You are on page 1of 2

DETECTIVES DO PASADO

Reconstruír a Prehistoria é un traballo de detectives. Por iso, propóñovos que realicedes


unha viaxe no tempo a través da rede para descubrir, mediante as realizacións artísticas existentes,
as formas de vida e as crenzas da época. Como bos detectives, daredes a coñecer aos compañeiros
todos os vosos descubrimentos por medio dunha presentación.
Fase de preparación
Organizádevos en grupos e consultade as dúas primeiras direccións web que se inclúen no
recadro: o vídeo sobre a cova de Chauvet e a visita virtual a Lascaux. A continuación, entrade
nesta dirección web. Elixide unha das opcións propostas que pertenza ao Paleolítico. Tamén
podedes investigar calquera exemplo desta época que coñezades ou estea próximo á vosa
localidade.

Fase de realización
1. Descrición do lugar ou emprazamento
Localizade o lugar elixido. Describide cales son as características actuais do territorio e
cales eran entón:
➢ É un lugar de difícil acceso? Atopábase, ou atópase preto dun río ou un lago?
➢ Que tipo de clima existía cando se fixeron as pinturas? Era similar ao actual na rexión?
➢ Que animais habitaban na contorna? Como era a vexetación?
➢ Onde se atopan as pinturas: en covas ou ao aire libre?
➢ Se é unha cova, que estrutura ten?, onde se atopan as pinturas? Exporvos as mesmas
cuestións se analizades un emprazamento ao aire libre.
➢ En que datas aproximadas, segundo os expertos, se realizaron as pinturas?
➢ Atopáronse no lugar restos humanos ou ferramentas? Describide e datade os restos humanos
e as ferramentas.

2. Análise das pinturas (outra web)


➢ Cores: as pinturas son polícromas ou monocromas?, que cores se utilizaron? Engadide, se
queredes, como se facían as cores e con que instrumentos se aplicaban.
➢ Estilo: é realista (naturalista) ou esquemático?
➢ Temática: que se representa: animais ou persoas? As figuras aparecen illadas ou en grupo
formando escenas? Hai signos abstractos? Descifrouse o seu significado?
3. Extraer conclusións xerais
➢ Bastón de mando (arriba) e pinturas xeométricas (abaixo) atopadas na cova de Tito Bustillo
(Asturias).
➢ Deducide da análise das pinturas como vivían os seus autores.
➢ Por que esa obsesión dos habitantes do Paleolítico polos animais? Gustábanlles? Tiñan
mentalidade ecolóxica? Eran supersticiosos? Que tipo de atracción sentían por eles? Para que os
necesitaban?
➢ Por que naceu naquelas persoas a obsesión por representar a realidade en que vivían?
➢ Somos da mesma especie animal que os pintores paleolíticos. En que nos parecemos e en
que nos diferenciamos deles?
Fase de comunicación e publicación
Preparade unha presentación que vos sirva de apoio para expoñer os datos da vosa
investigación, as conclusións sobre o lugar prehistórico que elixistes e os sentimentos que vos
xerou, incorporando texto, imaxes, vídeo, son, etcétera.
Despois, podedes publicala na aula virtual. Incorporade tamén unha liña do tempo común,
na que aparezan unificados e ordenados todos os vosos achados. Podedes facela Timeline ou
algunha aplicación similar como Timetoast.

You might also like