You are on page 1of 75

O PROGRAMA LEADER

EN GALICIA NO
PERÍODO 2007-2013

1
DAVID V.V.
¿QUE É O DESENVOLVEMENTO RURAL?

“É o proceso tendente a mellorar a situación


socioeconómica da comunidade rural, basado nunha
participación activa da poboación e nunha explotación
sostible dos recursos”

“Responder ás necesidades das xeracións presentes sen


comprometer a capacidade das xeracións futuras e
satisfacer as súas”
2
A META DO PDR EN GALICIA

Conseguir un medio rural sólido e viable no horizonte de


2013.

3
CONFIGURACIÓN DA POLÍTICA DE
DESENVOLVEMENTO RURAL

2º Eixo: Mellora do
Medio Ambiente e o
contorno rural

1º Eixo: Mellora 3º Eixo: Mellora da


PROGRAMA calidade de vida
competitividade
DESENVOLVEMENTO nas zonas rurais e
do sector agrario
RURAL DE GALIZA diversificación da
e forestal
economía rural

4º Eixo: LEADER
4
PROGRAMA DE D. R. 2007-2013

1º EIXO.- MELLORA DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR


AGRARIO E FORESTAL

Mellora do potencial humano.


Reestruturación do potencial físico e innovación.
Mellora calidade produtos.

5
O PROGRAMA DE D. R. 2007-2013

2º EIXO.- MELLORA DO MEDIO AMBIENTE E O CONTORNO


RURAL.

Medidas para compatibilizar o exercicio da actividade


agraria e a silvicultura coa conservación da biodiversidade,
dos recursos naturais e a paisaxe.

6
PROGRAMA DE D. R. 2007-2013

3º EIXO.- MELLORA DA CALIDADE DA VIDAS NAS ZONAS


RURAIS E DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL

Medidas orientadas á creación de oportunidades de


emprego complementarias ou alternativas á do sector
agrario e forestal.

7
PROGRAMA DE D. R. 2007-2013

4º EIXO.- PROGRAMA LEADER 2007-2013

Conxunto de medidas do PDR de Galiza 2007-2013 que se


executa baixo metodoloxía LEADER (Interrelacións entre
proxectos de desenvolvemento rural).

8
MEDIDAS ESPECÍFICAS

9
FINANCIACIÓN DOS EIXOS

10
11
FINANCIACIÓN DOS EIXOS

12
FINANCIACIÓN DOS EIXOS

13
FINANCIACIÓN DOS EIXOS

14
¿QUE É O PROGRAMA LEADER?

LEADER é máis un método para mobilizar e fomentar o


desenvolvemento rural que un conxunto pechado de
medidas.

Metodoloxía impulsada pola UE desde 1991 para


desecentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de
xeito que o territorio rural deixe de ser un simple
destinatario destas políticas para converterse en
protagonista do seu propio desenvolvemento.
15
CARACTERÍSTICAS DA
METODOLOXÍA LEADER

Estratexia definida a
nivel local, non
Proxectos centralizada Sector público e
cooperación privado (GDR)

METODOLOXÍA
Traballo en LEADER Deseño e
rede aplicación
multisectorial

Enfoque de
abaixo a arriba Innovación
16
ENFOQUE DE ABAIXO A ARRIBA (BUTTOM UP)

Na planificación e xestión das medidas a toma de decisións


non se fai desde a Administración, senón pola propia
poboación do territorio, que se convirte así en
protagonista do proceso de desenvolvemento.

Consecuencia: a participación efectiva dos axentes


representativos e activos do territorio é a clave do éxito
do programa.

17
AXENTES PÚBLICOS E PRIVADOS (GDR)

A peza central do esquema Leader ven constituída


polos Grupos de Desenvolvemento Rural: conxunto de
axentes públicos e privados que define e aplica un
plano de acción para o seu territorio. Os GDR,
tradicionalmente denominados GAL (Grupos de Acción
Local), contan cun equipo técnico e están dotados de
poder de decisión na planificación das medidas e na
selección dos proxectos que van ser apoiados.Dado o
seu papel central, a boa marcha do programa depende
de que os GDR sexan realmente representativos na súa
composición e participativos na toma de decisións
18
ESTRATEXIA DEFINIDA A NIVEL LOCAL

A actuación dos GDR ten que basearse nun plan de


desenvolvemento adaptado ao seu territorio, que
responda ás necesidades e ás oportunidades que este
ofrece.

19
INNOVACIÓN

Entendida non só como innovacións tecnolóxicas, senón


como a exploración de novos xeitos de enfrontarse aos
retos que cada territorio ten plantexados.

20
DESEÑO E APLICACIÓN MULTISECTORIAL

A estratexia de cada GDR ha de estar basada na


interacción entre os axentes dos distintos sectores da
economía local. O seu contido pode recoller actuacións
que atendan tanto a servizos e calidade de vida como
aos aspectos directamente produtivos; dentro destes
inclúense tanto proxectos vinculados aos sectores
agrario e forestal como á industria, artesanía,
comercio, turismo,…

21
TRABALLO EN REDE

Os plans de cada GDR a nivel local-comarcal teñen que


ir unidos ao establecemento de vínculos con outros
territorios. De aí a relevancia do traballo en rede, para
fomentar a transferencia das boas prácticas e
aprendizaxe mútua.

22
PROXECTOS DE COOPERACIÓN

Nesa mesma dirección sitúase a utilidade de acometer


proxectos de cooperación con outros territorios.

23
¿QUEN PODE PARTICIPAR NO PROGRAMA LEADER?

Todas as entidades públicas ou privadas que desenvolvan a


súa actividade no territorio definido.

Entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal,


medioambiental, profesional, comunidades de montes,
etc…

Non só poden senón que deben implicarse no desenvolvemento do seu


territorio.

24
¿COMO SE PODE PARTICIPAR?

A través dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR),


deseñan e executan o Programa LEADER de cada
territorio.

Asociación sen ánimo de lucro constituída por entidades


do ámbito económico, social, cultural, veciñal,
medioambiental ou profesional que desexen implicarse.

25
MAPA DOS GDR 2007-2013

 31 GDR
 Excluídas as entidades
de poboación de máis de
2000 habitantes e os
parques empresariais
(salvo os que se atopen no
Plan de Reequilibrio
Territorial).
26
A EXPERIENCIA PASADA:

LEADER I (1991- 1994)

27
A EXPERIENCIA PASADA:

LEADER II (1994- 1999)


PRODER I (1994-1999)

28
2000-2006:

LEADER +
1. Euroeume
2. Terras de Miranda
3. Terra Cha
4. Terras do Miño
5. Ordes
6. Neria
7. Portodemouros
8. Ulla-Umia
9. Montes
10.Ribeira Sacra
11.Rio Lor
12.Valmiño
13.Condado-Paradanta
14.Ribeira do Sil
15.Monterrei-Verín
29
16.Val do Limia
2000-2006:

PRODER II
1. Costa Ártabra.
2. Mariña Occidental
3. Terra das Mariñas
4. Sar-Ulla
5. Muros-Noia
6. Deloa
7. Salnés
8. Pontevedra
9. Morrazo
10.Mancomunidade Vigo
11.Baixo Miño

30
2000-2006:

AGADER
1. Ortegal
2. Betanzos
3. Bergantiños
4. Trastámara
5. A Ulloa
6. Eo-Rodil
7. Carballiño
8. Avinza
9. Valdeorras
10.Conso-Frieiras

31
RESUMO PERÍODO 2000-2006:

98,85% Territorio (excpt. núcleos das 7 maiores cidades).


65,80% da poboación.
Reducido marxe de actuación no ámbito agrario e pouca
implicación dos axentes do territorio relacionados con
este sector.

Nº GRUPOS FONDOS/GRUPO €/KM2 €/HABITANTE


LEADER+ 16+3 5,18 M/€ 4.066 109
PRODER II 11 5,63 M/€ 14.719 75
AGADER 10 5,14 M/€ 10.408 224
32
CARACTERÍSTICAS DOS GDR

 Asociación sen fins de lucro.


 Conxunto representativo de Axentes Públicos e
Privados do Territorio.
 Principio de “Portas Abertas”.
 Os representantes privados teñen maioría nos
órganos de decisión (máis do 50%).

33
CARACTERÍSTICAS DOS GDR

 Obrigatoriamente nos órganos de decisión estarán


representados: Cooperativas agrarias, organizacións
profesionais agrarias, asociacións de mulleres,
asociacións de mozos (sempre que existan no
territorio).
 Organizados en mesas sectoriais.

34
ÓRGANOS DE GOBERNO DO GDR

ASAMBLEA XERAL

Mesa Mesa Mesa Mesa Mesa


sectorial sectorial sectorial sectorial sectorial

XUNTA DIRECTIVA

35
¿COMO FUNCIONAN OS GDR?

1. ELABORA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO.


2. DINAMIZACIÓN E DIFUSIÓN DA ESTRATEXIA.
3. XURDIMENTO DE PROXECTOS.
4. ANÁLISE E VALORACIÓN DOS PROXECTOS.
5. ACORDO DE ATRIBUCIÓN DA AXUDA.
6. ELEVAR PROPOSTA A AGADER.
7. AGADER APROBA AXUDA.
36
ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO

1. Análise e diagnose
1.1. Situación xeográfica
1.2. Análise sociodemográfica
1.2.1. Volume e distribución espacial da poboación
1.2.2. Estrutura demográfica
1.2.3. Nivel de instrucción
1.2.4. Indicadores de calidade de vida
1.2.5. Tecido asociativo
1.2.6. Elementos culturais propios do territorio
1.3. Mercado de traballo
1.4. 37Análise sectorial
ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO

2. Determinación de debilidades e potencialidades


3. Obxectivos
“Débense definir os obxectivos xerais a acadar
mediante a aplicación do programa LEADER, así
como unha serie de obxectivos intermedios para
acadar os obxectivos xerais”

38
AXUDAS DO PROGRAMA LEADER 2007-2013

 Calquera persoa física ou xurídica do territorio.


 Os promotores non precisan estar no GDR.

TIPOS DE PROXECTOS
 Proxectos produtivos: os que se orixinan a producir
bens ou prestar servizos dirixidos ao mercado.
 Proxectos non produtivos: destínanse a ofrecer
servizos públicos gratuítos, a dotacións ou a mellorar a
calidade 39
de vida no rural.
ACTUACIÓNS ELIXIBLES
PROGRAMA LEADER 2007-2013

ARTICULANSE EN TRES LIÑAS:

411.- Aumento da competitividade do sector


agroforestal
412.- Mellora do medio ambiente e do medio
rural
413.- Mellora da calidade de vida nas zonas
rurais e diversificación da economía rural
40
ACTUACIÓNS ELIXIBLES
PROGRAMA LEADER 2007-2013

411.- Aumento da competitividade do sector


agroforestal
1.2.1 Modernización das explotacións agrarias
• Posta en marcha de proxectos agrarios e
silvopastorís en MVMC.
• Proxectos de experimentación.
• Recuperación de variedades tradicionais.
• Apoio a novas producións.
• Producións extensivas en áreas sensíbeis
41 ambientalmente.
ACTUACIÓNS ELIXIBLES
PROGRAMA LEADER 2007-2013

• Mellora da eficiencia enerxética da explotación.


• Aplicación de TICs nas explotacións agrarias.
1.2.2 Aumento do valor económico do monte
(proxectos singulares en MVMC ou asociacións de
propietarios).
1.2.3 Aumento do valor engadido dos produtos
agrarios e forestais.
1.2.4 Cooperación para o desenvolvemento de
novos produtos, procesos e tecnoloxías no sector
agrario, alimentario e forestal.
42
ACTUACIÓNS ELIXIBLES
PROGRAMA LEADER 2007-2013

412. Mellora do medioambiente e do medio


rural
2.1.6 Investimentos non produtivos en explotacións
agrarias.
2.1.6 Investimentos non produtivos en espazos
forestais.

43
ACTUACIÓNS ELIXIBLES
PROGRAMA LEADER 2007-2013

413. Mellora da calidade de vida nas zonas rurais


e diversificación da economía rural
3.1.1 Diversificación cara actividades non agrarias.
3.1.2 Creación e desenvolvemento de microempresas.
3.1.3 Fomento de actividades turísticas.
3.2.1 Prestación de servizos básicos para a economía e a
poboación rural.
3.2.2 Renovación e desenvolvemento de poboacións
rurais.
3.2.3 Conservación e mellora do patrimonio rural.
44
3.3.1 Formación e información.
ACTUACIÓNS ELIXIBLES
PROGRAMA LEADER 2007-2013

TIPOLOXÍA DOS PROXECTOS:

PROXECTOS PRODUCTIVOS DESTINARASE COMO MÍNIMO


75% DO ORZAMENTO

PROXECTOS NON PRODUCTIVOS ATA O 25% DO


ORZAMENTO

45
GDR 29 – AS MARIÑAS-BETANZOS

46
Entidades singulares de

TERRITORIO Municipios non incluidos


nas zonas de reequilibrio
do Plan de Reequilibrio
poboación de máis de 2000
habitantes (excluídos do
ámbito de actuación dos

GDR - 29
Territorial de Galicia GDR)

ARTEIXO

VILARRODÍS

OSEIRO

ABEGONDO ARANGA MEICENDE

ARTEIXO PASTORIZA

ARTEIXO BETANZOS CAMBRE

A BARCALA
BERGONDO CESURAS O GRAXAL

CAMBRE COIRÓS CAMBRE O TEMPLE

ACEA DA MA

CARRAL IRIXOA O BURGO

FONTECULLER
CULLEREDO MIÑO CULLEREDO VILABOA

OLEIROS OZA DOS RÍOS PORTO DE SANTA CRUZ

OLEIROS PERILLO
SADA PADERNE MIÑO MIÑO

SADA SADA
47
REPRESENTACIÓN GDR - 29

DISTRIBUCIÓN DAS MESAS SECTORIAS


ENTIDADES PÚBLICAS 19
1. MESA DO SECTOR AGRARIO, GANDEIRO E COOPERATIVO
ENTIDADES PRIVADAS 91
2. MESA DO SECTOR FORESTAL E DA MADEIRA
3. MESA DE ASOCIACIÓN DE MULLERES
MEMBROS XUNTA DIRECTIVA 4. MESA DE ASOCIACIÓN XUVENÍS E COLECTIVOS XUVENIS
SECTOR SECTOR 5. MESA DE ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS, RECREATIVAS, DE
PÚBLICO PRIVADO VECIÑOS, CULTURAIS, ANPAS
6. MESA DE ARTESANÍA
10 16 7. MESA DE ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS MEDIOAMBIENTAIS
OU ACTIVIDADES NA NATUREZA
8. MESA DO SECTOR DE TURISMO E HOSTELERÍA
9. MESA DE ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS
MULTISECTORIAIS
10. MESA DE COLECTIVOS DE INTERESE SOCIAL,
DISCAPACIDADE E ONG´S
11. MESA DO SECTOR INSTITUCIONAL
12. MESA DA ADMINISTRACIÓNS LOCAIS
48
13. MESA DA PESCA, MARISQUEO, ACUICULTURA
DIAGNOSE NO SECTOR
AGROFORESTAL GDR - 29

DEBILIDADES

• ACCESO AO ASESORAMENTO.
• BAIXO PODER DE NEGOCIACIÓN DOS PRODUTORES FRONTE A
COMERCIALIZADORES.
• REDUCIDAS PRODUCIÓNS CON CERTIFICADOS DE CALIDADE.
• EXPLOTACIÓNS AGROFORESTAIS NON DIMENSIONADAS.
• ENVELLECEMENTO E BAIXO RELEVO XERACIONAL.
• DEFICIENTE ESTRUTURA COMERCIAL.
• BAIXO MARXE COMERCIAL DAS PRODUCIÓNS AGROGANDEIRAS.
• INEXISTENCIA DE CULTURA FORESTAL E BAIXO GRAO DE
ASOCIACIONISMO. 49
DIAGNOSE NO SECTOR
AGROFORESTAL GDR - 29

FORTALEZAS
• PRODUCIÓNS VALORADAS POLOS CONSUMIDORES (PAN CARRAL,
CEBOLA BETANZOS, PRODUCIÓN HORTÍCOLA, COGUMELOS,…).
• EXISTENCIA DE ASOCIACIÓNS DE PRODUTORES.
• PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DE CASTES AUTÓCTONAS (TRIGO-PAÍS,
BRANCO LEXÍTIMO, LÚPULO, GALIÑA PIÑEIRA).
• ELEVADA PRODUCIÓN DE MADEIRA E EMPRESAS DE TRANSFORMACIÓN.
• EXISTENCIA DO CIAM.
• EXISTENCIA DUNHA “CULTURA DO VIÑO” NO TERRITORIO, LIGADA Á
HISTORIA E Á PAISAXE.

50
DIAGNOSE NO SECTOR
AGROFORESTAL GDR - 29

OPORTUNIDADES
• DEMANDA ELEVADA TRIGO-PAÍS POLAS PANADERÍAS.
• AMPLIACIÓN TERRITORIO I. X. “VIÑO DA TERRA DE BETANZOS”.
• INMINENTE RECOÑECEMENTO CASTE “BRANCO LEXÍTIMO”.
• DIMENSIONAR AS EXPLOTACIÓNS A TRAVÉS DO BANTEGAL.
• AVANZAR NA VALORIZACIÓN DO MONTE A TRAVÉS DAS SOFOR.
• BOA IMAXE DAS PRODUCIÓNS GALEGAS.
• INMINENTE REGULAMENTO DE ARTESANÍA ALIMENTARIA.
• FINANCIACIÓN EUROPEA PARA PROXECTOS (2007-2013).

51
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVO XERAL

Asegurar un modelo de desenvolvemento sostible


nos espazos rurais no Territorio.

52
ESTRATEXIA GDR - 29

SOSTIBILIDADE SOSTIBILIDADE
ECONÓMICA SOCIAL
SOSTIBILIDADE
TERRITORIAL

SOSTIBILIDADE
AMBIENTAL
53
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS - SOSTIBILIDADE ECONÓMICA


1. A Mellora da xestión das explotacións agrícolas (inversións para reducir
a factura enerxética; incremento da base territorial das explotacións,
as inversións para introducir as TIC´s e novas tecnoloxías; a inversións
para experiencias piloto de depuración e valorización de subprodutos
agrícolas e gandeiros).

2. A diversificación das producións agrogandeiras e forestais


(incorporación de novas técnicas de enoloxía e produción de queixo;
incorporación de novas producións de cogumelos; incorporación de
variedades locais e tradicionais de trigo-país, centeo, vides, froiteiras,
ecotipos hortícolas (repolo, cebola chata da comarca de Betanzos); introdución
de producións ecolóxicas, plantas aromáticas, culinarias e medicinais; a
produción de planta ornamental e forestal) 54
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS – SOSTIBILIDADE ECONÓMICA


3. Aproveitamento de terras improdutivas (incentivos para o
establecemento de producións ecolóxicas en zonas da Rede Natura
2000).

4. Aumentar o valor engadido das superficies forestais (inversións para os


acordos de custodia do territorio, recuperación de bosques autóctonos,
aproveitamentos silvopastorís e complementarios do monte; axudas e
infraestruturas para aproveitamento da biomasa forestal; as inversións
cara o aproveitamento turístico das actividades cinexéticas).

55
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS – SOSTIBILIDADE ECONÓMICA


5. Aumentar o valor engadido dos produtos agrogandeiros e forestais
(agrupación das producións agroforestais e comercialización en común
mediante circuitos curtos, baixo unha denominación de calidade;
modernización das industrias de 1a e 2a transformación da madeira; a
modernización de adegas integradas en Viño da Terra de Betanzos;
incorporación da innovacion e mellora da eficiencia enerxética;
introdución de melloras na calidade e trazabilidade dos produtos).

6. Fomento da Cultura da innovación do territorio (inventarios de


oportunidades empresariais no territorio; accións de transferencia de
investigacións en marcha, tanto agrícolas (CIAM), coma forestais (CIS
Madeira).
56
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS – SOSTIBILIDADE ECONÓMICA


7. A xeración de emprego mediante a ampliación, modernización ou
traslado de PEMES, en sectores distintos á da actividade agraria
(creación de servizos de apoio ao I+D+i empresarial e para a xestión do
crecemento das empresas; incentivos para creación de emprego;
actuacións para o fomento da cultura emprendedora en mulleres e
mozos especialmente; programas para incorporación de innovación nas
empresas; programas para inserción laboral de discapacitados e
colectivos en risco de exclusión; apoio á creacion de centros especiais
de emprego; incentivos para mellora da xestión ambiental das
empresas).

57
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS – SOSTIBILIDADE ECONÓMICA


8. Diversificación das explotacións agrarias cara actividades non agrarias
(axudas para a elaboración e vendade produtos agrarios e artesanais en
circuitos curtos, mellora das instalacións nas explotacións para ofrecer
servizos turísticos complementarios ou de aloxamento; incentivar o
xurdimento de servizos educativos culturais, recreativos e ambientais
asociados á valorización do patrimonio natural e cultura ou a
ecosistemas agrarios e forestais)

58
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS – SOSTIBILIDADE SOCIAL


1. Apoio á creacion de servizos para a mellora da calidade de vida á
poboación rural (creación e xestion de "Bancos de Tempo"; creación de
servizos no medio rural).

2. Mellorar a formación de emprendedores (formación especifica).

3. Fomento das actividades turísticas ligadas ao Medio Natural (apoio á


creación, mantemento e divulgación de pequenas infraestruturas
temáticas (puntos información, observatorio aves, etc.); a creación
roteiros culturais, ambientais, etnográficos, patrimoniais; actuacións
para a posta en valor da cultura castrexa e megalítica; a recuperación
de camiños tradicionais; a creacion de paquetes turísticos coa oferta do
territorio) 59
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS – SOSTIBILIDADE SOCIAL


4. Fomentar o desenvolvemento de poboacións rurais e a conservación do
patrimonio (actuacións dirixidas ao fomento da cultura propia do
territorio (actos culturais, concursos, etc); accións de mellora do
patrimonio rural; accións para o mantemento e recuperación de
sistemas silvopastorís en MVMC e SOFOR).

5. A incorporación de mozos e mulleres á actividade agraria (posta en


marcha de polígonos agrícolas).

60
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS – SOSTIBILIDADE SOCIAL


6. Mellorar o "capital social" no territorio (formación, animación e
sensibilización para acompañar o proceso de desenvolvemento rural
(posta en marcha de servizos de aconsellamento; sensibilización sobre o
uso de herbicidas e pesticidas; fomento das novas tecnoloxías no rural;
accións e proxectos piloto para favorecer a mobilidade da terra;
accións para dinamizar a diversificación de producións; accións para o
fomento da agricultura ecolóxica e integrada; accións para o fomento
do asociacionismo e cooperativismo no sector agrario e forestal; as
accións para o fomento da agricultura ecolóxica e integrada; proxectos
piloto de participación social na ordenación territorial de parroquias;
formación dos axentes turísticos; accións de divulgación, sensibilización
e participación para a poboación local.
61
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS – SOSTIBILIDADE AMBIENTAL


1. Conservación e mellora da paixase (a recuperación de elementos
históricos, naturais, culturais e patrimoniais representativos da paisaxe
do territorio; catalogación e valorización da paisaxe do territorio; a
rexeneración de bosques de interese ambiental; as inversións para
mellora de xestión ambiental dos montes e de espazos de interese
ambiental).

2. A recuperación biótica dos ríos e os espazos ligados a canles fluviais


(rexeneración de bosques de ribeira e brañas; actuacións de cara a
identificar e controlar os emisarios contaminantes nas fontes e canles
fluviais; a limpeza e adecuacion dos canles fluviais; as actuacións de
cara á mellora da calidade da auga nas fontes tradicionais; a
recuperación de fontes, manciais e muíños, asi como de camiños
62
ligados aos canles fluviais).
ESTRATEXIA GDR - 29

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS – SOSTIBILIDADE AMBIENTAL


3. Fomentar o uso social, educativo e recreativo do territorio (creación
de parques de interese botánico; inversións en MVMC para o uso social;
actuacións de formación e boas prácticas; accións de sensibilización).

4. Mellorar a sostibilidade do territorio e mellorar o coñecemento do


entorno natural (recuperación hábitats; sensibilización e divulgación
medioambiental; reforzar os servizos das entidades locais de medio
ambiente e sostibilidade; a promocion de medidas de aforro e
eficiencia).

5. Investimentos non produtivos nas explotacións agrarias (accións para


eliminar os impactos ambientais das actividades agrarias (xestión de
residuos, filtración a canles, instalacións de filtros verdes; animación
63
para o uso de ferramentas para mellora da xestión das terras).
CRITERIOS DE SELECCIÓN DE
PROXECTOS PRODUTIVOS
GDR - 29

64
CRITERIOS DE SELECCIÓN DE
PROXECTOS PRODUTIVOS
GDR - 29

65
CRITERIOS DE SELECCIÓN
DE PROXECTOS
NON PRODUTIVOS GDR - 29

66
CRITERIOS DE SELECCIÓN
DE PROXECTOS
NON PRODUTIVOS GDR - 29

67
ALGÚNS PROXECTOS
REALIZADOS GDR - 29
AGROALIMENTARIA DO EUME
OBXECTIVOS:
Valorización das producións locais.
Garantir a trazabilidade.
Acadar distintivos diferenciadores.
PROMOTOR: Eliminar intermediarios.
A.D.R. Euroeume Incentivar o emprego agrario.
Produtores do territorio Asistencia técnica aos produtores
DESCRICIÓN: ACTUACIÓNS:
Asociación integrada por empresas, Dinamización do sector.
cooperativas, agricultores e persoas Diagnose producción agroalimentaria.
ligadas á produción e transformación Acondicionamento dun local (centro
no mundo agrario. de recepción, manipulación e
Búsqueda de fórmulas para impulsar almacenaxe).
o sector primario no territorio. 68
ALGÚNS PROXECTOS
REALIZADOS GDR - 29
VIÑO DA TERRA DE BETANZOS
PROMOTOR:
GAL Terra das Mariñas
Fundación Comarcal Betanzos
Asoc. Viticultores e Adegueiros VTB
Consellería do Medio Rural

SITUACIÓN PARTIDA: DESCRICIÓN:


Descoñecemento variedades (Branco Caracterización de variedades.
Lexítimo e Agudelo). Incremento territorio de produción.
Falla de cohexión do sector. Convenio coa Agroalimentaria.
Baixa produción polo reducido Apoio actos promocionais.
territorio. Apoio técnico á Asoc. Viticultores
69
ALGÚNS PROXECTOS
REALIZADOS GDR - 29
MELLORA PRODUCIÓNS QUEIXO
PROMOTOR:
GAL Terra das Mariñas
Asoc. Queixeiras de Abegondo e
Comarca

OBXECTIVOS: DESCRICIÓN:
Identificar as liñas de actuación para Realización dunha diagnose.
mellorar a calidade e a Diferenciación do produto.
competitividade dese colectivo de Afortalamento deste colectivo,
produtores ampliando o ámbito territorial.
Realización de accións formativas
Apoio á Asociación.
70
ALGÚNS PROXECTOS
REALIZADOS GDR - 29
POSTA EN VALOR DO PAN DE CARRAL
PROMOTOR:
GAL Terra das Mariñas
Asoc. Panadeiros de Carral

OBXECTIVOS: DESCRICIÓN:
Valorización e diferenciación desta Deseñado un sistema para asegurar a
produción agrolimentaria. trazabilidade.
Animar producións de trigo país e Elaborado a documentación necesaria
cebola. para solicitar a I.X.P. “Pan de Carral”.
Asegurar a trazabilidade.
71
ALGÚNS PROXECTOS
DE DR DO GDR - 29
BAIUCAS DAS MARIÑAS
PROMOTOR:
GAL Terra das Mariñas
Hostaleiros da comarca

OBXECTIVOS: DESCRICIÓN:
Creación dunha rede de restaurantes Creación e modernización de 4
con encanto. establecementos.
Ofrecer un servizo de calidade. Formación e compromiso de calidade.
Valorizar os produtos Oferta de produtos agroalimentarios
agroalimentarios do territorio.
72
Enlaces de interese

 http://mediorural.xunta.es/areas/desenvolve
mento_rural/presentacion/
 http://mediorural.xunta.es/institucional/norm
ativa/desenvolvemento_rural/
 http://mediorural.xunta.es/areas/desenvolve
mento_rural/pdr_2007_2013/medidas/
 http://mediorural.xunta.es/fogga/organizacion/
 http://mediorural.xunta.es/areas/desenvolvemento_rur
al/pdr_2007_2013/normativa_e_documentos/
 http://gdr29.blogspot.com/

73
Enlaces de interese
 http://ec.europa.eu/agriculture/rurdev/index_es.htm
 http://agader.xunta.es/EixoLeader_Preparacion.do

 http://agader.xunta.es/EixoLeader.do
 http://www.comarcasdegalicia.com/
 http://mediorural.xunta.es/nc/fogga/politica_
agraria_comun/axudas_directas/?axuddev&
idcomp&idcompobx
 http://mediorural.xunta.es/nc/fogga/politica_agraria_co
mun/axudas_directas/?ctexpsust&ctexpsustobx

74
¡¡¡MOITAS GRACIAS !!!

75
DAVID V.V.

You might also like