You are on page 1of 77

Xornadas de COORDINACIÓN

entre o EOE e os
Departamentos de Orientación

José Raposeiras Correa

Xefatura Territorial da Consellería de Cultura,


Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra.
Equipo de Orientación Específico

Vigo / 5 de abril e 9 de maio de 2018


¿Que orientación e para que sociedade?
PRESENTE e FUTURO
ORIENTACIÓN VOCACIONAL e PROFESIONAL
GUIÓN / TEMÁTICAS

 Introdución / xustificación.
 Orientar, reorientar e motivar.
 EUROPA / Estratexia 2020.
 ¿Que nos piden as empresas?: presente
e futuro do alumnado.
 Proposta de contidos para a
elaboración do POAP: a orientación
profesional coordinada.
GUIÓN / TEMÁTICAS

 Competencias básicas para o futuro


sociolaboral do alumnado con
barreiras de aprendizaxe.
 ¿Aprendemos uns dos outros?
Propostas, bibliografía, Webgrafía …
 Obradoiros / traballo por grupos
entre orientadores e orientadoras
participantes nas xornadas, sobre
temáticas propostas ou suxeridas.
GUIÓN / TEMÁTICAS

 A modo de debate, intercambio de


experiencias/opinións e conclusións
para unha mellor coordinación entre
os Departamentos de Orientación e o
EOE (especialidade de Orientación
Vocacional e Profesional). Ao
respecto facilitaranse documentos,
recursos e materiais en soporte dixital.
joseraposeiras@edu.xunta.es
INTRODUCIÓN
 Preparación mundo laboral …Acomodar a
capacitación ás esixencias de cada momento
… Cambios … Proxecto persoal ou
Biografía profesional …
INFORMACIÓN / FORMACIÓN
A información non é sinónimo de orientación

Aprendizaxe ao longo da vida ...


INTRODUCIÓN

Orientación Académica e Profesional

• Persoas con barreiras para a participación


e a aprendizaxe (NEAE / NEE).
• Persoas cun nivel de desenvolvemento
cognitivo situado dentro da media.
• Persoas con altas capacidades.
INTRODUCIÓN

Intervención - accións dos DO / EOE

Orientación psicopedagóxica
Orientación Profesional
EI, EP, ESO, BACH, FP, EE, ES, outras …
INTRODUCIÓN

>>> ¿Cal é a situación actual da


orientación profesional nos centros
educativos?
Capítulo 3: “Responder a las
necesidades de orientación profesional
de los jóvenes” (OCDE, 2004, p. 39).
INTRODUCIÓN
 Nos centros educativos, a orientación
profesional apártase bastante das
realidades do mercado de traballo.
 A súa maior preocupación céntrase nas
opcións educativas e profesionais
inmediatas ou decisións a curto prazo.
Actividades de información.
 Mínima prioridade cando se combina
coa orientación psicopedagóxica.
INTRODUCIÓN

 Profesorado de Formación e Orientación


Laboral (FOL).
 Orientadores laborais doutras
Administracións.
 Coordinación. Actuacións contempladas no
Plan Galego de Formación Profesional:
un programa específico de información e
orientación profesional.
A especialidade de Orientación
Vocacional e Profesional / EOE

 Colaboración, asesoramento, participación


… na elección de itinerarios
académicos e/ou profesionais: centro
educativo, familias, empresas, outras
administracións públicas ou organismos
oficiais, asociacións diversas … Ditames
ou informes ao respecto, cando procede.
 Admisión /acceso á FP (reserva polo
apartado de discapacidade)…
Flexibilización / fragmentación modular na
FP (Básica, Grao Medio e Grao Superior).
A especialidade de Orientación
Vocacional e Profesional / EOE
 Participación en actividades de
información/formación en centros
educativos / asociacións: alumnado
e/ou familias. Toma de decisións.
 Documentos, recursos e materiais de
apoio para o POAP dos centros
educativos. Investigación/acción.
 Reorientación … Itinerarios …
Acreditación … Recualificación e condutas
vocacionais para as Persoas Adultas.
Orientar
reorientar
motivar
ORIENTAR e MOTIVAR
 Hoxe en día, os mozos e mozas non
aprenden como o fixemos nós.
 Cando rematen a súa formación
regrada, haberá traballos que agora
mesmo non existen.
 As persoas demandantes de orientación
non teñen porque ser a proxección do
que as familias ou outros queiran.
Cando se presenta o: e agora, ¿que? …

 Ser conscientes de que coa toma de


decisións pódense derivar
consecuencias transcendentais.
 Aprender a tomar decisións é
unha parte moi importante de
preparación para a vida. Non
debemos deixalo á improvisación.
Improvisación ou …

 Se non sabes a onde vas, é igual o


camiño que tomes …
Charla de motivación para adolescentes
desmotivados / Blog del IES “Hermanos Machado”
PERSPECTIVAS EUROPEAS

REDE EURES e sistema


EUROPASS. Mobilidade en
educación e nas profesións, libre
circulación de traballadores e de
mercadorías, currículum vitae
europeo, pasaporte de linguas ...
PERSPECTIVAS EUROPEAS

A estratexia “EUROPA 2020”


(Comisión Europea /xuño 2010) , subliña
a necesidade de asegurar, dende unha
idade temperá, que os cidadáns sexan
capaces de adquirir as competencias
necesarias para comprometerse con
aprendizaxes posteriores, necesarias
en determinados momentos da súa vida.
ESTRATEXIA EUROPA 2020
• Cohesión económica, social e territorial.
• Respecto ao medio ambiente … Clima ...
• Especialización intelixente en innovación
… mar, agricultura, enerxía,
reindustrialización …
• Despoboación dramática.
• Poboación maior … aposta polas ciencias
da saúde … actividades de lecer e políticas de
benestar ... Loita contra a pobreza …
Facer fronte aos desafíos actuais

 Un mellor nivel educativo axuda a


encontrar traballo.
 O aumento da tasa de emprego
axuda a reducir a pobreza.
 Educar para a empregabilidade.
CONSIDERACIÓNS …

 Economía do coñecemento.
 A competencia.
 Capacitación e motivación.
 Dominio de idiomas e TICs.
Adaptación ás esixencias actuais.
Fendas dixitais … Internet … Skype
… Educación recurrente
CONSIDERACIÓNS …

 A información sen fronteiras.


 O aumento da produción e por
conseguinte do consumo.
 A aprendizaxe permanente.
 Relación coas empresas.
CONSIDERACIÓNS …
 O control de calidade do traballo.
 “Mileuristas”… ???
 Os novos contornos nas estratexias
empresariais: deslocalización,
globalización, crise económica, desemprego,
autoemprego, emprendemento, titulados
bolseiros en prácticas, FP Dual, emigración /
inmigración, multiculturalidade, igualdade;
alternancias estudo/traballo/emprego/
desemprego, cambio de ocupacións,
flexibilización do mercado laboral … o
“Brexit” …
ORIENTACIÓN HXC

 Competencias Globais / Habilidades de


Xestión da Carreira: axudarlle á
xuventude a planificar e xestionar
transicións entre educación,
formación e emprego (ESO, BACH,
FP, UNIV … Inserción Laboral). O
proceso de Boloña promove a
inclusión destas HXC … aprendizaxe
activa centrada no estudante …
Posibilidades de empregabilidade.
As HXC inclúen …

 Competencias de comunicación;
autonomía persoal; habilidades persoais,
sociais e de adaptación; espírito
emprendedor; adquisición de técnicas de
busca de emprego e desenvolvemento de
habilidades de empregabilidade entre
os adultos (ampliar posibilidades no
mercado laboral) …
¿Que nos piden as empresas?
Iniciativas, traballo en equipo,
eficacia, motivación, adquisición dunha
nova cultura de traballo,
responsabilidade, implicación; clima
laboral, relacións interpersoais, salarios,
coaching e “jefes con G”; disposición á
aprendizaxe continua, adaptación aos
contornos cambiantes, proxectos con
horizonte de futuro, resiliencia …
Presente e futuro do alumnado

 Cambio climático, inequidade ...


 Escasez de auga.
 Disrupción dixital
 … A capacidade de innovación e a súa
maxia para soñar e buscar solucións ...
Presente e futuro do alumnado
 Ciberseguridade / Comercio electrónico /
Márketing dixital / Economía dixital /
Enerxía / Medio ambiente … nanocelulosa
(Proxectos I+D).
 Nos EEUU o mercado da terceira idade
move sobre uns 7,1 billóns de dólares
 En España existe unha porcentaxe (17% /
21%) de ni ni …, entre 15 e 29 anos. Esta
non é a opción e cústalle máis á UE
Presente e futuro do alumnado
 Foro Económico Mundial de Davos: os
artífices da cuarta revolución industrial
(4.0) van ser: a robótica, a intelixencia
artificial, as nanotecnoloxías, os
drones e as impresoras 3D
 A dixitalización da industria suporá a
desaparición de 7,1 millóns de
empregos e a creación de 2,1 millón de
novos postos de traballo para o ano 2020.
Presente e futuro do alumnado
 Postos de traballo que se crearán
segundo a investigación presentada no
citado Foro de Davos:
- Analistas de datos
- Representantes de ventas especializados
- Empresas de enerxías, medios de
comunicación e entretemento …
directivos, modelos de negocios …
Presente e futuro do alumnado
 A Comisión Europea augura que -no 2020-
Europa rexistrará un déficit de 825.000
profesionais das TICs, se os Estados non
toman medidas para formar aos traballadores.
 Por outra parte, a OCDE alerta de que a
automatización pon en risco o 12% de
empregos en España, a taxa máis elevada (ao
nivel de Austria e Alemaña) no club dos 21
países máis ricos.
Presente e futuro do alumnado
 Redución da demanda laboral en
tarefas manuais e repetitivas.
 Aumento da man de obra
cualificada, con capacidade para
solucionar imprevistos, traballar en
equipo, e de persoal para servizos
difíciles de automatizar como son os
coidados persoais.
Presente e futuro do alumnado
 A finais do 2016, Foxconn -provedor
de Samsung e Apple- reemprazou máis
de 60.000 empregos por robots (Luís
Caramés, Coordinador do Grupo Colmeiro).
 Novos oficios relacionados coa
creación de robots: enxeñería da
realidade virtual e o “big data”, análise
e almacenamento de moitos datos.
Presente e futuro do alumnado

 Selección de once profesións novas.


Silvia Leal, Asesora da Comisión
Europea en competencias dixitais.
Unha aposta por e-renovarse,
Programas MOOCs ...
1. Analistas e programadores de Internet
2. Arquitecto de novas realidades
Presente e futuro do alumnado

3. Científico de datos (big data)


4. Deseñador de órganos
5. Robotista
6. Deseñador de redes neuronales
robóticas e intelixencia artificial
7. Terapeuta de empatía articial
Presente e futuro do alumnado

8. Impresor 3-D
9. Protésico robótico
10. Enxeñeiro de nanorobots médicos
11. Avogado especializado en drons e
ciberseguridade
A Unión Europea
Os traballos manuais e os máis
repetitivos serán os que máis sufrirán a
chegada dos robots.
Vanse necesitar profesionais que teñan
altos coñecementos informáticos,
habilidades comunicativas; que dominen
o márketing, o deseño visual e a
creatividade dixital e con estratexias e
xestión para o negocio.
A Unión Europea
Enxeñerías, informática, física,
matemáticas, estatística, socioloxía,
psicoloxía, dereito, medicina, biología,
filosofia e humanidades, educadores
robóticos…
>>> Estudos/formación/carreiras con
perspectivas multifacéticas ou de
polivalencia aplicada á evolución dun
mundo sociolaboral cambiante, preparándoos
para desenvolverse nel ademais de
ensinarlles unha determinada profesión.
ÓN

Proposta de contidos para a


elaboración del POAP
BLOQUE DE CONTIDOS

 Autocoñecemento.
 Coñecemento do sistema
educativo.
 Coñecemento das
alternativas do mercado
laboral e profesional
(sistema produtivo).

o Estratexias e
procedementos para a
toma de decisións.
 Procesos de inserción
socio/profesional.

 Aprendizaxeao longo da
vida e sistemas en
alternancia estudo/traballo,
emprego/desemprego.
 Novos contextos nas
estratexias empresariais.

 Acreditación e certificación
das competencias clave e
profesionais.
 Habilidades sociais e
cognitivas. As relacións
interpersoais e as novas
tecnoloxías.
… A orientación profesional coordinada

 A importancia da toma de decisións:


obxectivos pois de tipo académico e
sociolaborais.
 Implicación de todos/todas con
responsabilidade, no proceso formativo
e ao longo da vida: unha Orientación
Profesional Coordinada (OPC)…
Cando alguén se sinte perdido, agradece
atopar unha persoa que lle axude e oriente …

 Información/formación sobre os
diversos itinerarios e transicións
dentro do sistema educativo.
 Información e asesoramento aos titores
e titoras / profesorado orientador:
ensinarlle ao alumnado a desenvolverse
neste mundo cambiante.
A inserción sociolaboral das
persoas con discapacidade
O proceso de transición / NEE
 As diversas traxectorias educativas
axudan a situar ao alumnado no mundo
produtivo (posición, prestixio,
responsabilidade na sociedade, estima
social e dereitos legais). Unha transición
que implica facer a correspondente
aproximación ás necesidades non só
educativas senón tamén de orde social,
laboral e de ocio que a xuventude
experimenta ao longo da súa vida:
sistemas de axuda que procuren a inserción
o máis satisfactoria posible.
Para a transición á vida adulta / NEE …

 Responsabilidade inicial do sistema


educativo (unha formación encamiñada á
inserción sociolaboral , ata os 21 anos).
 Logo correspóndelle aos sistemas de
Traballo e Política Social, como receptores
e facilitadores do proceso (centros
ocupacionais, servizos sociais, formación
profesional para o emprego, emprego
protexido …). Coordinación interinstitucional
e implicación das Administracións para a
incorporación ao mundo sociolaboral.
(1)

 Ao remate do período de formación


regrada impartida no centro
educativo -a partir dos 21 anos-
existen outras ofertas nos centros
de formación profesional para o
emprego (ocupacional e continua)
como centros especiais de
emprego, emprego protexido ou
centros para o emprego con apoio.
(2)
 Centros formativos con oferta non
regrada, apoio da Administración
Laboral e/ou Política Social: Escolas
Obradoiro, AFD, SIL … produción e venta
en colaboración coas empresas, inserción,
servizos de emprego, orientadores
laborais, axentes de emprego
(intermediarios coas empresas ou institucións,
proxectos, convenios, selección, idoneidade,
accións formativas … Estudo das posibilidades
reais dos aspirantes, potencialidades,
intereses, habilidades, aptitudes, actitudes …).
(3)
- San Rafael en Vigo
- Juan XXIII, Cangas e Pontevedra
- San Xerónimo Emiliani, A Guarda
- Juan María en Nigrán
- ACEESCA de O Porriño
- Fundación Integra - Vigo
- Servizo de Información, Orientación e
Prospección de Emprego / Asociación BATA,
en Vilagarcía de Arousa
- COGAMI, en Pontevedra e Vigo.
- Aulas COGAMI / O Rebullón – Mos.

(4)

A empresa de restauración Serunión,


a Asociación Down Vigo e Foanpas
asinaron un convenio para facilitar
a inserción laboral, estendéndose
paulatinamente por toda a provincia:
comezaron 12 mozos/as con
Síndrome de Down, realizando
prácticas preprofesionais en
comedores escolares de Vigo.

(5)
 Ofertas de Oposicións da Administración
Pública (Ministerio de Facenda): 70
prazas de Axudante de Xestión e Servizos
Comúns (Ordenanzas) -seis delas en
Galicia- para Persoal Laboral Fixo, en
toda España BOE 18/12/2015) …
Dirixidas a persoas con discapacidade
intelectual recoñecida nun grao superior
ao 33%. Plataforma de Formación de
Plena Inclusión … Adaptación de
temarios, solicitude, información xeral …
(6)

 Concurso-Oposición no Servizo
Galego de Saúde / 390 prazas
para ingreso na categoría de
celadores: 21 delas polo apartado
de discapacidade xeral e 30 prazas
para discapacidade intelectual.
Véxase Resolución do 1 de marzo
de 2018 (DOG do 13 de marzo).
Programas Individuais de Transición
(PIT)

 Apoio ao tránsito da escola ao


emprego do alumnado con NEE.
Informe de expertos dos países europeos
(2006): implicación de Familias, Empresarios,
Administracións … Coordinación xeral
colaborando na formación, cualificación e
emprego, fundamentalmente nos últimos
anos da escolarización deste alumnado.
www.european-agency.org
Axencia Europea para o
Desenvolvemento da Educación Especial
Da etapa escolar á vida adulta:
competencias básicas para o
futuro sociolaboral do alumnado
con barreiras de aprendizaxe
O paso da escola ao emprego ou á
vida laboral é un momento decisivo
para a xuventude por conseguinte
tanto máis para aquelas persoas con
barreiras para a participación e a
aprendizaxe (NEAE/NEE).
(1)
 Coñecementos escolares: técnicas
instrumentais, curiosidade, motivación para
aprender da experiencia, aspectos culturais,
solución de problemas …
 Habilidades de comunicación e
competencias sociais: interacción e
participación no contexto, responsabilidade,
seguimento de normas, petición de axuda,
autoestima, motivación, empatía …
competencias emocionais.
(2)

 Vida práctica diaria e autonomía para a


vida en comunidade: comida, aseo, vestido,
mobilidade, utilización do transporte,
mantemento e autonomía no fogar, uso do
teléfono, toma de medicinas e manexo do
diñeiro, habilidades ocupacionais e
mantemento en contornos seguros,
utilización de recursos comunitarios …
(3)

 Xestión da información e competencia


dixital.
 Capacidade do coidado persoal: saúde,
seguridade (riscos, manipulacións ou enganos,
etc.), hixiene …
 Capacidade de autodirección: reflexionar,
planificar, valorar as consecuencias, tomar
decisións …
(4)

 Competencias sociolaborais básicas:


interese polo traballo ben feito, revisión das
tarefas e detección de erros, esforzo sostido,
puntualidade …
 Participación en proxectos de emprendemento
social, prácticas formativas a través de
convenios con diversas institucións públicas ou
privadas (Hostalaría, Xardinería, Turismo,
Superficies comerciais … Preparadores laborais.
Emprego para grupos reducidos.
A inclusión: algo máis
que o currículo escolar

 As Administracións Públicas e todos os


profesionais implicados debemos idear a mellor
pedagoxía posible, para axudarlles ás persoas -
cando o precisen- a desenvolver as súas
competencias e capacidades. Se queremos e
creemos nunha verdadeira inclusión dentro dos
ámbitos familiar, educativo, social e laboral, é
preciso apostar forte neste sentido e “predicar” con
exemplos en relación ás persoas con barreiras
para a participación e a aprendizaxe.
Bibliografía / Páxinas Web
BIBLIOGRAFÍA
Alcántara, A. (2015): SuperProfesional, Barcelona,
Alienta.

Planas, J.A. (Coord.) (2012): La orientación


profesional y la búsqueda de empleo, Barcelona,
Graó.
Timoneda Gallart, C. (2015) : Orientando la
Orientación. Guía práctica de orientación educativa,
Girona, Documenta Universitaria.
Vaello Orts, J. (2014): Cómo dar clase a los que no
quieren, Barcelona, Graó.
¿Cómo orientar profesionalmente a tu hijo? Manual
práctico para padres / Vicente Hernández Franco

Libro accesible a través do seguinte


Link (descarga gratuíta):
http://www.fundacionbertelsma
nn.org/es/home/publicaciones-
raiz/publicacion/did/como-
orientar-profesionalmente- a-tu-
hijo/
Guía de Orientación Profesional Coordinada
2ª edición - ano 2018 / Fundación Bertelsmann

Libro accesible a través do seguinte


Link (descarga gratuíta):
http://www.fundacionbertelsma
nn.org/es/home/publicaciones-
raiz/publicacion/did/guia-de-
orientacion-coordinada-1/ 2018
Blog de Mónica Diz Besada.
Orientadora do IES “A Sardiñeira”
A Coruña
http://monicadizorienta.blogspot.com.es
¿Aprendemos uns dos outros?
Para os diversos OBRADOIROS sobre
os que se pretende traballar,
facilitaranse en soporte dixital:
materiais, recursos e documentos varios,
relacionados coa especialidade de
orientación vocacional e profesional
do Equipo de Orientación Específico.
¿Aprendemos uns dos outros?

>> ¿Creamos un Blog ou Symbaloo? …


>> ¿Estamos dispostos a colaborar,
aportar e compartir todos e todas?
https://symbalooedu.es
Contornos colaborativos …
¿Aprendemos uns dos outros?
Traballo por grupos, a modo de
reflexión: Orientadores/Orientadoras de
EI/EP/EE, ESO/BACH e FP/CIFP.
>>> Debate, intercambio de
experiencias/opinións, propostas e
conclusións para unha mellor coordinación
entre os Departamentos de Orientación e o
EOE (especialidade de Orientación
Vocacional e Profesional).
Posibles temáticas ou propostas para
os obradoiros / grupos de traballo
 Entre outras:
1. A integración da orientación profesional
nas concrecións curriculares da EI, EP e EE
(Orientación Profesional Coordinada).
2. A integración da orientación profesional
nas concrecións curriculares da ESO e o
BACH (Orientación Profesional Coordinada).
3. Inserción sociolaboral do alumnado con
barreiras … NEAE/NEE: Experiencias.
Posibles temáticas ou propostas para
os obradoiros /grupos de traballo

4. Acreditación de competencias profesionais.


5. A cultura do emprendemento. Detección do
alumnado con habilidades e iniciativas.
6. Outras posibles temáticas suxeridas ou
relacionadas cos documentos ou materiais
facilitados ao respecto … Intereses
profesionais … Novas profesións … HXC.
Proposta CASO PRÁCTICO …

7. Reflexións sobre a avaliación/informes de


orientación psicopedagóxica e/ou
profesional, para cambio de modalidade
educativa ... Programas formativos da FPB.
8. Toma de decisións: criterios básicos ou
aspectos a ter en conta para a escolarización
en CEE do alumnado que remata Educación
Primaria ou que está escolarizado en ESO,
sen posibilidades de éxito escolar/titulación.
GRAZAS
José Raposeiras Correa

You might also like