, polo tanto, pouco útiles para estudar a música real.
As primeiras referencias son, inevitablemente, míticas. Existen na mitoloxía
grega abundantes relatos sobre inventores de instrumentos, cantos e melodías.
É difícil discernir qué verdade histórica poden encerrar ditos relatos, pero sí
podemos sacar a conclusión de conxunto de que para a base musical grega
foron moi importantes as aportacións dos pobos exipcio e do Oriente Próximo.
De feito, moitos de estes inventores e músicos, segundo os relatos, procedían
de esas rexións ou aprenderon nelas. Ao longo do II milenio a. C. chegaron a
Grecia influencias musicais orientais, principalmente a través de exipcios e
fenicios, que resultaron decisivas nos instrumentos, formas e expresións
musicaos. Esas influencias fraguaron nunhna serie de mitos que intentaban
explicar as orixes da música.
En definitiva, poucos textos non mitolóxicos chegaron ata nós que aporten datos
claros sobre cómo foi a música na antiga Grecia, pero temos suficientes
testemuñas literarias materiais (cerámica, pintura, escultura e restos
arqueolóxicos) como para supoñer que a música debeu de alcanzar igual
esplendor que as artes plásticas ela poesía, á que estaba totalmente vencellada
e sobre a que tiña incluso prioridade, así como que sufriu influencias decisivas
da cultura exipcia e mesopotámica.

3.5. NOTACIÓN MUSICAL GREGA: O EPITAFIO DE


SEIKILOS.

Son moi poucos os fragmentos de transcripción musical que nos quedaron,


extraídos das inscricións en pedra, de papiros e outros restos arqueolóxicos, e
hai que ter en conta que calquera reconstrucción é unha mera aproximación á
música.
A forma de notación grega era alfabética, as alturas dos sons represéntanse
mediante letras do alfabeto grego. De tódolos xeitos, non se coñece exactamente
o seu significado e lectura.
O ritmo refléxano mediante os pés métricos, usados na poesía, que son uns
signos (raias, puntos ou semicírculos), colocados sobre as letras e que indican
combinacións de valores cortos e largos.
Unha das primeiras fontes de música grega que nos atopamos é “O epitafio de
Seikilos”, que se trata dunha canción inscrita nunha columna funeraria que data

8
do século I D.C. Nesta inscripción podemos ver cómo era esa notación musical
alfabética grega.

Mentras vivas, permanece alegre.


Que nada te perturbe.
A vida é en verdade demasiado breve e o tempo cobra o seu tributo.

AUDICIÓN: Epitafio de Seikilos.

3.6. INSTRUMENTOS.

Sabemos acerca dos instrumentos gregos grazas aos escritos, aos restos
arqueolóxicos e a centos de imaxes nas vasixas.
Entre os instrumentos de corda, o máis destacado foi, sen dúbida a lira. Por
norma xeral tiña sete cordas que eran rasgueadas cun plectro ou púa. Había
varios tipos de liras e as máis características usaban como caixa de resonancia
un caparazón de tortuga sobre o que se extendían as cordas de tripa de boi. O
executante sostiña a lira diante, apoiada na cadera e suxeita ó pulso mediante
unha correa. A man dereita rasgueaba co plectro mentres que os dedos da man
esquerda tocaban as cordas, quizáis para crear armonías ou para mitigar o
silencio dalgunhas cordas.

9
A lira estaba asociada a Apolo, deus da luz, a profecía, a aprendizaxe e as artes,
especialmente a música e a poesía. Aprender a tocar a lira era parte esencial da
educación en Atenas. Tanto homes como mulleres tocaban a lira e usabana
para acompañar a danza, o canto e a recitación da poesía, en bodas ou como
simple entretemento.

A cítara era unha lira grande utilizada especialmente en procesións e


ceremonias sagradas e no teatro, sendo tocaba normalmente mentres o músico
estaba de pé.

Entre os instrumentos de vento o principal era o aulós, que se remonta ao s. VIII


a. C. e cuxa invención atribuían á deusa Atenea, que o lanzou lonxe de sí ao
percatarse de que, ao soplar, afeaballe a cara. Consistía nunha especie de oboe
que se solía tocar por partes. Cada tubo tiña buratos para os dedos e unha
boquilla provista de lengüeta. A afinación e o tono podía variarse mediante a
posición da lengüeta na boca, a presión do aire e a dixitación.

10
Outro instrumento de vento era a siringa, aparecida tardíamente, hacia o s. IV
a. C., que podía ser de un so tubo, semellante á nosa frauta de pico, ou más
frecuentemente de dezaseis canas, dispostas as máis longas no centro e as máis
curtas nos costados, ou viceversa, nunha disposición similar ás frautas de Pan
andinas.
Os gregos tamén usaban a trompeta, o salpinx, de ferro, bronce ou prata, de
tubo estreito de un metro de lonxitude, pabellón esférico pequeno, embocadura
de óso de un metro de lonxitude e cuxo uso era predominantemente militar, aínda
que temos constancia de que se utilizou ás veces en ceromonias públicas
solemnes de carácter relixioso, coma os Xogos Olímpicos. Tiña unha variante
curva, exclusivamente militar, a bicané, parecida á nosa trompa.

No s. III a. C. apareceu un instrumento fundamental no desenvolvemente


posterior da música europea, o hidráulide, inventado por Ctesibio de Alexandría.
Tratábase de un órgano hidráulico que funcionaba presionando un teclado
rudimentario de cobre que mediante uns pistóns e compresores insuflaba aire
por uns tubos e a presión era regulada por certa cantidade de auga que había
no seu interior.

11
Os instrumentos de percusión, contaban cos crótalos (κρόταλα), unha especie
de castañuelas de madeira, os címbalos (κύμβαλα), uns platillos metálicos que
se entrechocaban, o tímpano (τύμπανον), un pandeiro de membrana ou pel
animal tensada nun bastidor, e o roptron (ῥόπτρον), un pequeno tambor.

4. A IGREXA CRISTIÁ PRIMITIVA.

4.1. INTRODUCCIÓN.

A historia da música na Europa medieval está unida á historia da Igrexa cristiá,


a institución social dominante durante casi toda a Idade Media. Os oficios
relixiosos eran máis ben cantados ou entoados no canto de enunciados.
Numerosos aspectos da música de Occidente, dende a notación, á polifonía,
comezaron a desenvolverse no seo da Igrexa occidental. A maioría das escolas
formaban parte da Igrexa e a maior parte de compositores e escritores sobre
música formábanse nela. Ademáis, xa que a notación inventouse para a música
sacra, este tipo de música é a mellor conservada ata o día de hoxe. A Igrexa
deixouse inspirar pola filosofía e a teoría gregas da música, aínda que tamén
promoveu a teoría sobre a práctica para os músicos en formación.

No Imperio Romano, aos súbditos de Roma permitíaselles a práctica das súas


propias relixións sempre e cando venerasen tamén aos deuses e emperadores
romanos. Pero calqueira grupo que venerase a un só deus e negase aos outros
buscando convertir ás xentes supoñian unha ameaza para a relixión do Estado,
e, por ende, para o Estado mesmo. Os cristianos foron perseguidos en distintas
ocasións, tiñan que congregarse en secreto e algúns sufriron martirios. Sen

12
embargo, o cristianismo seguiu captando adeptos, incluso entre as poderosas e
ricas familias patricias.

No ano 313 D.C., un ano despois da súa conversión, o emperador Constantino I


emitiu o Edicto de Milán, polo que se legalizaba o Cristianismo e permitíase a
propiedade privada da Igrexa. Para entonces, o Cristianismo estaba firmenten
establecido na maior parte das cidades do Imperio. No 392, o emperador
Teodosio I convertiu ó Cristianismo na relixión oficial e prohibiu todas as demáis,
con excepción do xudaísmo.
A Igrexa organizouse seguindo o modelo do Imperio, con territorios chamados
diócesis e unha xerarquía de Igrexas locais, obispados e arzobispados
encabezados polos patriarcas de Roma, Antioquía, Alexandría, Constantinopla
e Xerusalén.

4.2. A HERDANZA XUDAICA.

O cristianismo surxiu de raíces xudaicas e algúns elementos das prácticas


relixiosas cristianas derivan das tradicións xudías, principalmente o canto das
escrituras e a entoación dos salmos, poemas de alabanza do libro hebreo dos
Salmos.

Na antigüedade, as sinagogas (os templos xudíos) eran centros de lectura e


homilía antes que de culto. A lectura pública das escrituras realizabase
probablemente cantando, coma nos séculos posteriores, e empregando un
sistema de recitado de textos sagrados basado en fórmulas melódicas que
reflexaban as divisións das locucións do texto. Algunhas lecturas estaban
establecidas para os días e festividades concretas. O canto de salmos
estipulados para certos días convertiuse nun elemento central de todas as
prácticas relixiosas cristiás. E de igual xeito ocurriu coa práctica da sinagoga de
congregarse nunha casa de encontro para escoitar a lectura das escrituras e os
comentarios dos asistentes acerca delas.

Non sabemos a ciencia certa se as melodías cristiás utilizadas na entoación dos


salmos e no canto das escrituras foron adoptadas a partir das empregadas nos
ritos xudíos, xa que ningunha delas foi posta por escrito ata moitos séculos máis
tarde. Pero as similitudes entre as melodías xudías transmitidas pola tradición
oral e as fórmulas melódicas medievales para o canto dos salmos nas igrexas
cristianas suxiren que tivo lugar algún tipo de préstamo ou de mezcla.

13
4.3. A MÚSICA NA IGREXA CRISTIÁ PRIMITIVA.

Os cristianos congregábanse a miúdo con ocasión de cenas en comunidade nas


que cantaban salmos e himnos. Cando, no século IV, medrou o número de
convertidos á nova fe e asentouse tambén o recoñecemento oficial, os pequenos
encontros informales deron lugar a reunións públicas en grandes edificios
rectangulares chamados basílicas. No seu interior, o canto das plegarias e das
escrituras contribuía á intelixibilidade do texto nas dimensións do amplio espazo.
Os crentes máis devotos buscaban unha vida de oración permanente. Vivindo
en total aislaminto como eremitas ou xuntos nos monasterios, cantaban ou
recitaban os salmos moitas veces ao día, como unha forma de oración ou de
meditación. Nas postrimerías do s. IV, as cerimonias cristianas comezaron a
reflexar unha forma estandarizada e o canto convirteuse nun rasgo
característico, tomando os textos tanto do libro dos Salmos como de himnos que
non proceden da Biblia. Esta práctica do canto de salmos e himnos foi codificada
nos ritos da Igrexa medieval e pervive ata o día de hoxe de distintos xeitos.
Coma os gregos da Antigüedade, algúns dirixentes da Igrexa creían que o valor
da música radicaba no seu poder de influír no ethos dos oíntes, para ben ou para
mal. A maioría dos país da Igrexa rexeitaron a idea de cultivar a música por mero
pracer e acolleronse ao principio platónico segundo cal as cousas fermosas
existen para lembrarnos a beleza divina.
Para os líderes da Igrexa primitiva a música era esclava da relixión, e únicamente
a música que facía accesible ao espíritu as ensinanzas cristiás e ós
pensamentos sagrados era digna de ser escoitada na igrexa. Ao considerar que
a música sen palabras non era capaz de lograr todo isto, a maioría dos pais da
Igrexa condenaron a música instrumental. Aínda que os cristianos podían utilizar
a lira para acompañar os himnos e os salmos nos seus fogares, no interior da
igrexa non se utilizaban instrumentos. Por esta razón, toda a tradición de música
cristiá durante máis de mil anos foi a do canto sen acompañamento. Ademáis,
os recén conversos asociaban o canto máis elaborado, os grandes coros, os
instrumentos e a danza con espectáculos paganos.

4.4. DIVISIÓNS NA IGREXA E DIALECTOS DO CANTO.

As disputas entre os teólogos e os gobernantes provocaron distintas divisións


entre os cristiáns durante o primeiro milenio. A división máis significativa do
Imperio tivo lugar no ano 395, quedando fragmentado en:

14
-Imperio de Occidente gobernado dende Roma ou Milán. A igrexa occidental
usaba o latín e pasou a ser coñecida como a Igrexa Católica Romana, e o obispo
de Roma pasou a ser o “papa” ou pai da Igrexa.
-Imperio de Oriente, con centro en Constantinopla (anteriormente Bizancio e
actualmente Estambul). Coñecido posteriormente como Imperio Bizantino, durou
ata a caída de Constantinopla ante os turcos en 1453. A Igrexa oriental seguiu
utilizando o grego e é a antecesora das Igrexas ortodoxas do presente.
A división definitiva dos dous imperios prodúxose no ano 1054.
Os primeiros oficios relixiosos non estaban ríxidamente determinados, senon
que había certas pautas común a todas as Igrexas Cristianas. Cando o
Cristianismo comezou a diversificarse, cada rama ou rexión desenvolveu o seu
propio rito, consistente nun calendario eclesiástico (o calendario dos días nos
que se conmemoraban eventos especiais, persoaxes individuais ou períodos do
ano), unha liturxia (corpus de textos e actos rituais asignados a cada oficio), e un
repertorio de canto chan ou canto (entoación ao unísono de melodías para os
textos prescritos).
Os diferentes repertorios rexionais denomínanse dialectos do canto, en analoxía
aos dialectos dun idioma e eran os seguintes:

-Alexandría
Oriente -Antioquía
-Bizancio

-Canto ambrosiano (Milán).


-Canto mozárabe ou hispánico (España).
Occidente -Canto celta (Irlanda).
-Canto galicano (Francia).
-Antigo canto romano Canto Gregoriano.

AUDICIÓN: En to stavro pares tosa. Canto bizantino

15

You might also like